José Seguín

piragüista galego


José Seguín Santos, nado nos Blancos o 21 de novembro de 1951, é un ex-piragüista galego. Competiu nos Xogos Olímpicos de 1976 en Montreal, nas probas de K2 500m e K2 1000m, logrando dous diplomas olímpicos.

Infotaula de personaJosé Seguín
Biografía
Nacemento21 de novembro de 1951 Editar o valor em Wikidata (72 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpiragüista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Deportepiragüismo Editar o valor em Wikidata
Participou en
1976Xogos Olímpicos de 1976 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Participou nos Xogos Olímpicos de 1976 en dúas probas diferentes, o K2 500m e o K2 1000m, formando parella nas dúas con Guillermo del Riego. Na primeira delas quedou ás portas das medallas, ao rematar na cuarta posición a menos dun segundo dos terceiros, os romaneses Larion Serghei e Policarp Malîhin, mentres que o ouro foi para os piragüistas da RDA Joachim Mattern e Bernd Olbricht e a prata para os soviéticos Sergei Nagornyi e Vladimir Romanovskii.[1] Na distancia de 1000 metros sumaron o seu segundo diploma olímpico, ao finalizaren en quinta posición, nunha proba que gañaron os soviéticos Nagornyi e Romanovskii.[1]

Trala súa retirada foi adestrador de piragüismo e seleccionador do equipo español de canoas, ao que dirixiu nos Xogos Olímpicos de 1988 en Seúl.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Resultados de Montreal 1976" (PDF). la84foundation.org (en inglés). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 27 de setembro de 2007. Consultado o 13 de agosto de 2021. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar