José Nogués

baloncestista español

José Ignacio Nogués Jarne, nado o 24 de xullo de 1997 en Barcelona, Cataluña, é un xogador profesional de baloncesto español. Formado na canteira do Club Joventut de Badalona, cunha altura de 2,04 m xoga na posición de ala. Actualmente xoga para o Leite Río Breogán.

José Nogués
Leite Río Breogán  – No. 17
Información persoal
Nacemento 24 de xullo de 1997 (26 anos)
España Barcelona, España
Altura 2,04 m (6 ft 8 in)
Peso oficial 86 kg (190 lb)
Posición Ala
Información da carreira
Canteira Joventut
Internacional España Categorías inferiores
Carreira 2013−presente
Historial de equipos
Prat (2013–2016) LEB
Joventut (2015–2019) ACB
Breogán (2019– ) LEB

Traxectoria editar

Nado en Barcelona, José Nogués comezou a xogar a baloncesto nas cateogrías inferiores da Secció Esportiva Santa Eulàlia (SESE), pasando a facer parte do cadete do Club Joventut de Badalona no ano 2010. Cos cadetes xogou unha temporada na que se proclamou vencedor do Campionato de España. Posteriormente, no júnior, cos que estará dúas temporadas, gaña de novo nos dous anos o Campionato de España asó como o Torneo de L'Hospitalet e o Nike International Junior Tournament. Após finalizar a súa formación, asina co CB Prat, equipo filial do Joventut. No seu primeiro ano compite na Liga LEB Prata, onde consegue co seu equipo ser campión e acadar o ascenso á LEB Ouro. Na súa terceira temporada no Prat, a 2015−16, vai alternar a súa presenza no filial e no primeiro equipo da Liga ACB, onde vai participar en trece xogos. O seu debut na máxima categoría foi o 18 de outubro de 2015 no Pavelló Font de Sant Lluís ante o Valencia, onde conseguiu seis puntos (con dúas triplas) en trece minutos.[1]

No verán de 2016 pasa formar parte oficialmente do primeiro equipo, ampliando o seu contrato co club verdinegro tres temporadas máis.[2] Porén, na súa primeira temporada non vai participar en ningún xogo oficial debido a problemas de lumbalxia que o acaban por levar ao quirófano en xullo de 2017. Na seguinte temporada, Nogués volve ao terreo de xogo, renovando ademais o seu contrato até 2020. Con todo, debido á falta de minutos de xogo, en 2019 chega a un acordo co club para rescindir o seu contrato e asinar polo Leite Río Breogán da Liga LEB o 2 de agosto.[3]

Clubs editar

Palmarés editar

  • Liga LEB Prata (1): 2014
  • Europeo Sub-18. Letonia 2013. Medalla de bronce.
  • Europeo Sub-20. Grecia 2014. Medalla de prata.
  • Europeo Sub-20. Italia 2015. Medalla de prata.

Notas editar

  1. "Valencia Basket Club 76 - 69 FIATC Joventut". ACB. Arquivado dende o orixinal o 01 de xuño de 2020. Consultado o 02 de agosto de 2019. 
  2. "Nogués amplia su contrato con el Divina Seguros Joventut hasta 2019" [Nogués prolongo o seu contrato co Divina Seguros Joventut até 2019]. ACB. 19 de agosto de 2016. Arquivado dende o orixinal o 01 de xuño de 2020. Consultado o 02 de agosto de 2019. 
  3. "O Leite Río Breogán incorpora ao aleiro José Nogués". breogan.gal. 2 de agosto de 2019. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar