José Martínez Virel
José Martínez Virel, nado en Badaxoz o 14 de marzo de 1902,[1] foi un mestre e político español.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 14 de marzo de 1902 (122 anos) Badaxoz, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | mestre , político |
Lingua | Lingua castelá |
Traxectoria editar
Fillo de José Martínez García, profesor da Escola Normal de Badaxoz e despois da de Cáceres. En 1933 foi destinado como mestre a Escarabote. Logo do triunfo da Fronte Popular en febreiro de 1936 foi concelleiro en Boiro e primeiro tenente alcalde. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi destituído o 21 de agosto. Foi un dos organizadores da evasión da lancha San José nº 2 do Cabo de Cruz o 27 de xullo. Desembarcaron no porto de Leixões e foron detidos e recluídos no forte de Caxías. Liberado en agosto, embarcou para Francia e pasou a territorio leal. Declarado fuxido e en rebeldía. Foi capturado e xulgado en consello de guerra en Santiago de Compostela o 20 de setembro de 1940. Condenado, estivo preso na prisión provincial da Coruña. Saíu en liberdade provisional por orde do Ministerio de Xustiza do 31 de maio de 1941.[2] Revisado o seu expediente de depuración logrou, o 31 de agosto de 1960, que a sanción inicial se reducise ao traslado fora da provincia durante tres anos.
Vida persoal editar
Casou coa súa curmá Elena Virel Manzano en La Albuera en 1931.[3]
Notas editar
Véxase tamén editar
Bibliografía editar
- Gabriel, Narciso de (2021). Vermellos e laicos. A represión fascista do maxisterio coruñés. Vigo: Galaxia. pp. 298–308. ISBN 978-84-9151-614-9.
- Xeración perdida. Coruña 36 (PDF). Deputación da Coruña. 2018. p. 163. ISBN 9788498123319.
Outros artigos editar
Ligazóns externas editar
José Martínez Virel na páxina web Nomes e Voces.