José Castro Suárez
empresario e político galego
José Castro Suárez, nado no Carballiño o 16 de xullo de 1926, é un empresario e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 16 de xullo de 1926 (97 anos) O Carballiño, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | empresario , político |
Lingua | Lingua castelá |
Traxectoria editar
Comeza a traballar na construción de carrocerías para autobuses nun pequeno taller no Carballiño, e en 1948 trasládase a Vilagarcía de Arousa onde funda Castrosua, dedicada á construción industrial desas carrocerías en madeira. Ocupa a dirección da empresa durante toda a súa vida.
A súa carreira política limitouse a figurar de número tres na candidatura coruñesa de Unión de Centro Democrático nas primeiras eleccións autonómicas ao Parlamento de Galicia, en 1981. Saíu elixido deputado e permaneceu no seu escano ata 1985.
Galardóns editar
- Placa de prata da vila da Pobra do Caramiñal
Véxase tamén editar
Bibliografía editar
- Porteiro, Mª Xosé; Perozo, Xosé A. (1981). Quen é quen no primeiro Parlamento Galego. Vigo: Xerais. pp. 125–128. ISBN 84-7507-044-2.