José Ángel Jurado

futbolista español

José Ángel Jurado de la Torre, coñecido simplemente como José Ángel, nado en Sevilla o 21 de xuño de 1992, é un futbolista español que xoga como centrocampista no Deportivo da Coruña, da Primeira División RFEF.

José Ángel
Información persoal
Nome José Ángel Jurado de la Torre
Nacemento 21 de xuño de 1992
Lugar de nacemento Sevilla
Altura 1,82 m.
Posición Centrocampista
Información de club
Club actual Deportivo da Coruña
Número 20
Carreira xuvenil
Betis
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2010–2011 Betis B 23 (1)
2011–2014 Villarreal B 53 (4)
2011–2012 Mirandés 22 (0)
2014–2015 Almería 37 (1)
2014–2017 Almería 37 (1)
2017–2019 Bodø/Glimt 50 (1)
2019 Sheriff 13 (2)
2019–2021 Cartagena 49 (2)
2021–2022 Al Wahda 10 (1)
2022 Alcorcón 17 (1)
2022–2023 Tenerife 27 (1)
2023– Deportivo da Coruña 3 (1)
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 11 de setembro de 2023.
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Formado como futbolista na canteira do Real Betis, debutou co filial na Segunda División B na tempada 2010/11. En xullo de 2011 fichou por outro filial, Villarreal B, e foi inmediatamente cedido ao Mirandés, da mesma categoría.[1]

Disputou 24 partidos co equipo de Miranda de Ebro durante a tempada 2011/12, proclamándose campión do seu grupo e logrando o ascenso á Segunda División na promoción. A continuación regresou ao Villarreal B, no que militou durante as seguintes dúas campañas, disputando 53 partidos e logrando 4 goles. En xullo de 2014 fichou polo Almería B, tamén de Segunda B.[2]

Titular indiscutible no filial almeriense, disputou un total de 37 encontros, contribuíndo á clasificación do equipo para a promoción de ascenso. O 5 de decembro de 2014 debutou co primeiro equipo do Almería, da man do adestrador Francisco, substituíndo a Corona na segunda metade dun partido da Copa do Rei ante o Betis no Benito Villamarín.[3] No verán de 2015 subiu ao primeiro equipo, que viña de descender á Segunda División.[4] Xogou na categoría de prata durante unha tempada e media ata que o seu contrato foi rescindido en xaneiro de 2017.[5]

En marzo deixou o fútbol español e instalouse en Noruega, onde asinou contrato co FK Bodø/Glimt da Primeira División, segunda categoría do fútbol noruegués.[6] Co equipo amarelo proclamouse campión da categoría e logrou así o ascenso á Eliteserien, na que militou durante a campaña 2018. O 15 de febreiro de 2019 anunciouse a súa marcha á capital de Transnistria, cedido ata final de tempada no FC Sheriff Tiraspol.[7] Ali conquistou a Copa de Moldavia, sendo titular na final contra o Sfîntul Gheorghe. O seu equipo acabou gañando tamén a Super Liga moldava, aínda que José Ángel deixou o club uns meses antes do remate da competición, regresando a España a finais de agosto e fichando polo FC Cartagena, de Segunda B.[8]

Na súa primeira tempada na Efesé disputou un total de 18 partidos, sendo habitualmente suplente de Adalberto Carrasquilla e Miguel Ángel Cordero, e conseguiu o ascenso á Segunda División.[9] Na seguinte campaña, xa na categoría de prata, fíxose coa titularidade e contribuíu á permanencia en Segunda do equipo de Borja Jiménez. En xullo de 2021 renovou o seu contrato por un ano máis,[10] pero só dúas semanas despois anunciouse o seu traspaso ao Al Wahda FC, club dos Emiratos Árabes Unidos.[11][12]

O 12 de xaneiro de 2022 regresou ao Cartagena, tras chegar a un acordo coa entidade ata o final da campaña,[13] pero só tres días despois, o club anunciou a súa marcha, ante a imposibilidade de inscribilo na liga.[14] O 16 de xaneiro asinou co Alcorcón, tamén de Segunda.[15] Militou no club madrileño ata final de tempada e a continuación xogou un ano no Tenerife, ás ordes de Ramis.[16]

Para a tempada 2023/24 fichou polo Deportivo da Coruña, da Primeira División RFEF.[17]

Notas editar

  1. Garraza, Ángel (11 de setembro de 2023). "El Mirandés incorpora al centrocampista José Ángel Jurado y al lateral zurdo Ernesto" (en castelán). Consultado o 11 de setembro de 2023. 
  2. Miralles, Carlos (14 de xullo de 2014). "El Almería B ficha a José Ángel" (en castelán). Consultado o 11 de setembro de 2023. 
  3. "El Betis recuerda quién es... demasiado tarde". Marca (en castelán). Consultado o 11 de setembro de 2023. 
  4. "Cuatro jugadores del filial tienen contrato con el primer equipo, pero también pueden ser cedidos" (en castelán). 14 de xuño de 2015. Consultado o 11 de setembro de 2023. 
  5. "La UD Almería rescinde el contrato al centrocampista José Ángel" (en castelán). 31 de xaneiro de 2017. Consultado o 11 de setembro de 2023. 
  6. "José Ángel klar for Glimt" (en noruegués). 17 de marzo de 2017. Arquivado dende o orixinal o 28 de xullo de 2023. Consultado o 11 de setembro de 2023. 
  7. "Добро пожаловать, Хосе Хурадо" (en ruso). 19 de outubro de 2015. Consultado o 11 de setembro de 2023. 
  8. Moya, Francisco J. (27 de agosto de 2019). "El Cartagena contrata al centrocampista José Ángel Jurado y ficha para su filial a Roselli y Leomar" (en castelán). Consultado o 11 de setembro de 2023. 
  9. "Bendito problema para Borja" (en castelán). 1 de xullo de 2020. Consultado o 11 de setembro de 2023. 
  10. "José Ángel seguirá defendiendo el escudo del FC Cartagena una temporada más" (en castelán). 8 de xullo de 2021. Consultado o 11 de setembro de 2023. 
  11. "Comunicado oficial. Acuerdo para el traspaso de José Ángel Jurado al Al-Wahda" (en castelán). 23 de xullo de 2021. Consultado o 11 de setembro de 2023. 
  12. Prian, Álvaro (23 de xullo de 2021). "José Ángel Jurado, de renovar a ser traspasado al Al-Wahda". Marca (en castelán). Consultado o 11 de setembro de 2023. 
  13. "José Ángel regresa al Cartagena" (en castelán). 12 de xaneiro de 2022. Consultado o 11 de setembro de 2023. 
  14. "Comunicado oficial: José Ángel" (en castelán). 15 de xaneiro de 2022. Consultado o 11 de setembro de 2023. 
  15. "José Ángel Jurado, tercera incorporación del Alcorcón". As (en castelán). 16 de xaneiro de 2022. Consultado o 11 de setembro de 2023. 
  16. "José Ángel, primer refuerzo para el CD Tenerife en la temporada 22/23" (en castelán). 3 de xullo de 2023. Consultado o 11 de setembro de 2023. 
  17. "Jose Ángel Jurado, novo xogador do Dépor 2023-24". 25 de xullo de 2023. Consultado o 11 de setembro de 2023.