Joop Zoetemelk

ciclista neerlandés

Hendrik Gerardus Jozef Zoetemelk, nado en Rijpwetering o 3 de decembro de 1943, é un ex ciclista neerlandés, eterno segundo (en 6 ocasións) no Tour de Francia durante o dominio absoluto exercido primeiro por Eddy Merckx e despois por Bernard Hinault.

Infotaula de personaJoop Zoetemelk

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento3 de decembro de 1946 Editar o valor em Wikidata (77 anos)
Rijpwetering, Países Baixos (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino dos Países Baixos Editar o valor em Wikidata
Altura173 cm Editar o valor em Wikidata
Peso68 kg Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónciclista , ciclista de pista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua neerlandesa Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaPaíses Baixos Editar o valor em Wikidata
Deporteciclismo en ruta Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo Competición
1970-1972 Flandria
1973-1973 Gitane-Campagnolo
1974-1979 Mercier
1980-1981 TI-Raleigh
1982-1983 Mercier
1984-1987 Rabobank Cycling Team Editar o valor em Wikidata
Participou en
19871987 UCI Road World Rankings (en) Traducir (29º)
19861986 UCI Road World Rankings (en) Traducir (20º)
19851985 Super Prestige Pernod (en) Traducir (6º)
19851985 UCI Road World Rankings (en) Traducir (11º)
19841984 UCI Road World Rankings (en) Traducir (33º)
26 de xuño de 1980Tour de France 1980 (pt) Traducir
19801980 Super Prestige Pernod (en) Traducir (6º)
19791979 Super Prestige Pernod (en) Traducir (3º)
19781978 Super Prestige Pernod (en) Traducir (3º)
19771977 Super Prestige Pernod (en) Traducir (4º)
19761976 Super Prestige Pernod (en) Traducir (3º)
19751975 Super Prestige Pernod (en) Traducir (6º)
19741974 Super Prestige Pernod (en) Traducir (5º)
19731973 Super Prestige Pernod (en) Traducir (3º)
19721972 Super Prestige Pernod (en) Traducir (5º)
19711971 Super Prestige Pernod (en) Traducir (3º)
19701970 Super Prestige Pernod (en) Traducir (7º)
15 de outubro de 1968cycling at the 1968 Summer Olympics – men's team time trial (en) Traducir  (medalla de ouro olímpica)
Tour de Francia
Vuelta a España Editar o valor em Wikidata
Premios

Traxectoria editar

Como afeccionado, gañou unha medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de 1968 na crono por equipos e o Tour do Porvir de 1969. No primeiro Tour no que participou como profesional (1970) foi xa segundo, posición que repetiría ao ano seguinte. Ese mesmo ano sería o rei da montaña na Volta ciclista a España. En 1973, sen a participación de Eddy Merckx, partía como un dos grandes favoritos pero encontrouse coa figura gañadora de Luis Ocaña; gañou a clasificación combinada e tivo que conformarse con ser cuarto na xeral tras José Manuel Fuente. Ese ano venceu no París-Niza e no Tour de Romandía.

En 1974 estivo ás beiras da morte tras unha fractura de cranio que ameazou con truncar a súa carreira. Pero en 1975 gañaba a París Niza e era 4º no Tour de Francia. Na Escalada ao Montjuic será segundo tras Eddy Merckx. En 1976 volvía a ser segundo no Tour, tras Lucien Van Impe. Gañou tamén a Frecha Valoa. Na Escalada ao Montjuic volvía a ser segundo. En 1977 gañaba por segunda vez o Tour de Romandía.

En 1978 inaugurábase no Tour de Francia a era de Bernard Hinault. Nese ano e o seguinte volvía a ser segundo. En 1979 gañaría tamén a Volta a España, por diante de Francisco Galdós, a París-Niza e a París-Tours.

Por fin, en 1980, facíase co Tour de Francia por diante do seu compatriota Hennie Kuiper, tras a retirada de Bernard Hinault por lesión. Volvería a ser segundo en 1982, a mesma posición que na Escalada ao Montjuic.

Tras dous anos practicamente sen vitorias nin actuacións salientables, abraiou a todos gañando o campionato do mundo de fondo en estrada de 1985 aos 38 anos de idade: o máis vello entre os que o conseguiron. Unha das últimas actuacións destacadas foi a Escalada ao Montjuic de 1987 onde foi segundo tras Álvaro Pino.

Joop Zoetemelk participou en 16 Tours e non se retirou en ningún deles. Outra marca que aínda perdura.