Luis Ocaña

ciclista español
Luis Ocaña

Información persoal
Nacemento Jesús Luis Ocaña Pernía
9 de xuño de 1945
Priego, Cuenca, Castela-A Mancha
Falecemento 19 de maio de 1994 (48 anos)
Mont-de-Marsan, Francia
Nacionalidade España España
Equipo
Último equipo
Equipo(s) Pro
19681969
19701974
19751976
1977
Fagor
Bic
Super Ser Zeus
Frisol Gazelle
Principais vitorias
Tour de Francia: Clasificación xeral (1973) e 9 etapas
Volta a España: Clasificación xeral (1970) e 6 etapas
Campionato de España en ruta (1972)
Dauphiné Libéré (1970, 1972, 1973)

Jesús Luis Ocaña Pernía, nado en Priego (Cuenca) o 9 de xuño de 1945 e finado en Mont-de-Marsan (Francia) o 19 de maio de 1994, foi un ciclista español que gañou o Tour de Francia en 1973.

Traxectoria editar

De neno viviu na localidade de Vila, no Val D'Aran. Despois emigrou cos seus pais a Mont-de-Marsan, onde se formou como ciclista con Antonin Magne. En 1968 debutou como profesional. En 1969 acadou o segundo posto na Volta a España, tras Roger Pingeon. Ó ano seguinte gañou de novo a Volta, sendo terceiro en 1971 e segundo en 1973 e 1976.

No Tour de Francia de 1971 Ocaña tivo que abandonar a carreira debido a unha grave caída no descenso do Col de Mente cando vestía o maillot amarelo e avantaxaba en case sete minutos e medio a Eddy Merckx. Porén, logrou nove tiradas e a vitoria final no Tour de 1973, no que non participou Merckx,levando o maillot amarelo desde a sétima etapa. Ese ano fóra segundo na Volta a España tras o campión belga. Máis adiante acadou a medalla de bronce no campionato do mundo de fondo en estrada. Amais, gañou nunha ocasión o Gran Premio das Nacións, tres veces a Dauphiné Libere e dúas Volta a Cataluña.

Unha vez retirado adicouse á viticultura, vivindo no sur de Francia coa súa muller, Josiane. En 1979 tivo un accidente de tráfico no que que case perde a vida.

Suicidouse en 1994, logo dunha forte depresión por mor dos problemas económicos e a que sufría hepatite C logo dunha transfusión sanguínea. O 27 de maio de 2008 recibiu a título póstumo a Real Orde do Mérito Deportivo de España.