Joni Mitchell

músico canadense

Roberta Joan "Joni" Mitchell, (de solteira Anderson), nada en Fort Macleod o 7 de novembro de 1943 é unha cantante e compositora canadense.[1] Rolling Stone considerouna "unha dos máis grandes compositores da historia".[2] Movéndose entre o folk, o pop, o rock e o jazz, as cancións de Mitchell adoitan reflectir ideas socias e ambientais ademais dos seus sentimentos sobre o romance, a confusión, a desilusión e a ledicia. Recibiu múltiples premios, incluídos nove Grammy.

Infotaula de personaJoni Mitchell

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Roberta Joan Anderson Editar o valor em Wikidata
7 de novembro de 1943 Editar o valor em Wikidata (80 anos)
Fort Macleod (Canadá) Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaSaskatoon
Toronto
Bel Air (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeCanadá
Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónAlberta University of the Arts (en) Traducir
Aden Bowman Collegiate (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Altura1,68 m Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoComposición musical Editar o valor em Wikidata
Ocupacióncantante , fotógrafa , poeta , artista discográfico , directora de cinema , produtora musical , música , guitarrista , compositora de cancións , pintora , montador Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1967 Editar o valor em Wikidata -
Xénero artísticoFolk rock, folk jazz (en) Traducir, música pop, world music, folk, Art rock e Jazz Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
TesituraContralto e mezzosoprano Editar o valor em Wikidata

InstrumentoSalterio dos Apalaches, piano, guitarra e voz Editar o valor em Wikidata
Selo discográficoAsylum Records
Nonesuch
Reprise Records
Hear Music (en) Traducir
Geffen Records
Warner Music Group Editar o valor em Wikidata
Participou en
1973Mariposa Folk Festival 1973 (en) Traducir
1970Mariposa Folk Festival 1970 (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeLarry Klein (1982–1994)
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Páxina webjonimitchell.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0593474 Allocine: 36792 Allmovie: p49683 TV.com: people/joni-mitchell IBDB: 84088
Facebook: jonimitchell Twitter: jonimitchell Instagram: jonimitchell Youtube: UC2Zhrk-JT2-T5xPeqFtZeXw Spotify: 5hW4L92KnC6dX9t7tYM4Ve iTunes: 203373 Last fm: Joni+Mitchell Musicbrainz: a6de8ef9-b1a1-4756-97aa-481bbb8a4069 Songkick: 310304 Discogs: 90233 Allmusic: mn0000270491 WikiTree: Anderson-15709 Deezer: 3283 Editar o valor em Wikidata

Mitchell comezou a cantar en pequenos clubs nocturnos da súa cidade, Saskatoon, Saskatchewan, e polo Canadá occidental antes de tocar en rúas e clubs de Toronto. En 1965 mudouse aos Estados Unidos e comezou a realizar xiras. Algunhas das súas cancións orixinais ("Urge for Going", "Chelsea Morning", "Both Sides, Now", "The Circle Game") foron versionadas por outros cantantes, permitíndolle asinar con Reprise Records e gravar o seu disco debut en 1968.[3] Establecida no sur de California, Mitchell, con cancións populares como "Big Yellow Taxi" e "Woodstock", axudou a definir unha era e unha xeración. O seu álbum de 1971 Blue adoita citarse entre os mellores de todos os tempos; foi considerado o 30.º mellor na listaxe de Rolling Stone dos 500 mellores álbums do todos os tempos, a posición máis alta para unha artista feminina.[4] En 2000, New York Times escolleu Blue como un dos 25 álbums que representaban "puntos de inflexión e cumios da música popular do século XX".[5] En 2017, NPR colocou Blue no número un dunha listaxe de álbums realizados por mulleres.[6]

O seu quinto disco, For the Roses, estreouse en 1972. Cambiou entón de etiquetas e comezou a explorar ideas melódicas influídas polo jazz, con exuberantes texturas pop en Court and Spark, de 1974, que inclúe os seus éxitos "Help Me" e "Free Man in Paris"[7] e se converteu no seu disco máis vendido.

Arredor de 1975, o rango vocal de Mitchell comezou a desprazarse de mezzosoprano a contralto.[8][9][10] As súas composicións de piano e guitarra tamén creceron harmónica e ritmicamente, explorando o jazz uníndoo con influencias de rock and roll, R&B, música clásica e música do mundo. A finais da década de 1970 comezou a traballar con músicos de jazz como Jaco Pastorius, Wayne Shorter, Herbie Hancock, Pat Metheny ou Charles Mingus, que lle pediu que colaborase nas súas últimas gravacións.[11] Máis adiante virou cara ao pop, abrazou a música electrónica e comprometeuse coa protesta política. En 2002 recibiu o premio á toda unha vida na 44.ª edición dos Grammy.[12]

Mitchell é a única produtora acreditada na maioría dos seus discos, incluíndo todos os seus álbums da década de 1970. Crítica coa industria musical, deixou de facer xiras e publicou o seu disco número 17, e supostamente último con cancións orixinais en 2007. Con raíces na arte visual, Mitchell deseñou a maioría das carátulas dos seus álbums e descríbese como unha "pintora malograda polas circunstancias".[13]

Discografía editar

Álbums de estudio

Notas editar

  1. "JoniMitchell.com – Biography: 1943–1963 Childhood Days". Jonimitchell.com. Consultado o 26 de novembro de 2014. 
  2. Wild, David (31 de outubro de 2002). "Joni Mitchell" (reprint). Rolling Stone. Consultado o 9 de marzo de 2007. 
  3. "The Independent". The Independent (Reino Unido). 10 de agosto de 2007. Consultado o 11 de febreiro de 2017. 
  4. "The Rolling Stone 500 Greatest Albums of All Time (Blue is listed at No. 30)". Rolling Stone. Arquivado dende o orixinal o 23 de xuño de 2008. Consultado o 21 de febreiro de 2011. 
  5. Jon Pareles; Neil Strauss; Ben Ratliff & Ann Powers (3 de xaneiro de 2000). "Critics' Choices; Albums as Mileposts In a Musical Century". The New York Times. Consultado o 17 de decembro de 2009. 
  6. Tsioulcas, Anastasia (24 de xullo de 2017). "The 150 Greatest Albums Made By Women". National Public Radio. Consultado o 4 de setembro de 2017. 
  7. Ankeny, Jason. All Music Guide
  8. Montagne, Renee (9 de decembro de 2014). "The Music Midnight Makes: In Conversation With Joni Mitchell". NPR. Consultado o 11 de febreiro de 2017. 
  9. Pleasants, Henry (febreiro de 1978). "Three Throats". Windsor Star. Consultado o 11 de febreiro de 2017. 
  10. Hopper, Jessica (9 de novembro de 2012). "Joni Mitchell: The Studio Albums 1968–1979". Pitchfork. Consultado o 2 de abril de 2015. 
  11. "Joni & Jazz". SFJAZZ Blog. Consultado o 11 de febreiro de 2017. 
  12. "Joni Mitchell". Grammy Awards. 14 de maio de 2017. Consultado o 11 de outubro de 2017. 
  13. "I sing my sorrow and I paint my joy". Toronto Globe and Mail. 8 de xuño de 2000. Consultado o 19 de xullo de 2015. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar