Toronto

maior cidade do Canadá e capital da provincia de Ontario

Toronto é a maior cidade do Canadá, e a capital da provincia de Ontario. Sitúase na marxe norte do lago Ontario. Ten aproximadamente 2,5 millóns de habitantes na cidade propiamente dita e 5,9 millóns na zona metropolitana. Aproximadamente un terzo da poboación canadense vive dentro dun raio de 160 km da cidade. Alén diso, Toronto considérase unha das cidades máis dinámicas da América do Norte, atraendo millares de inmigrantes anualmente, desde a década de 1850. Os seus habitantes chámanse torontonianos (Torontonians, en inglés).

Modelo:Xeografía políticaToronto
City of Toronto (en) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

Lema«Diversity Our Strength» Editar o valor em Wikidata
Nomeado en referencia aFort Rouillé (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 43°40′13″N 79°23′12″O / 43.6703, -79.3867Coordenadas: 43°40′13″N 79°23′12″O / 43.6703, -79.3867
EstadoCanadá
ProvinciaOntario Editar o valor em Wikidata
Capital de
Ontario (1867–) Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación2.794.356 (2021) Editar o valor em Wikidata (4.434,01 hab./km²)
Xeografía
Superficie630,21 km² Editar o valor em Wikidata
Bañado porLago Ontario, Rio Humber (pt) Traducir, Rio Don (pt) Traducir e Rouge River (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Altitude76 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
FundadorJohn Graves Simcoe (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Creación1750 Editar o valor em Wikidata
Organización política
• Alcaldesa Editar o valor em WikidataOlivia Chow (pt) Traducir (2023–) Editar o valor em Wikidata
Órgano lexislativoConselho Municipal de Toronto (pt) Traducir Circunscrición: 44, (Escano: 45) Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postalM Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico416, 647 e 437 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con

Sitio webtoronto.ca Editar o valor em Wikidata
Twitter: TorontoComms Instagram: cityofto GitHub: CityofToronto Editar o valor em Wikidata

Coñécese a Toronto como o "motor da economía do Canadá", e é considerada unha cidade global, exercendo influencia significativa a nivel rexional, nacional e internacional. Toronto é o centro financeiro do Canadá, así como un dos principais centros culturais e científicos. Toronto é o maior polo industrial, financeiro e de telecomunicacións do Canadá. Posúe unha das máis diversificadas economías da América do Norte, coa maior concentración de sedes de empresas, institucións culturais e a maior comunidade artística do país. En xaneiro de 2005, Toronto foi escollida polo goberno canadense como unha das capitais culturais do Canadá. Toronto posúe un dos mellores padróns de vida da América do Norte e é unha das cidades máis seguras do continente americano, cunha taxa de criminalidade menor que calquera gran cidade americana, e unha das menores do Canadá.

Etimoloxía editar

A orixe e o significado da palabra "Toronto" continúa a ser materia de debate hoxe en día. A definición máis común di que "Toronto" vén da palabra hurón toran-ten, que significa "lugar de encontro". Porén, outros consideran que vén da palabra mohawk tkaronto, que significa "onde hai árbores sobre a auga", nunha referencia ás augas do norte do actual Lago Simcoe (os mohawk chamaban este lago de "Lago Toronto"). Este litoral estaba conectado ao litoral do Lago Ontario por unha vía que levaba ata ao Río Humber e a súa foz no Lago Ontario. A medida que a vía se tornou cada vez máis usada, o termo "Toronto" tamén pasou a ser cada vez máis usado, e eventualmente, pasou a ser tamén usado para nomear un posto comercial francés próxima á foz do Río Humber. Parte desta confusión pode atribuírse á sucesión de pobos indíxenas que viviron na área ao longo do século XVIII: huróns, seneca, iroqueses e Mississaugas, que orixinaron o nome da segunda maior cidade da Rexión Metropolitana, Mississauga, localizada ao oeste de Toronto.

Ata o inicio da colonización británica, non había asentamentos permanentes na rexión, aínda que tanto os nativos indíxenas coma os franceses tentaron instalar asentamentos permanentes, incluíndo a construción dun pequeno forte próximo á foz do Río Humber, actualmente enterrado baixo o chan, onde se localiza agora a Canadian National Exhibition. Os británicos construíron un forte e un asentamento que foi chamado de "York". Os ingleses déronlle á cidade o nome de Toronto en 1834.

Historia editar

Artigo principal: Historia de Toronto.

Localizado na marxe norte do Lago Ontario, Toronto era orixinalmente un termo usado nunha indeterminada localización xeográfica, aparecendo aproximadamente na mesma área da futura cidade de Toronto en mapas do final do século XVII e do inicio do XVIII. Eventualmente, o nome "Toronto" designou a área localizada na foz do Río Humber.

Exploración e asentamento europeo editar

Anteriormente á chegada dos primeiros exploradores europeos, varias tribos indíxenas vivían na rexión. As principais eran os algonquinos, os huróns, os iroqueses, os mississaugas e os seneca. Os primeiros exploradores europeos exploraron a rexión na década de 1640, en expedicións francesas que partían de Quebec, rumbo aos Grandes Lagos. Tales expedicións foron feitas por orde de Samuel de Champlain. A rexión pasou entón a facer parte da colonia francesa de Nova Francia.

Porén, a colonización europea en todo o Canadá central, incluíndo a rexión de Toronto, foi case inexistente ata 1784. Ata entón, o número de colonos europeos en toda a área que actualmente é a provincia de Ontario era de aproximadamente 400 habitantes. En 1750, os franceses construíron un posto comercial próximo á foz do Río Humber, e un forte próximo ao Río Don. Este forte chamábase Fort Rouillé. En 1759, os franceses queimárono para impedir que as forzas británicas ao avanzaren pola rexión tomasen o control do forte e abandonaron a rexión. En 1763, toda a Nova Francia pasou ao dominio inglés, ao final da guerra dos Sete Anos, baixo os termos do Tratado de París.

Despois de 1784, ao fin da Revolución Americana de 1776, un gran número de colonos norteamericanos leais á Coroa británica abandonaron os novos Estados Unidos de América. Os británicos forneceron materiais e terras para estes colonos, e recompensaron con diñeiro a moitos deles que loitaran a carón das forzas británicas. En 1788, os británicos compraron máis de 1 000 km² de terra dos indios Mississaugas —que constitúen actualmente Toronto e algúns dos seus suburbios— para acoller estes colonos. Os británicos construíron unha vila, nas actuais Illas Toronto e mais un forte. Tanto o forte canto a vila foron nomeados como York. As Illas Toronto son unha cadea de pequenas illas que levan a un pantano (actualmente inexistente, xa que foi drenado) ao oeste da cadea, e a unha abertura ao leste do arquipélago, que forma unha baía que protexía naturalmente a vila acabada de crear, protexida polo Fort York, no centro xeográfico das illas. A vila ficaba do outro lado do arquipélago, próximo á actual Parliament Street.

En 29 de xullo de 1793, o Tenente Gobernador da nova colonia británica do Canadá Superior (base da actual provincia de Ontario), John Graves Simcoe, escolleu York para ser a nova capital, mudando da entón Newark —actualmente, Niagara-on-the-Lake— oficialmente, o 1 de febreiro de 1796.

 
Vista das actuais Illas Toronto. Á esquerda, pódese ver o porto da cidade.

O Tenente Gobernador Simcoe estaba especialmente preocupado en iniciar comunicacións militares entre os asentamentos ao sur do Canadá Superior —especialmente Newark, entón a capital da colonia— e aqueles asentamentos no leste, tales como Kingston. Para isto, Simcoe iniciou a construción de varias estradas. Dundas Street construíuse para conectar a rexión de York ata a vila homónima, Dundas, próxima a Hamilton, para continuar ao oeste, en dirección a Windsor, na fronteira canadense cos Estados Unidos. A Kingston Road construíuse entre Toronto e Montreal, pasando por Kingston. A maior parte desta estrada formaría posteriormente a Autoestrada MacDonald-Cartier, hoxe en día unha das autovías con máis tráfico do mundo. Foi construída unha terceira rota, a Yonge Street, entre o Lago Ontario e o Lago Toronto (actualmente o Lago Simcoe), inaugurada en tres anos. A Yonge Street é actualmente a liña divisoria leste-oeste de Toronto, e é moitas veces chamada "a rúa máis longa do mundo", con 1 896 quilómetros de lonxitude, que se estenden ata Rainy River, Ontario, na fronteira canadense co estado norteamericano de Minnesota. Todas as tres estradas mencionadas aínda existen nos días actuais.

En 1813, durante a Guerra de 1812, York foi atacada por forzas norteamericanas, e queimada parcialmente. En resposta a este ataque, os ingleses invadiron a capital norteamericana, Washington, D.C., no ano seguinte. Fort York entón era un forte de pequeno porte, e os seus defensores británicos, vendo que a defensa do forte sería imposíbel, decidiron recuar, incendiando antes as paredes e o chan próximos ao depósito de municións. Cando as forzas norteamericanas entraron, este depósito repentinamente estoupou, matando varios soldados norteamericanos. As tropas norteamericanas ficaron durante catro días no forte e saquearon a vila homónima. Ademais de ouro e diñeiro, os norteamericanos tomaron o mastro cerimonial da Asemblea Lexislativa. Estre mastro foi devolvido soamente en 1934, por orde do entón presidente norteamericano Franklin Delano Roossevelt. Despois da saída das tropas norteamericanas, os británicos construíron un forte moito máis resistente, a aproximadamente douscentos metros ao oeste da localización orixinal. Outro ataque norteamericano foi derrotado con facilidade, pois os navíos norteamericanos non foron capaces de aproximarse ao litoral.

Moitas das Illas Toronto actualmente xa non existen, senón que foron incorporadas ao continente pola expansión artificial do litoral do continente en dirección ás illas. Actualmente, este forte está a centenas de metros do litoral da cidade, escondido pola Gardiner Expressway.

En 1834, a entón cidade secundaria (town) de York foi elevada á categoría de cidade primaria (city) o 6 de marzo, e foi renomeada como Toronto, para distinguir a cidade de varias outras localidades na colonia, incluíndo o condado onde Toronto estaba situado. William Lyon Mackencie tornouse o seu primeiro prefecto. Entón, Toronto tiña preto de dez mil habitantes. En 1837, Mackencie liderou unha revolta contra o goberno británico, buscando maior autonomía para a colonia, na Revolta do Canadá Superior. Esta rebelión, que non gañou popularidade, foi facilmente extinguida polos británicos, e Mackenzie fuxiu para os Estados Unidos.

A gran fame irlandesa de 1846-1849 trouxo un gran número de irlandeses á cidade. Os irlandeses protestantes eran xeralmente benvidos pola poboación inglesa e escocesa da cidade, e logo varios destes irlandeses ocuparían importantes postos no comercio, educación e na política. A Orde de Orange tornouse dominante na sociedade de Toronto, tanto que na década de 1920 Toronto era chamado de "A Belfast do Canadá". A importancia da Orde de Orange diminuíu soamente despois da década de 1940. En contraste, os irlandeses católicos que se instalaron en Toronto enfrontáronse á intolerancia e á discriminación, tanto da sociedade como do goberno. Os irlandeses compuñan case a totalidade da poboación católica da cidade ata a década de 1890, cando comezaron a instalarse na cidade católicos alemáns e franceses. Porén, mesmo así, os irlandeses católicos continuaron a formar o 90% da poboación católica da cidade. Varias iniciativas dos irlandeses e os seus descendentes tales como a fundación da Universidade de Saint Michael en 1852, tres hospitais e varias organizacións de caridade fortaleceron a identidade irlandesa —independente da relixión— na cidade, transformando a presenza irlandesa en Toronto nunha de influencia e poder.

Crecemento editar

 
Mapa de Toronto en 1894.
 
O Viaduto Príncipe Eduardo.

Toronto creceu rapidamente nas décadas finais do século XIX. A súa poboación pasou de 30 000 habitantes en 1851 a 56 000 en 1871 e 181 000 en 1891. Nesta época, foi instalado un sistema de tranvías ao longo da cidade —gran parte deste sistema aínda está operativo— alén da construción de ferrovías, en especial, a Canadian Pacific Railway, que conectaron Toronto con outras cidades primarias do Canadá. Tamén se construíron ferrovías radiais, raís que corrían ao longo de vías públicas primarias con rúas e avenidas. Unha destas ferrovías radiais estaba instalada na Yonge Street, conectando Toronto co Lago Simcoe, e así, permitía aos pasaxeiros o traslado ás praias do Lago Simcoe. Nesa época, as augas das praias de Toronto ao longo do Lago Ontario estaban contaminadas de máis para seren usadas para o lecer, debido a que o lixo da cidade era lanzado directamente nas augas do Lago Ontario.

A economía da cidade tamén pasou a medrar axiña durante o final do século XX, grazas á construción destas ferrovías, e á adopción de medidas por parte do goberno canadense para protexer a industria e o comercio canadenses dos produtos estadounidenses. Construíronse moitas fábricas, e a cidade tornouse axiña un dos polos económicos do país, atraendo máis inmigrantes, italianos e alemáns, alén de ingleses, escoceses, irlandeses e franceses.

A Grand Trunk Railway e a Great Nothern Railway foron unidas despois da construción da Union Station, no centro da cidade. Coa adopción de medidas do goberno canadense para promover o poboamento das rexións centrais do Canadá, Toronto tornouse o punto de partida de persoas —fundamentalmente inmigrantes— con rumbo ao oeste. Toronto tornouse un importante polo ferroviario e tamén bancario. En 1904, grandes seccións do centro de Toronto foron destruídas no Incendio de Toronto de 1904, aínda que foron axiña reconstruídas.

A medida que a cidade medraba, ficou naturalmente cercada polo Río Humber ao oeste e polo Río Don ao leste. Varios ríos e riachos de menor porte cortaban a cidade, e moitos destes pasaron a ser usados como desaugadoiros a ceo aberto. O treito dun destes regatos corría por baixo da Universidade de Toronto. Todo isto pasou a crear graves problemas de saúde na cidade.

Século XX editar

O río Don separaba Toronto das cidades localizadas ao leste do río e creaba así serias dificultades de transporte dun punto a outro do val. En 1919 construíuse o Viaduto da Bloor Street, conectando Bloor Street no lado oeste do val con Danforth Avenue ao leste. Edmund Burke, o enxeñeiro que desenvolveu a ponte, exixiu que se engadise un andar inferior na ponte para os trens. A cidade non quería pagar este andar extra, mais Burke insistiu e a cidade cedeu. Este andar extra aforrou á cidade millóns de dólares, cando se construíu unha liña de metro leste-oeste. A construción do viaduto representa un marco histórico na historia de Toronto. Agora conectada ao que eran anteriormente cidades separadas, a cidade de Toronto creceu drasticamente durante as décadas iniciais do século XX.

A demanda de material de guerra ao longo da primeira guerra mundial fixo que o sector industrial da cidade medrase drasticamente. A poboación da cidade tamén continuou a crecer rapidamente ata a década de 1930, cando a Gran Depresión xerou desemprego e miseria na cidade. Moita xente saíra de Toronto, sen rumbo definido, en dirección a varias outras cidades canadenses, buscando atopar un emprego ou un abrigo. A segunda guerra mundial novamente trouxo prosperidade económica para a cidade, amais dun intenso crecemento de poboación. Este crecemento aumentou aínda máis despois do fin da guerra, coa chegada de millares de inmigrantes europeos anualmente, o que proseguiría ata a década de 1970.

 
Canada National Tower, Toronto.

O rápido crecemento de poboación causou varios problemas. A cidade de Toronto, entón, posuía un quinto do seu tamaño actual, e existían outras doce cidades dentro dos actuais límites de Toronto. Isto causou serios problemas no tránsito, falta de abrigos e ata mesmo falta de auga potábel nalgunhas destas cidades. Toronto e os seus doce suburbios moitas veces non conseguían traballar xuntos para resolver estes problemas. Alén diso, algunhas destas municipalidades non tiñan fondos suficientes. Este problema fixo que a provincia de Ontario crease o 1 de xaneiro de 1954 a Municipalidade da Rexión Metropolitana de Toronto, unha subdivisión semellante á dun condado ou á dunha municipalidade rexional, mais con máis poderes e autonomía. Estas cidades eran New Toronto, Mimico, Weston e Leaside, as vilas de Long Branch, Swansea e Forest Hill; e os distritos rurais de Etobicoke, York, North York, East York e Scarborough. Os límites desta municipalidade forman os actuais límites da cidade de Toronto.

Como resultado do crecemento que seguiu, Ontario decidiu, en 1967, reducir o número de cidades, vilas e distritos rurais dentro da Municipalidade da Rexión Metropolitana de Toronto a seis, despois da fusión de Long Branch, New Toronto e Mimico en Etobicoke, Weston en York, Leaside en East York e Swansea e Forest Hill en Toronto. Esta Municipalidade trouxo varios avances á cidade, como a instalación do primeiro sistema computerizado de tráfico do mundo, a construción de abrigos para necesitados e de abrigos de baixo alugamento para familias de baixa renda. Os problemas de abastecemento de auga foron solucionados, e construíuse un extensivo sistema de metro entre 1954 e 1972.

Ao longo da década de 1960 e de 1970, a cidade de Toronto superou en importancia económica a cidade quebequesa de Montreal. Varias empresas anteriormente con sede en Montreal mudáronse para Toronto. En 1968, a cidade realizou unha extensiva revitalización do litoral da cidade, permitindo o acceso ás praias. En 1971 foi construído un parque de diversións, o Ontario Place, e en 1976 foi inaugurada a CN Tower. Coa construción desta última, durante tempo a estrutura máis alta do mundo, Toronto converteuse un polo turístico, atraendo millóns de turistas anualmente.

Despois da década de 1970, o número de inmigrantes europeos pasou a caer, e a crecente inmigración de asiáticos, hispánicos e africanos fixeron de Toronto unha cidade multicultural. En 1981 foi inaugurado o Eaton Centre, o centro comercial máis famoso da cidade, e en 1989 construíuse o SkyDome.

En 1997, Toronto tiña preto de 625 000 habitantes, e era a segunda maior cidade en poboación do Canadá, atrás só de Montreal, aínda que a súa rexión metropolitana fose significantemente maior. Neste ano, o goberno de Ontario decidiu fundir todas as cidades da Municipalidade da Rexión Metropolitana de Toronto —Toronto, North York, Scarborough, Etobicoke, York e East York— nunha única cidade de Toronto. Moitos habitantes opuxéronse a esta fusión, argumentando que destruiría a identidade propia destas distintas comunidades, e tamén reduciría servizos públicos, tales como a saúde e a educación. Mesmo así, a fusión ocorreu o 1 de xaneiro de 1998. Toronto, cos seus 2,2 millóns de habitantes, tornouse a maior cidade do país, superando a Montreal e o seu millón de habitantes. En 1997 houbo eleccións a prefecto da nova super-cidade, que venceu Mel Lastman, anteriormente prefecto da extinta cidade de North York.

Tempos recentes editar

 
Vista de Toronto durante o solpor.

En 2002, Toronto foi a sede do Día Mundial da Xuventude de 2002. Tamén no mesmo ano, o Papa Xoán Paulo II visitou a cidade. Os dous maiores sindicatos da cidade, a Locals 79 e a 416 of CUPE (Canadian Union of Public Employees) puxéronse en folga algunhas semanas antes do acontecemento do Día Mundial da Xuventude. Bibliotecas, escolas infantís, recollida do lixo e outros servizos públicos de responsabilidade municipal fecharon. O goberno de Ontario forzou os sindicatos a volver ao traballo algúns días antes do acontecemento.

En 2003, Toronto foi atinxida pola epidemia de pneumonía asiática, traída por un canadense de ascendencia chinesa que viaxara anteriormente a Hong Kong. En total, a doenza contaminou centenas de persoas, matando 42. Aínda que a doenza atinxira primariamente hospitais —infectando na súa maioría profesionais da saúde e pacientes, a maioría das mortes foron de pacientes que xa tiñan a saúde danada— a Organización Mundial da Saúde, o 21 de abril, anunciou ao mundo que non se debería realizar ningunha viaxe innecesaria á cidade. Toronto foi a única cidade do hemisferio occidental en ser elevada á categoría de "altamente perigosa". O turismo caeu drasticamente, e o comercio en xeral entrou en recesión. Para tentar recuperarse deste choque, a cidade realizou un concerto musical, chamado de SARStock, con bandas e cantantes coñecidos internacionalmente, tales como os Rolling Stones, AC/DC, Rush, The Guess Who, Justin Timberlake etc. O concerto atraeu aproximadamente 450 mil persoas, facendo do concerto un dos dez maiores da historia.

O 14 de agosto de 2003, Toronto, ben como todo o sur do Ontario e o nordeste dos Estados Unidos, sufriu un apagón xeral, o apagón da América do Norte de 2003. Os resultados causaron caos xeral na cidade. A electricidade soamente volveu nalgunhas áreas da cidade despois de 12 horas, e noutras despois de 3 días.

Nas eleccións municipais de 2003, David Miller foi escollido como o novo prefecto, despois dunha exitosa campaña electoral, que incluíu a promesa de cancelar unha ponte que conectaba o Toronto Island Airport co continente. En 2004, a cidade equilibrou os gastos por primeira vez en anos, a través da elevación moderada de impostos de propiedade e de maiores cantidades de ingresos recibidos do goberno provincial e nacional.

Toronto foi candidata aos Xogos Olímpicos de Verán de 2008, quedando en segundo lugar detrás de Pequín. Inicialmente ía presentarse para os Xogos de 2012, mais retirouse porque os Xogos Olímpicos de Inverno de 2010 foran adxudicados a Vancouver, tamén no Canadá.

Xeografía e clima editar

Toronto está localizada na marxe norte do Lago Ontario. A cidade limita ao sur co Lago Ontario, ao leste coa Municipalidade Rexional de Durhan, ao norte coa Municipalidade Rexional de York e ao oeste coa Municipalidade Rexional de Peel. A maior parte dos límites con estas municipalidades rexionais están en rúas ou ríos: ao leste a través do Río Rouge, ao norte coa Steeless Avenue e ao oeste coa Etobicoke Creek, a Renforth Avenue, a Eglinton Avenue e a Expressway 427. Varios ríos cortan a cidade, dos cales os principais son o Don, o Río Humber e o Río Rouge. As súas coordenadas xeográficas son 43°41′N e 79°38′O. A cidade posúe unha área total de 641 km².

Toronto posúe un clima temperado, con catro estacións ben definidas, quente e seco no verán e frío e húmido no inverno. As máximas no verán varían entre 20 °C a 36 °C, e as mínimas entre 10 °C e 25 °C. A media no verán é de 26 °C, e a media das mínimas no verán é de 15,5 °C. No inverno, a temperatura máxima varía entre -20º a 15º e as mínimas varían de -26 °C a 0 °C (ás veces caendo ata -45 °C, aínda que isto sexa raro), sendo que o factor do vento diminúe aínda máis estas temperaturas. A media das máximas é de 0 °C, e a media das mínimas é de -6.6 °C.

A precipitación media anual na cidade é de 81 centímetros, en forma de choiva e sarabia. As precipitacións medias de neve anual son de 250 centímetros. O mes menos chuvioso é agosto, con apenas 9 días de choiva de media. O mes máis chuvioso é xaneiro, que rexistra de media 16 días nos que hai precipitación de choiva, neve ou sarabia. Contándose apenas as formas de precipitación líquida, os meses máis chuviosos son os de primavera con, de media, 13 días chuviosos.

Administración editar

 
Vista da prefectura de Toronto.
 
Vista da Asemblea Lexislativa do Ontario. Toronto é a capital da provincia.

Os habitantes de Toronto elixen representantes no goberno provincial e no goberno nacional. Alén diso, tamén elixen directamente o prefecto e os membros do Consello Municipal. 22 membros do Parlamento representan a Toronto na Casa dos Comúns do Canadá, en canto que outros 22 membros representan a cidade na Asemblea Lexislativa de Ontario, localizada na Queen's Park, no centro da cidade.

O goberno municipal consiste no prefecto e en 44 conselleiros. Cada un destes son electos nun dos 44 distritos electorais da cidade, cada un con aproximadamente 55 mil persoas. Tanto o prefecto canto os conselleiros son electos pola poboación en eleccións que ocorren no mes de novembro, para mandatos de ata 3 anos. O goberno municipal é o quinto maior da América do Norte, e posúe un orzamento anual de 6 400 millóns de dólares canadenses.

O actual goberno municipal é baseado na creación da Municipalidade da Rexión Metropolitana de Toronto, máis coñecida como "Metro", en 1954. Este novo goberno rexional, que incluía as comunidades de East York, Etobicoke, Forest Hill, Leaside, Long Branch, Mimico, New Toronto, North York, Scarborough, Swansea, Toronto, Weston e York, foi creado pola necesidade de maior coordinación para o uso da terra, maior organización de planeamento urbano, ben como servizos divididos.

Estas 13 cidades, vilas e comunidades rurais continuaron a existir independentemente do goberno rexional, e a fornecer algúns servizos locais aos seus residentes. Gradualmente, o goberno da Municipalidade da Rexión Metropolitana de Toronto pasou a administrar os servizos que cruzaban fronteiras municipais, tales como vías expresas, saneamento básico e transporte público.

O 1 de xaneiro de 1967, varios dos menores municipios foron fundidos cos maiores, reducindo a seis o número de municipios dentro da Municipalidade da Rexión Metropolitana de Toronto. Forest Hill e Swansea tornáronse barrios de Toronto; Long Branch, Mimico e New Toronto foron fundidas coa cidade de Etobicoke, Weston foi fundida con York, e Leaside tornouse un barrio de East York.

Esta formación durou ata 1997, cando o goberno de Ontario anunciou que o nivel rexional de goberno foi abolido, e as seis existentes municipalidades —Toronto, Etobicoke, North York, East York, York e Scarborough— serían fundidas nunha única Cidade de Toronto. A fusión foi concretada o1 de xaneiro de 1998. Moitas persoas criticárona, e foi sucedida por unha caída masiva do número de servizos e de ingresos provinciais para toda a nova cidade de Toronto, facendo que o goberno da cidade pasase a ter pouquísimo ou ningún superávit. Un plebiscito realizado antes da fusión indicou que a maioría dos cidadáns eran contrarios a ela; porén, en Ontario, tales plebiscitos non posúen legalidade, e a provincia de Ontario tiña o dereito de ignoralos, o que de feito aconteceu. Mel Lastman, anteriormente prefecto da ex-cidade de North York]], foi elixido na primeira elección municipal da nova cidade de Toronto como o primeiro prefecto da nova cidade de Toronto.

Nesta época, a definición de Toronto en si pasou a ser dubidada por algúns. Nas eleccións municipais de 2000, máis do 88% dos habitantes da cidade votaron por un prefecto que discutira na súa campaña electoral a posibilidade da formación dunha provincia de Toronto. Tooker Gomberg, o segundo nas eleccións co 8% dos votos, era un propoñente da creación desta provincia, en canto o vencedor, Mel Lastman, cun 80% dos votos, tamén apoiou a idea. Porén, isto foi máis un ataque ao goberno do Canadá do que unha seria proposta, e despois de vencer nas eleccións, Lastman parou de discutir sobre o asunto. En todo caso, unha separación deste xénero sería legalmente moi difícil, se non imposíbel; dentro da Constitución do Canadá, as municipalidades non posúen poderes, é apenas permitido o uso de autoridade provincial. En caso de que Toronto tente ser elevada á categoría de provincia, terá de recibir aprobación da Casa dos Comúns, do Senado e de dous terzos dos votos a favor da poboación de todo o país.

Este problema preocupa moito aos activistas que queren que sexa unha provincia. Un número de organizacións non-gobernamentais teñen advocado unha campaña contra o goberno de Ontario, que levou á primeira gran manifestación popular ocorrida en Toronto en 2001, cando os manifestantes se confrontaron coa policía fronte da Asemblea Lexislativa de Ontario, ben como varias manifestacións populares de menor porte ao longo do 2001. Algúns políticos do goberno federal, incluíndo o actual primeiro-ministro do Canadá, Paul Martin, comezaron a prometer un "novo negocio para as cidades". Actualmente, tanto a Casa dos Comúns canto o Senado recoñecen ata certo punto os problemas enfrontados pola cidade, porén, os esforzos para resolvelos continúan a ser insuficientes.

Politicamente, Toronto é unha cidade moi liberal, segundo os padróns de política da América do Norte. O Partido Liberal, tanto a nivel federal canto provincial, posúe grande apoio dos electores agás no centro da cidade, onde a maioría apoian o Novo Partido Democrático. O Partido Conservador non posúe ningún membro no Senado ou na Casa dos Comúns que veña de Toronto, e nas eleccións —a nivel federal, provincial e municipal— o desempeño do Partido Conservador xeralmente é moi ruín na cidade. Aínda que os sindicatos posúan considerábel influencia na cidade, non son as principais causas para a natureza liberal de Toronto; son o alto número de inmigrantes e a forza de grupos activistas as principais racións. Toronto é o principal centro de soporte para causas liberais como casamento homosexual e control de armas tanto en Ontario como no Canadá.

Demografía editar

 
Toronto é unha cidade multicultural, con etnias das máis diversas partes do mundo. A College Street é o centro da Little Italy, un barrio italiano da cidade.

Toronto foi a segunda maior cidade do país, con 625 000 habitantes e aproximadamente 150 km², ata 1998, cando a fusión de Toronto coas outras 5 cidades que compuñan a Municipalidade da Rexión Metropolitana de Toronto fixo que Toronto pasase a ter 2,3 millóns de habitantes e 641 km²; superando así Montreal e o seu 1 millón de habitantes. Porén, contándose os actuais límites municipais de ambas as cidades —Montreal e outras 27 cidades fundíranse en 2001— Toronto de feito superou a poboación de Montreal na década de 1970. A poboación da rexión metropolitana de Toronto superou a poboación da rexión metropolitana de Montreal xa na década de 1960. A actual densidade de poboación de Toronto é de 3 939,4 habitantes por quilómetro cadrado.

Desde a década de 1850, Toronto ten sido un dos principais polos de entrada de inmigrantes do mundo. Os anos despois das grandes guerras mundiais atraeran gran número de inmigrantes. Ingleses e escoceses viñeron en gran número nos anos que seguiron a estas guerras. Poloneses, neerlandeses e gregos viñeron en gran número nos anos que seguiron á segunda guerra mundial. A inmigración italiana e portuguesa tornouse moi forte entre a década de 1950 e a década de 1970. Desde entón, a maioría dos inmigrantes que se instalan en Toronto son asiáticos en xeral, especialmente chineses.

Toronto é unha das cidades máis multiculturais do mundo, 1 de cada 3 (36%) persoas son pertencentes a grupos minoritarios (negros, árabes, asiáticos, hispánicos e indios), con 64% da poboación da cidade tendo orixe europea, primariamente de orixe inglesa (~500 mil habitantes), escocesa (~425 mil habitantes), irlandesa (~375 mil habitantes), italiana (~350 mil habitantes), alemá (~150 mil habitantes), portuguesa (~130 mil habitantes), francesa (~120 mil habitantes) e poloneses (~85 mil habitantes). Toronto posúe unha grande comunidade portuguesa. Aproximadamente 60% da poboación portuguesa da cidade vén dos Azores, e 10% vén de Madeira. Toronto posúe tamén unha pequena comunidade brasileira. Aproximadamente 5 mil brasileiros viven na cidade.

Os chineses representan aproximadamente o 10,6% da poboación da cidade (259 710 mil) e os surasiáticos o 10,3% da poboación de Toronto (253 920 mil). A metade de todos os negros canadenses viven en Toronto, e constitúen o 8,3% (204 075) da poboación da cidade. Os filipinos son o 3,5% (86 460) da poboación da cidade. Débese ter en conta que moitos dos habitantes de Toronto son descendentes de dúas ou máis etnias.

Máis de 100 idiomas e dialectos son falados en Toronto, e máis dun terzo da poboación da cidade fala outro idioma diferente do inglés na casa. O 43% da poboación de Toronto (1 051 125 persoas) dixeron que facían parte dunha minoría visíbel, no censo nacional de 2001. Isto foi un crecemento de 6% sobre o censo de 1996, onde o 37% (882 330) da poboación da cidade dixeron facer parte dunha minoría visíbel. 49% da poboación de Toronto naceu fora do Canadá, un crecemento do 1% sobre os dados de 1996. Novos inmigrantes en Toronto desde 1991 chegan a 516 635, representando 21% da poboación. Un de cada cinco habitantes da cidade son inmigrantes recentes, tendo instalándose na cidade entre 1991 e 2001.

Toronto posúe o 48,7% da poboación da Rexión Metropolitana de Toronto. En 2001, o 57,8% de todos os inmigrantes que se instalaran na Rexión Metropolitana de Toronto fixérano en Toronto. Contando só os inmigrantes que chegaron despois de 1990, esta taxa sobe para o 64,4%.

Aproximadamente o 20% da poboación da cidade posúe 14 anos de idade ou menos, en canto persoas con máis de 65 anos de idade constitúen o 11,2% da poboación de Toronto. O crecemento de poboación medio de Toronto é de 1,9% por ano. O catolicismo é a relixión máis seguida na cidade, seguida polo anglicanismo, mais a cidade posúe comunidades relixiosas ben estabelecidas de musulmáns, hindús, xudeus, budistas e sikh.

 
O cruzamento da Wellesley Street e da Church Street, ou simplemente Church and Wellesley, onde está situada a vila gay da cidade. Este cruzamento acolle anualmente unha das maiores paradas gays do mundo, que atraen preto de 800 mil persoas por evento.

En tanto que o inglés é o idioma predominante na cidade, a Statistics Canada afirma que outros idiomas tamén posúen presenza significativa na cidade, tales como o chinés e o italiano. Menos do 2% dos habitantes da cidade afirman o francés (o segundo idioma oficial do Canadá) como o idioma materno.

Barrios e distritos editar

Toronto posúe un total de 240 barrios diferentes. Moitos foron no pasado cidades ou vilas, que foron eventualmente fundidos con outras cidades. Ata 1997, Toronto estaba dividido en seis distintas cidades: a cidade de Toronto propiamente dita, North York, Scarborough, Etobicoke, York e East York. Estas seis cidades foron fundidas nunha única cidade de Toronto en 1998. As seis antigas subdivisións son agora seis distintos distritos (boroughs) de Toronto.

Moitos destes barrios están nomeados en homenaxe á unha dada etnia ou nacionalidade. A Corso Italia e a Little Italia son chamadas así polo gran número de italianos, en canto a Portugal Village posúe unha grande poboación portuguesa, vindos do continente europeo. Varias áreas da cidade tamén son cognominadas pola prefectura da cidade, aínda que non posúan o estatuto de barrio, como a Rúa Azores —que é unha área cognominada, non unha rúa— que posúe unha grande poboación portuguesa, descendentes de inmigrantes vindos dos Azores.

Economía editar

A economía de Toronto é unha das máis variadas e fortes da América do Norte. Toronto é o principal polo industrial, comercial e financeiro do Canadá, e un dos principais do continente.

Ata a década de 1970, Toronto era o segundo maior polo comercial do Canadá, por debaixo de Montreal. O gran crecemento económico de Toronto foi estimulado pola descuberta de grandes depósitos de recursos naturais ao longo da provincia de Ontario e da crecente presenza da industria automobilística en todo o sur da provincia. Alén diso, a inauguración do Canal Mariño de San Lourenzo permitiu o tránsito de navíos entre o océano Atlántico e os Grandes Lagos, tornando Toronto un centro portuario importante. Durante a década de 1960, alén diso, o nacionalismo quebequés e a aprobación de varias leis que pasaron a obrigar ás empresas con sede no Quebec a usaren soamente o francés como idioma de traballo fixo que varias empresas situadas anteriormente en Montreal (especialmente as grandes multinacionais, cuxo mercado se estende alén dos límites do Quebec) mudasen para Toronto, onde o francés non é necesario para o comercio. Varios habitantes de Montreal nomearon esta migración como "éxodo".

O Produto Interior Bruto de Toronto é de aproximadamente 109 000 millóns de dólares americanos, e a renda per cápita da cidade é de 43 mil dólares americanos. Se Toronto fose un país independente, estaría posicionado na 42ª posición da lista de países por PIB.

Industria editar

Ontario posúe grandes depósitos de recursos naturais tales como madeira, aluminio, cobre, ferro, níquel, prata, ouro, uranio e cinc. Alén diso, a gran cantidade de ríos, lagos e saltos de auga permitiron a construción de varias hidroeléctricas, e os depósitos de uranio permitiron a construción de reactores nucleares. Isto mais unha rede ferroviaria, rodoviaria e hidroviaria eficiente fixo de Toronto o maior polo industrial do Canadá. Actualmente, Toronto posúe máis de 5 700 fábricas. As fábricas localizadas na rexión metropolitana de Toronto producen a metade dos produtos industrializados en todo o Canadá. Cerca dun terzo dos habitantes da cidade traballan en fábricas.

As maiores actividades industriais da cidade son o procesamento de alimentos, a industria automobilística e a impresión de xornais, revistas e material publicitario. Outras actividades industriais importantes inclúen a industria téxtil, a fabricación de aparellos electrónicos, papel e móbeis.

Comercio editar

Toronto é o principal centro bancario do país xa que os cinco maiores bancos do país posúen as súas sedes centrais na cidade. No total, catro de cada cinco bancos canadenses ten a súa sede na cidade. A bolsa de valores de Toronto é a bolsa de valores primaria do Canadá, e a cuarta maior de todo o continente americano, só por tras das bolsas de valores americanas New York Stock Exchange e NASDAQ (en Nova York) e da Chicago Stock Exchange, localizada en Chicago. A bolsa de valores de Toronto é a nona maior do mundo, e foi a primeira en todo o continente americano que comercializou accións electronicamente. Toronto tamén é o maior centro do comercio por xunto do Canadá.

A Bay Street é o corazón financeiro do Canadá. Aquí están localizadas as sedes dos catro maiores bancos do Canadá, e a maioría dos máis altos rañaceos da cidade.

Medios de Comunicación editar

En anos recentes, a cidade de Toronto tornouse un dos centros da industria cinematográfica do Canadá, xuntamente con Vancouver, e un dos maiores da América do Norte, por causa do baixo prezo na produción de filmes e programas de televisión no Canadá, en relación cos Estados Unidos. As rúas da cidade e os seus monumentos poden ser vistos nunha variedade de filmes, que imitan as rúas das principais cidades americanas tales como Chicago e Nova York. Toronto produce máis filmes e programas de televisión do que calquera outra cidade das Américas coa excepción dos Ánxeles e Nova York.

Educación editar

 
A biblioteca central de Toronto.
 
O campus central da Universidade de Toronto.

Escolas editar

O sistema público escolar de Toronto é administrado pola Toronto District School Board (TDSB). Está formado por 427 escolas nas que estudan anualmente máis de 300 mil alumnos, o que fai da TDSB o maior distrito escolar do Canadá e o cuarto maior da América do Norte. O sistema católico de ensino administra outras 80 escolas que son responsábeis da educación de máis de 70 mil alumnos.

Bibliotecas editar

A municipalidade de Toronto administra o segundo maior sistema bibliotecario público do mundo, só despois do de Hong Kong. Son 99 bibliotecas espalladas pola cidade, con máis de 9 millóns de elementos diferentes. A gran colección de libros, revistas, vídeos, CDs, DVDs e enciclopedias está dispoñíbel en diferentes idiomas, sendo o inglés o máis común nos títulos das bibliotecas da cidade. Outros elementos poden ser atopados nun total de 60 idiomas diferentes, sendo os máis comúns o mandarín, o cantonés, o italiano, o español, o francés, o portugués, o vietnamita, o hindi, o latín e o grego.

Ensino superior editar

Toronto posúe tres universidades. O campus central da Universidade de Toronto (U of T) atópase no centro da cidade e é a maior universidade canadense. A U of T tamén posúe dous campus menores, un en Scarborough e outro en Mississauga. Os tres xuntos atenden preto de sesenta mil estudantes por ano. En Toronto localízanse tamén a Universidade York, en North York, e a Universidade Ryerson, no centro da cidade. A primeira atende corenta e cinco mil estudantes anualmente, e a segunda, vinte mil.

Toronto posúe tamén outras cinco facultades. A Ontario College of Art and Design é unha das facultades de arte máis recoñecidas da América do Norte. As outras catro facultades —Seneca College, Humber College, Centenial College e a George Brown College— posúen un total de 29 campus espallados ao longo da cidade.

Cultura e recreación editar

Arquitectura editar

A arquitectura dos predios e edificios de Toronto é primariamente contemporánea, aínda que algúns puntos de interese máis antigos teñan unha arquitectura baseada no estilo gótico ou no estilo Art déco. O ceo de Toronto é dominado por grandes rañaceos. Toronto é a cidade con máis grandes rañaceos en desenvolvemento e construción de todo o hemisferio occidental.

Moderna, Contemporánea
  • A Torre CN, a principal postal da cidade é a estrutura máis alta do mundo non sustentada por cabos e en terra firme, cos seus 553 metros de altura. Localizada no centro da cidade, preto do litoral, atrae millóns de turistas por ano. Foi inaugurada en 1976.
  • O novo predio da prefectura é unha distinta atracción arquitectónica, co seu estilo modernista, de aproximadamente 100 metros de altura. Próxima á prefectura está o predio do Consello Municipal, que ten o formato dunha ostra. Os dous predios que compoñen a prefectura e o predio do Consello Municipal están localizados nunha praza de 5 hectáreas de tamaño, a Nathan Phillips Scare.
  • Toronto posúe innúmeros rañaceos. Son no total 1 623 edificios con máis de 12 andares. Toronto, pola Emporis, é a décima cidade co ceo máis dominado por rañaceos do mundo. Varios dos rañaceos da cidade están entre os máis altos do mundo. Actualmente, o máis alto, o First Canadian Place, posúe 296 metros de altura. Deberá ser superado en breve pola Trump International Hotel & Tower, que deberá ser inaugurada en torno de 2008, cunha altura estimada en 325 metros.
Neoclásico, Neogótica, Art déco
 
Vista do Eaton Centre, o shopping center máis coñecido da cidade.
  • O novo predio da prefectura substiuíu a antiga prefectura de Toronto, un edificio construído nos moldes da arquitectura Romanesque Revival, que data de 1896, e posúe 104 metros de altura.
  • A Casa Loma é unha grande mansión que debido ao seu tamaño dá a impresión de ser un castelo, inaugurada en 1918, con área total de 17 000 m².
  • A Union Station, a principal estación ferroviaria da cidade. Foi construída entre 1913 e 1927, e oficialmente inaugurada en 6 de agosto de 1926.

Artes editar

  • O Royal Ontario Museum é o maior museo do Canadá. Exhibe ao público primariamente obras arqueolóxicas e paleontolóxicas. Posúe unha das máis renomeadas coleccións de obxectos chineses antigos.
  • O Art Gallery of Toronto abriga varias pinturas e esculturas feitas por artistas de renome internacional, tales como Henry Moore.
  • O Ontario Science Center é un museo de ciencia e tecnoloxía. Está destinado especialmente para cativos.
  • Toronto é o terceiro maior centro do teatro anglófono do mundo, por detrás de Nova York e de Londres. Varios teatros de renome están localizados na cidade, e varias compañías teatrais do Canadá están sediadas na cidade.
  • A National Ballet of Canadá, o grupo de ballet máis renomeado do Canadá, está estabelecida en Toronto. A maioría das presentacións do grupo son realizadas no Hummingbird Centre.
  • A Canadian Opera Company, a principal ópera do país, está tamén estabelecida no Hummingbird Centre.

Deportes editar

 
Vista do Skydome.
  • Do lado da Torre CN, fica o SkyDome (nome oficial; Rogers Centre), un xigantesco estadio inaugurado en 1989, o primeiro cun teito totalmente retráctil, e casa dos Toronto Blue Jays (o principal equipo de béisbol de Toronto) e Toronto Argonauts (o principal equipo de fútbol canadense da cidade).
  • Na conxunción coa Bay Street, a York Street e a Vía Expresa Gardiner atópase o Air Canada Centre. É a casa do Toronto Raptors (o principal equipo de baloncesto da cidade) e do Toronto Maple Leafs (principal equipo de hóckey sobre xeo da cidade). Todos os equipos mencionados xogan nas principais ligas dos respectivos deportes na América do Norte.
  • O Hockey Hall of Fame, onde están homenaxeados os máis renomeados atletas do hóckey sobre xeo. Está ao lado do Air Canada Centre.

Lecer editar

Toronto posúe seis grandes e modernos centros comerciais. O máis coñecido deles é o Eaton Centre, localizado no centro da cidade, próximo á Nathan Phillips Scare, e un dos principais puntos turísticos da cidade. Outros grandes centros comerciais son o Yorkdale Mall, o Scarborough Town Centre, a Sherway Gardens e a Fairview Mall, todos con duascentas loxas ou máis. Varios outros de menor porte están espallados pola cidade.

  • O parlamento de Ontario localízase no Queen's Park.
  • Aínda que non sexa especialmente coñecida polo seu verde, Toronto posúe varios parques e praias. As dúas maiores áreas verdes da cidade son as Illas Toronto (con 230 hectáreas de tamaño), a Leslie Street Spit, con aproximadamente 200 hectáreas de tamaño).
  • O litoral do Lago Ontario conxélase durante os días máis fríos de inverno, tornándose máis unha atracción turística.

Transportes editar

Transporte público editar

O fornecemento de transporte público é de responsabilidade do TTC (Toronto Transit Control), que controla as redes de autobuses, tranvías e metro que operan dentro da cidade. O sistema de transporte público de Toronto é un dos máis autosuficientes da América do Norte, xerando preto de 81% dos ingresos necesarios para o seu funcionamento. Mesmo así, este sistema recibiu fondos insuficientes do municipio nos últimos anos, o que causou unha caída na súa eficiencia.

Hai aproximadamente 375 liñas de autobús servindo a cidade. O sistema de metro da cidade posúe 70 km de extensión e un total de 80 estacións, espalladas en 4 liñas diferentes. Foi o primeiro sistema de metro do Canadá, tendo sido inaugurado en 1954.

O sistema de transporte público de Toronto está totalmente integrado. Cerca de 1,3 millón de persoas usan este sistema diariamente.

Autovías editar

 
Vista da Autovía Macdonald-Cartier e do trevo rodoviario formado xuntamente coa Leslie Street.

Aínda que a rede de autovías de Toronto non sexa tan extensa e eficiente como as localizadas en varias das grandes cidades norteamericanas, ou como a de Montreal, Toronto posúe algunhas autovías que serven Toronto e outras cidades veciñas. Existen no total nove, que xuntas totalizan aproximadamente 75 quilómetros de extensión.

A Autovía Don Valley conecta os barrios da rexión norte e da rexión leste da cidade co centro da cidade, en canto que a Gardiner conecta barrios do oeste da cidade co centro. A Don Valley termina na Macdonald-Cartier. Continúa indo ao norte como Autoestrada Provincial de Ontario 404, conectando os barrios no extremo norte e varias das cidades da Rexionalidade Municipal de York. A Gardiner termina na Autoestrada Provincial de Ontario 427, e continúa indo a oeste como a Queens Elizabeth Way, pasando por Mississauga, Oakville, Hamilton, Saint-Catherines, Niagara Falls e terminando en Buffalo, no estado de Nova York.

A Autovía Macdonald-Cartier, ou Autoestrada Provincial de Ontario 401, que conecta Windsor ata o extremo leste do Ontario (continuando despois no Quebec como a Autoestrada 20, ata Rimouski), pasa por Toronto. O treito desta autovía na cidade, entre Mississauga ata Oshawa, é o máis movido do mundo (e tamén un dos máis conxestionados).

A Autovía Provincial de Ontario 400 conecta Barrie coa cidade de Toronto, terminando na Macdonald-Cartier. A Autoestrada Provincial de Ontario 427 é a segunda máis concorrida da América do Norte, conectando a Gardiner e a Queensway coa Macdonald-Cartier, ata o extremo norte da Municipalidade Rexional de York e de Peel. Gran parte do seu traxecto serve como unha fronteira entre Toronto e a Municipalidade Rexional de Peel, e entre Peel e York. No camiño, a Autoestrada Provincial de Ontario 409, que comeza na Macdonald-Cartier, pasando pola 427 e terminando no Aeroporto Internacional de Toronto. A Macdonald-Cartier tamén pasa pola Autovía Allen.

A Autoestrada Provincial de Ontario 407 non opera dentro de Toronto, mais é unha autovía primaria na Rexión Metropolitana de Toronto. É de peaxe, que se cobra electronicamente e de forma automática cando un automóbil entra na autoestrada, a través de cámaras que rexistran a placa de licenza do vehículo.

Ferrocarrís editar

 
A Union Station.

Toronto é servida por preto de 175 km de vía férrea. A cidade dispón dun número de estacións de trens para locomoción entre as cidades que compón a rexión metropolitana de Toronto, e dunha estación central, a Union Station, localizada no centro da cidade. Esta estación, construída no século XIX, é ao mesmo tempo unha das estacións máis concorridas do metro de Toronto, e atende tamén dúas liñas de tranvía.

Os trens da GO Transit, tendo como principal base de operacións a Union Station, ofrece viaxes interurbanas en horarios regulares entre o centro de Toronto e os seus barrios máis distantes, ben como outras cidades que fan parte da Rexión Metropolitana de Toronto.

Aeroportos editar

Toronto posúe dous aeroportos dentro da cidade propiamente dita, e un total de oito na súa rexión metropolitana.

O principal aeroporto da cidade é o Aeroporto Internacional Lester B. Pearson (YYZ), que non se localiza en Toronto mais si na cidade veciña de Mississauga. É o cuarto aeroporto internacional máis concorrido de todo o continente americano, e o de maior tráfego aéreo internacional en dirección aos Estados Unidos de América.

 
Vista do Aeroporto Rexional de Toronto.

A cidade posúe dous aeroportos dentro dos seus límites municipais. Un deles é o Aeroporto Rexional de Toronto (YTZ), localizado nas Illas Toronto, e serve primariamente aos voos da aviación xeral, aínda que a Air Canada Jazz, unha subsidiaria da Air Canada, opere un voo entre o aeroporto e Otava. Está conectado ao continente a través dun transbordador que serve libremente os pasaxeiros da liña aérea. O segundo aeroporto é a "Base Aérea Downsview" (C.F.B. Downsview), localizado en North York, que serve como unha base militar da Forza Aérea do Canadá, ben como unha base de probas para o fabricante de avións Bombardier.

O Aeroporto Internacional de Hamilton é un aeroporto que serve como alternativa ao Lester B. Pearson. Non está localizado propiamente na Rexión Metropolitana de Toronto, mais si en Hamilton, localizado a 85 quilómetros suroeste de Toronto, sendo unha base para liñas aéreas de baixo custo e voos charter.

Outros aeroportos na Rexión Metropolitana de Toronto, que serven apenas a voos da aviación civil, están localizados en Buttonville, Markhan, Oshawa, Brampton e Burlington.

 
Vista da balsa que conecta Toronto coas Illas Toronto.

Voos con hidroplanos xa foron operados entre Toronto e a rexión das Cataratas do Niágara. Este servizo xa non existe máis.

Porto e transbordadores editar

O porto de Toronto, próximo ao centro da cidade, move preto de 2 millóns de toneladas de carga por ano, a través de navíos de pequeno e medio porte. Para o recibimento de navíos de grande porte, Toronto fai uso do porto de Montreal (a través dunha conexión por ferrocarril).

O transporte entre Toronto e as Illas Toronto é feita a través de transbordadores. O servizo é fornecido polo Departamento de Parques e Recreación de Toronto.Os transbordadores diariamente percorren o treito entre a Bay Street e as illas, parando en tres delas.

Un servizo de transbordador, de pasaxeiros e de alta velocidade, entre Toronto e Rochester, Nova York, foi inaugurado en 17 de xuño de 2004. O navío foi apelidado de The Breece. Porén, este servizo foi suspenso despois de 11 semanas, cando a compañía que o operaba pasou a ter dificultades financeiras. O navío da compañía —anteriormente estebelecida en Toronto— foi comprado despois da quebra da compañía por unha subsidiaria do municipio de Rochester, e o navío volveu a operar na rota Toronto-Rochester o 30 de xuño de 2005, co apelativo The Cat.

Problemas actuais editar

Un dos sobrenomes de Toronto é Toronto The Good. Toronto de feito é unha das mellores cidades para vivir, segundo varias investigacións públicas e privadas. Por exemplo, Toronto posúe unha baixísima taxa de criminalidade para unha cidade dese tamaño. Para a Places Rated Almanac, Toronto é a rexión metropolitana máis segura da América do Norte. Porén, mesmo así, a cidade posúe os seus problemas, que están presentes en case toda grande cidade.

Abrigos e persoas sen teito editar

Os prezos de compra e manutención das residencias en xeral en Toronto é unha das maiores do Canadá. Unha casa con tres cuartos e 200 metros cadrados de área útil custa en media aproximadamente 350 000 dólares canadenses. Os prezos do alugamento tamén están gradualmente aumentando. A falta de residencias de baixo custo levou á un aumento de sen teito na cidade. Actualmente, o número de sen teito é de aproximadamente 10 mil, que son xeralmente desempregados, persoas con deficiencias mentais e adolescentes que fuxiron de casa.

O número de sen teito vivindo nas rúas da cidade, en gradual crecemento nos últimos anos, é un grande problema para a cidade (especialmente nos días de inverno, cando a temperatura pode caer ata -50 °C durante a noite, cando se inclúe o factor do vento). A morte dun sen teito en 2000 debido a unha noite de frío intenso incentivou a cidade a construír abrigos (en número insuficiente para atender a demanda) designados para atender as persoas sen teito, especialmente en días de frío intenso, mais facendo pouco alén disto.

Medio Ambiente editar

Toronto posúe serios problemas ambientais. As praias da cidade, ao longo do Lago Ontario, foron durante o século XIX moi populares entre a poboación da cidade. Porén, o crecemento da industria de manufacturación na cidade tornou as augas do litoral da cidade altamente perigosas para a saúde humana, por causa da polución. Durante a década de 1960 e a década de 1970, moitas das industrias contaminante da cidade foron clausuradas e actualmente varias das praias novamente son usadas por bañistas. Porén, mesmo así, a polución da auga continúa a ser un problema, e a cidade regularmente fai probas ás augas de todas as praias ao longo dos días de verán, fechando as que teñen altos niveis de polución.

Actualmente, todo o lixo producido pola cidade é exportada para o estado norteamericano de Míchigan, mais crecente oposición dos habitantes do estado americano fixeron con que a cidade expandise seu sistema de reciclaxe de lixo, e procurase lugares alternativos para disporse do lixo restante.

Criminalidade editar

Toronto posúe unha baixa taxa de criminalidade, con 1,3 homicidios por cada 100 mil habitantes. En comparación, Chicago, que posúe aproximadamente a mesma poboación de Toronto, ten 23,3 homicidios por cada 100 mil habitantes. Mesmo así, as taxas de criminalidade teñen aumentado nos últimos anos. En 2004 houbo en total 314 homicidios. A taxa de roubo na cidade é de 115 por cada 100 mil habitantes. O maior problema é a crecente presenza do tráfico ilegal de drogas na cidade e os enfrontamentos nocturnos (ás veces envolvendo tiroteo) entre bandas, que case sempre teñen que ver coas drogas e que acaban en feridos ou na morte de membros e/ou de persoas inocentes. Especialistas americanos en enfrontamentos de bandas foron contratados para minimizar estes problemas en áreas onde tales bandas xeralmente se enfrontan.

En 2005, a taxa de homicidios, que estaba en crecemento desde 1996, diminuíu. Ata o 29 de agosto de 2005, foron rexistrados un total de 48 homicidios, a gran maioría relacionados co tráfico de drogas. Porén, mesmo así, os habitantes da cidade consideran que Toronto xa non é unha cidade segura, especialmente nas rúas pola noite, local e horario onde a gran maioría dos homicidios acontecen.

Inmigración ilegal editar

Moitos inmigrantes que se instalan en Toronto son ilegais. A maioría deles son chineses, vietnamitas, poloneses e hispánicos en xeral —especialmente brasileiros e mexicanos—. Dos aproximadamente 5 mil brasileiros que viven en Toronto, entre 20% a 25% son ilegais. Moitos destes inmigrantes son atraídos por axentes que afirman pertencer á Axencia de Inmigración do Canadá, sendo que, de feito, non o son. Xeralmente, cobran millares de dólares e garanten entrada fácil e legal no país.

A Axencia de Inmigración do Canadá posúe coñecemento deste problema, mais segundo a revista Business Week e o xornal Toronto Sun, fan pouco porque estes inmigrantes son vitais nalgúns segmentos da economía da cidade como man de obra barata. Se todos os brasileiros ilegais fosen deportados, segundo o Toronto Sun, a industria de construción —onde a maioría dos brasileiros ilegais están empregados— colapsaría na cidade.

Rexión Metropolitana editar

 
Vista de satélite de Toronto e a súa rexión metropolitana.

As seguintes cidades fan parte da Rexión Metropolitana de Toronto:

Ao oeste editar

Municipalidade Rexional de Peel
Municipalidade Rexional de Halton

Ao norte editar

Municipalidade Rexional de York

Ao leste editar

Municipalidade Rexional de Durham
Norte: Vaughan, Markham, Richmond Hill
Oeste: Brampton, Mississauga Toronto Leste: Pickering, Ajax, Oshawa
Sur: Lago Ontario

Cognomes da cidade editar

  • T.O.
  • T-dot
  • The Big Smoke - debido á néboa e ao fume que por veces cobre a cidade; outras cidades na América do Norte tamén reciben este cognome.
  • Hogtown
  • Toronto the Good (Toronto o Bo) - Debido á moralidade vitoriana que imperaba na cidade durante o século XIX.
  • Hollywood North - Debido ao gran número de programas de televisión e filmes que son producidos na cidade.
  • The 416 - 416 é o código telefónico da cidade.
  • The Centre of the Universe ou The Centre of the Canadian Universe (O Centro do Universo [do Canadá]) - Nome usado, moitas veces con carácter desprezativo, por habitantes do oeste do Canadá.
  • Hockeytown - Debido á popularidade do hóckey sobre xeo na cidade, e ao Toronto Maple Leafs.

Véxase tamén editar