Joigny
Joigny é un concello francés situado no departamento do Yonne, que pertence á rexión da Borgoña.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Francia | ||||
Divisións administrativas | Francia Metropolitana | ||||
Rexións | Borgoña-Franco Condado | ||||
Departamento | Yonne | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 9.218 (2021) (197,51 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Situado na entidade territorial estatística | Q108921487 Q114361113 | ||||
Superficie | 46,67 km² | ||||
Bañado por | Río Yonne | ||||
Altitude | 96 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
Membro de | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 89300 | ||||
Fuso horario | |||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | ville-joigny.fr | ||||
Xeografía editar
Joigny atópase no centro do departamento do Yonne, a 27 km ao norte deAuxerre, a 30 km ao sur de Sens, a 75 km ao oeste de Troyes e a uns 140 km ao sueste de París. Pertencen ao concello uns 44,89 km², onde viven 10.032 persoas conforme o censo de 1999.
Historia editar
Joigny foi ocupado dende o neolítico e tamén en época romana, onde recibía o nome de Joviniacum. En época merovinxia iníciase a construción dunha praza forte no século X, por orde de Raynard o Vello, conde de Sens, que suporá o nacemento da cidade actual. A data de fundación oficial é 996.
Pouco máis se sabe dela en varios séculos de historia (un incendio a asolou en 1530), dunha cidade que pertencía á rexión de Champaña. A economía agraria tradicional tiña unha estrela particular, o viño, que foi a fonte da riqueza de Joigny ata a aparición da filoxera. Coa creación dos departamentos trala Revolución Francesa, Joigny pasa a pertencer á rexión de Borgoña, co grao de subprefectura, que perde en 1926.
Durante a segunda guerra mundial sofre diversos bombardeos, particularmente o centro histórico (a praza Saint-Jean, a porta Saint-Jean e a Casa do Bailío, que tivo que ser recnstruída).
Cidades irmás editar
Joigny está irmandada coa cidade (alemá) de Mayen, coa inglesa de Godalming, coa estadounidense de Hanover, coa italiana de Amelia e coa tamén francesa de Joigny-sur-Meuse, que se atopa no departamento de Ardenas.
Véxase tamén editar
- Marcel Aymé, escritor nado en Joigny o 29 de marzo de 1902