O Yonne é un río francés, afluente do Sena pola súa beira esquerda, no cal verte as súas augas despois de percorrer 293 km. Dá nome ao departamento de Yonne.

Río Yonne
o río Yonne o seu paso por Auxerre
PaísFrancia
NacementoLombas de Morvan
Lonxitude293 km
Conca10.887 km²
Caudal medio95 m³/s
DesembocaduraRío Sena
O Yonne en Auxerre

Curso editar

A fonte do Yonne está situada no departamento de Nièvre, nas lombas de Morvan a uns 730 m sobre o nivel do mar, cerca de Château-Chinon.

Des o departamento de Nièvre corre para noroeste escavando un profundo val con formacións calcáreas. Pasada a cidade de Auxerre, capital do departamento de Yonne, atravesa unha gran chaira, ensanchándose e tornándose navegábel. Conflúe co Sena en Montereau-Fault-Yonne.

Afluentes editar

Ten numerosos tributarios, entre os cales salientan o Armançon, o Cure e o Serein, todos eles pola dereita, e que superan os 150 km de lonxitude; os afluentes da marxe esquerda son máis curtos, cabe citar entre eles o río Vrin e o Tholon, que non chegan alcanzar os 40 km de curso. O caudal medio do Yonne é superior ao do Sena no punto de confluencia; o seu valor medio é de 95 m³/s.

Navegación e canles editar

 
Río Yonne.

O Yonne é navegábel nunha lonxitude de 108 km desde Auxerre até Montereau-Fault-Yonne, na unión co Sena. Ten 26 esclusas cun gálibo mínimo de 93 m por 8,30 m.

Está ligado ao Saona polo canal de Borgoña, que principia en Migennes, e comunica co río Loira por medio do canal do Nivernais, cuxo punto de partida está en Auxerre.

Cidades bañadas polo Yonne editar

Topónimo editar

O seu nome procede do celta Ica-Onna. Ica e Onna son dúas raíces hidronímicas.