John Nicholson nado en Auckland o 6 de outubro de 1941 e finado en Inglaterra o 19 de setembro de 2017[1] [2] foi un piloto de carreiras neozelandés. Participou en dous Grandes Premios do Campionato do Mundo de Fórmula 1, debutando o 20 de xullo de 1974. Non anotou puntos no campionato.

Infotaula de personaJohn Nicholson
Biografía
Nacemento6 de outubro de 1941 Editar o valor em Wikidata
Auckland, Nova Zelandia Editar o valor em Wikidata
Morte20 de setembro de 2017 Editar o valor em Wikidata (75 anos)
Inglaterra, Reino Unido Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeNova Zelandia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónenxeñeiro , piloto de automobilismo , piloto de Fórmula Un Editar o valor em Wikidata
EmpregadorMcLaren Editar o valor em Wikidata
Deporteautomobilismo Editar o valor em Wikidata
Participou en
24 Horas de Le Mans Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Nicholson foi o campión británico de Fórmula Atlantic de 1973 e 1974, usando un chasis de Lyncar[3] e no seu "traballo diario" era un enxeñeiro de motores de McLaren. Nicholson tamén traballou para Cosworth, Lotus e Embassy Hill, e preparou un motor Saab para o seu uso nun coche Reynard de Fórmula 3.[4]

Tralo seu éxito na Formula Atlantic, Nicholson encargou a Martin Slater de Lyncar que lle construíse un coche de Fórmula Un, malia que, a esta altura, establecera o seu propio negocio de construción de motores, o que significaba que non podía comprometerse a unha tempada completa de Grand Prix.[5] As súas participacións nas carreira, polo tanto, foron principalmente en carreiras fora do campionato. participou no Gran Premio do Reino Unido de 1974 e no Gran Premio do Reino Unido de 1975 e cualificouse para esta última carreira.[3] Clasificouse 17°, cinco voltas atrás, malia chocar na forte tormenta cara ao final da carreira. Nicholson posteriormente planeou un intento máis forte na Fórmula Un cun M23 privado pero a compra do chasis fracasou.[5] Continuou tanto na Fórmula 2 como na Formula 5000 en 1976 antes de competir na súa natal Nova Zelandia en xaneiro de 1977.

Logo de retirarse das carreiras, Nicholson dirixiu a súa atención deportiva ás carreiras de lanchas motoras e continuou cos seus intereses comerciais.


Resultados completos na Fórmula Un editar

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 Pos. Puntos
1974 Pinch (Plant) Ltd. Lyncar 006 Cosworth V8 ARX BRA RSA ESP BEL MON SWE NED FRA GBR
NSC
ALE AUT ITA CAN USA NC 0
1975 Pinch (Plant) Ltd. Lyncar 006 Cosworth V8 ARX BRA RSA ESP MON BEL SWE NED FRA GBR
17
ALE AUT ITA USA NC 0
Source:[5]

Notas editar

  1. Cooper, Adam (20 September 2017). "Obituary: John Nicholson, 1941–2017". motorsport.com. Consultado o 27 September 2017. 
  2. Jenkins, Richard. "The World Championship drivers – Where are they now?". OldRacingCars.com. Consultado o 29 de xullo de 2007. 
  3. 3,0 3,1 "CONSTRUCTORS: LYNCAR". grandprix.com. Consultado o 6 de maio de 2015. 
  4. "Brefs" [In brief]. Echappement (en French) (Paris, France: Michael Hommell) (198): 23. abril de 1985. 
  5. 5,0 5,1 5,2 Small, Steve (1994). The Guinness Complete Grand Prix Who's Who. Guinness. p. 269. ISBN 0851127029. 

Véxase tamén editar