Gran Premio dos Estados Unidos de 1974

O Gran Premio dos Estados Unidos de 1974 foi unha carreira de automobilismo de Fórmula Un, celebrada o 6 de outubro de 1974 no circuíto de Watkins Glen. Foi a 15ª carreira da tempada de Fórmula Un de 1974.

Gran Premio de Estados Unidos de 1974
Detalles da carreira
Carreira 15 de 15 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1974.
Trazado do circuíto de Watkins Glen
Trazado do circuíto de Watkins Glen
Data 6 de outubro 1974
Nome oficial XVII Gran Premio dos Estados Unidos
Localización Circuíto de Watkins Glen
Watkins Glen, Nova York, Estados Unidos
Percorrido Circuíto permanente
5´435 km
Distancia 59 voltas, 320´670 km
ClimaDespexado, tépedo
Pole position
Piloto Carlos Reutemann Brabham-Ford
Tempo 1:38.978
Volta rápida
Piloto Carlos Pace Brabham-Ford
Tempo 1:40.608 na volta 54
Podio
Primeiro Carlos Reutemann Brabham-Ford
Segundo Carlos Pace Brabham-Ford
Terceiro James Hunt Hesketh-Ford

Resumo da carreira editar

Carlos Reutemann gañou desde a pole, por diante do Brabham do seu compañeiro Carlos Pace, mentres que Emerson Fittipaldi foi cuarto conseguindo o seu segundo campionato do mundo en tres anos e o primeiro para o Equipo McLaren. O americano Mario Andretti, logo de clasificarse nunha excelente terceira posición, foi descualificado cando o motor do seu Parnelli se calou na grella de saída e o seu equipo empuxouno para arrincar.

Emerson Fittipaldi de McLaren e o Ferrari de Clay Regazzoni chegaron á última carreira da tempada, empatados no campionato de pilotos con 52 puntos, o Tyrrell de Jody Scheckter, con 45 puntos, tiña tamén unha remota posibilidade de alcanzar aos dous.

No principio do ano, Peter Revson, un dos cinco pilotos estadounidenses en gañar un Gran Premio, morrera nun accidente nunhas probas, pero o público americano tivo compatriotas Mario Andretti e Mark Donohue, e os dous pilotaron coches de fabricación estadounidense de equipos dos Estados Unidos .

Nos adestramentos previos á carreira, Clay Reggazoni tivo un grande accidente, no cal lesionouse unha perna, obrigando ademais a Ferrari a traer un novo chasis desde Italia, Jody Scheckter tamén necesitou un novo chasis, xa que destruíra o seu Tyrrell nun accidente no Gran Premio do Canadá. O único cambio na grella era o regreso de José Dolhem a Surtees, logo da pobre actuación de Derek Bell no Canadá, Eppie Wietzes non reapareceu no Brabham que correra en Mosport e Tim Schenken tomaría un dos problemáticos Lotus 76, mentres os pilotos titulares, Ronnie Peterson e Jacky Ickx, concentraríanse nos vellos Lotus 72. Os adestramentos comezarían con outro grande accidente, o cal deixou a Jean Pierre Beltoise cun óso roto no seu pé logo de destruír un dos novos BRM. O non tomaría parte das actividades. A Pole Position foi conseguida por Carlos Reutemann, (Brabham) seguido dun impresionante James Hunt no seu Hesketh, impresionante foi tamén a actuación de Mario Andretti, correndo co novo Parnelli, Carlos Pace co Brabham completou os catro primeiros. Despois viñan Lauda, Sheckter, Watson (cun Brabham privado) e os contendentes para o título, Fittipaldi e Reggazoni tras el. Os 10 primeiros completábanos J.P. Jarier no seu Shadow e Jaques Henri Laffite, que nunha boa actuación clasificou 11° ao seu mediocre Iso-Marlboro, notables tamén foron Chris Amon clasificando 12° co único BRM e Danny Hulme 17° no seu último gran premio. Ronnie Peterson veríase moi limitado co seu antigo Lotus 72 e se clasificaría 19°.

O domingo foi un día glorioso, claro e cálido. Na volta de quecemento, Andretti desenvolveu un fallo no encendido, e o inicio atrasouse 25 minutos mentres que o equipo apresurouse a resolver o problema. Mario tomou o seu lugar na grella, pero cando Tex Hopkins deixou caer a bandeira verde, o Parnelli quedo parado, e o resto de participantes tivo que evitalo. O seu equipo finalmente conseguiu arrincar o coche empuxándoo, pero Andretti veu a bandeira negra e quedou descualificado.

Desde o principio, Reutemann liderou por diante de James Hunt, Pace, Niki Lauda, Scheckter, Fittipaldi e Regazzoni. Aos poucos, a brecha entre Reutemann e Hunt ampliouse, e para o final da terceira volta, en loita polo terceiro lugar estaban Lauda, Sheckter e Fittipaldi, Reggazoni viña despois, aínda que ao cabo dalgunhas voltas o Ferrari comezou a experimentar problemas de dirección, o que lle fixo perder velocidade e ser adiantado por John Watson e Arturo Merzario, mentres tanto Fittipaldi seguía cos ollos postos en Sheckter.

Na volta 10, o debutante austríaco, era a súa segunda carreira, Helmut Koinigg sufriu o rebentón da roda traseira dereita do seu Surtees, estrelándose a gran velocidade contra a barreira de contención na popular curva da bota. Debido á gran violencia do impacto a barreira partiuse e acabou decapitando mortalmente ao talentoso novato. John Surtees retirou a José Dolhem cando a triste noticia chegou aos pits, logo deste accidente, Firestone retirouse da Fórmula 1 para sempre, debido ao accidente de Koinigg.

Malia todo a carreira continuou con Reutemann liderando por diante de Hunt, Pace, Sheckter e Fittipaldi, Reggazoni entrou a pits para cambiar pneumáticos, o cal non mellorou o manexo do seu Ferrari. Continuaría na pista polo resto da tarde, pero as súas esperanzas de gañar o título xa eran historia, ata se Fittipaldi non terminase. Cara á metade da carreira Lauda comezou a sufrir problemas de manexo, sendo adiantado por Sheckter, Fittipaldi e Merzario. A súa carreira terminou na volta 39 con problemas na suspensión. Hunt comezou a ter problemas e Carlos Pace comezou a achegarse, quitándolle o segundo posto a catro voltas do final, dándolle a Brabham un 1-2. James Hunt finalizou terceiro, mentres que Emerson Fittipaldi asegurou a súa volta na volta 45, cando Jody Scheckter retirouse cun problema no tanque de combustible do seu Tyrrell, dándolle ao piloto de McLaren 3 puntos. Merzario tamén abandonou dándolle o quinto posto a Watson, Patrick Depailler (tyrrell) completou os puntos.

Clasificación editar

Pos Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos
1 7   Carlos Reutemann Brabham-Ford 59 1:40:21.439 1 9
2 8   Carlos Pace Brabham-Ford 59 + 10.735 seg 4 6
3 24   James Hunt Hesketh-Ford 59 + 1:10.384 2 4
4 5   Emerson Fittipaldi McLaren-Ford 59 + 1:17.753 8 3
5 28   John Watson Brabham-Ford 59 + 1:25.804 7 2
6 4   Patrick Depailler Tyrrell-Ford 59 + 1:27.506 13 1
7 33   Jochen Mass McLaren-Ford 59 + 1:30.012 20
8 26   Graham Hill Lola-Ford 58 + 1 volta 24
9 15   Chris Amon BRM 57 + 2 voltas 12
10 17   Jean-Pierre Jarier Shadow-Ford 57 + 2 voltas 10
11 11   Clay Regazzoni Ferrari 55 + 4 voltas 9
12 27   Rolf Stommelen Lola-Ford 54 + 5 voltas 21
Ret 1   Ronnie Peterson Lotus-Ford 52 Sistema combustible 19
NC 22   Mike Wilds Ensign-Ford 50 Non clasificado 22
NC 16   Tom Pryce Shadow-Ford 47 Non clasificado 18
Ret 3   Jody Scheckter Tyrrell-Ford 44 Sistema combustible 6
Ret 20   Arturo Merzario Iso Marlboro-Ford 43 Eléctrico 15
Ret 12   Niki Lauda Ferrari 38 Suspensión 5
Ret 21   Jacques Laffite Iso Marlboro-Ford 31 Motor 11
Ret 66   Mark Donohue Penske-Ford 27 Suspensión 14
Ret 18   José Dolhem Surtees-Ford 25 Abandono 26
Ret 10   Vittorio Brambilla March-Ford 21 Sistema combustible 25
Ret 19   Helmuth Koinigg Surtees-Ford 9 Accidente mortal 23
Ret 2   Jacky Ickx Lotus-Ford 7 Suspensión 16
DSC 31   Tim Schenken Lotus-Ford 6 Descualificado 27
DSC 55   Mario Andretti Parnelli-Ford 4 Descualificado 3
Ret 6   Denny Hulme McLaren-Ford 4 Motor 17
NSC 9   Hans Joachim Stuck March-Ford
NSC 42   Ian Ashley Brabham-Ford
NSC 14   Jean-Pierre Beltoise BRM

Opcións editar

  • Tres pilotos chegaron a rolda final cunha oportunidade de gañar o campionato, por primeira vez en 10 anos.
    • Emerson Fittipaldi (52 pts) necesitaba:
      • Terminar cuarto, e por diante de Regazzoni
      • Acabar quinto ou sexto, con Scheckter segundo ou peor e Regazzoni detrás del.
      • Terminar fóra dos puntos, con Scheckter segundo ou peor e Regazzoni fora dos puntos.
    • Clay Regazzoni (52 pts) necesitaba:
      • Terminar terceiro, e por diante de Fittipaldi
      • Acabar quinto ou sexto, con Scheckter segundo ou peor e Fittipaldi detrás del
    • Jody Scheckter (45 pts) necesitaba:
      • Ser primeiro, con Regazzoni cuarto ou peor e Fittipaldi quinto ou peor
  • McLaren-Ford e Ferrari chegaron a esta carreira cunha oportunidade de gañar o Campionato de Construtores.
    • McLaren-Ford (69 pts) necesitaba:
      • Ser primeiro ou segundo
      • Ser terceiro, e o mellor Ferrari segundo ou peor
      • O mellor Ferrari terceiro ou peor
    • Ferrari (65 pts) necesitaba:
      • Ser primeiro co mellor McLaren terceiro ou peor
      • Ser segundo, co mellor McLaren sexto ou peor

Posicións logo da carreira editar

  • Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación. Só os 7 mellores resultados das primeiras 8 roldas e os 6 mellores resultados das últimas 7 roldas contan para o campionato. Os números sen paréntese son os puntos do campionato, os números entre paréntese son o total de puntos anotados.


Carreira anterior:
Gran Premio do Canadá de 1974
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 1974
Carreira seguinte:
Gran Premio da Arxentina de 1975
Carreira anterior:
Gran Premio dos Estados Unidos de 1973
Gran Premio dos Estados Unidos Carreira seguinte:
Gran Premio dos Estados Unidos de 1975

Notas editar

Bibliografía editar

  • Doug Nye (1978). The United States Grand Prix and Grand Prize Races, 1908-1977. B. T. Batsford. ISBN 0-7134-1263-1
  • "16th U.S. Grand Prix: Reutemann Wins, Fittipaldi Is Champion". (xaneiro de 1975). Road & Track, 108-111.

Ligazóns externas editar