Joaquín Losada Filgueira

funcionario e político galego

Joaquín Losada Filgueira, nado no Carballiño en 1899 e finado na Pobra de Trives o 2 de agosto de 1936, foi un funcionario e político galego.

Infotaula de personaJoaquín Losada Filgueira
Biografía
Nacemento1899 Editar o valor em Wikidata
O Carballiño, España Editar o valor em Wikidata
Morte2 de agosto de 1936 Editar o valor em Wikidata (36/37 anos)
A Pobra de Trives, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfuncionario , político Editar o valor em Wikidata

Galiciana: 355674

Traxectoria editar

Familiar de Antón Losada Diéguez. Oficial do Concello do Carballiño. Estivo na directiva da sociedade Cultural Deportiva do Carballiño xunto con Bernardo Castro.[1] Colaborou na revista Nós. Dirixente da Casa do Pobo, apoderado de Izquierda Republicana nas eleccións de febreiro de 1936, e moi activo durante os actos do primeiro de maio de 1936 e nas folgas de solidariedade convocadas en protesta polos asasinatos dos militantes comunistas de Ourense e Punxín.

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 actuou como delegado gobernativo en Ribadavia ás ordes do gobernador civil Gonzalo Martín March.[2] Foi detido a finais de xullo e ingresou na prisión do Carballiño. Foi trasladado o día 2 de agosto en compañía de Aquilino Sánchez Rodríguez cara Ourense. Chegados á prisión provincial incorporóuselles Francisco Paradela Núñez e os tres son conducidos por un grupo de falanxistas á cadea de Viana do Bolo. Os milicianos deixaron a Aquilino Sánchez na prisión de Trives e continuaron cos outros dous que foron asasinados nas proximidades dos Codos de Larouco (A Pobra de Trives). Parece que Joaquín foi asasinado esa mesma noite do 2 de agosto de 1936, aínda que puido ser unha semana despois.

Notas editar

  1. El Pueblo Gallego, 15-12-1926, p. 2.
  2. Prada Rodríguez, Julio (2004). Ourense, 1936-1939. Alzamento, guerra e represión. Sada: Do Castro. p. 245. ISBN 978-84-8485-157-8. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar