Gonzalo Martín March

Gonzalo Martín March, nado en Ourense en 1897 e finado na mesma cidade o 17 de setembro de 1936, foi un mestre e político galego.

Infotaula de personaGonzalo Martín March

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1897 Editar o valor em Wikidata
Ourense, España Editar o valor em Wikidata
Morte17 de setembro de 1936 Editar o valor em Wikidata (38/39 anos)
Ourense, España Editar o valor em Wikidata
Causa da morteFerida por arma de fogo Editar o valor em Wikidata
Gobernador civil Provincia de Ourense
1936 – 1936
Alcalde de Marín
1931 – 1931
Gobernador civil da provincia de Ourense
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre , político Editar o valor em Wikidata
Partido políticoOrganización Republicana Gallega Autónoma
Izquierda Republicana Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Foi profesor da Academia preparatoria do Instituto de Pontevedra. Militou na ORGA-FRG e posteriormente en Izquierda Republicana. Foi membro do triángulo masónico Solón de Marín. Durante a Segunda República foi alcalde de Marín en 1931. En 1936 foi nomeado gobernador civil de Ourense.

Nos días da sublevación militar de xullo de 1936 conseguiu fuxir de Ourense a Pontevedra, pero foi detido e estivo preso no Instituto de Pontevedra. Xulgado en consello de guerra sumarísimo, foi acusado de traizón e condenado a morte. No proceso, Martín March declárase autor de todo o sucedido en Ourense para evitar o movemento militar, e di que “si su vida es un obstáculo para la paz que se la ofrenda a España”. Foi fusilado o 17 de setembro negándose a recibir os auxilios relixiosos. Foille incoado expediente de responsabilidades políticas.


Predecesor:
José Alcántara Fernández
  
Alcalde de Marín
 
1931
Sucesor:
Agustín Rey Fonseca

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar