João Guisan
escritor galego
João Carlos Guisan Seixas, nado na Coruña o 3 de marzo de 1957, é un escritor galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1957 (66/67 anos) A Coruña, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | escritor , actor |
Lingua | Lingua galega |
Traxectoria editar
Realizou estudos de arte dramática, escenografía e medios audiovisuais. Foi membro fundador da Escola Dramática Galega e da Associaçom Galega da Língua e actor en diversos grupos teatrais. Traballou tamén como escritor e locutor para RNE en Galicia e realizador na Televisión Española e na Televisión de Galicia.
Actualmente é profesor de portugués na Escola Oficial de Idiomas da Coruña.
Obra editar
Teatro editar
- Um cenário chamado Frederico, 1985, Cadernos da Escola Dramática Galega.
- Teatro Para Se Comer, 1997, Laiovento.
- A tabúa ocre de núbia ou o significado da vida, 1998, Teatro do Noroeste, Viana do Castelo.
Narrativa editar
Ensaio editar
- Isto é um livro. Projecto dicionário vivo, 2003, Laiovento.
Obras colectivas editar
- Número de patente. Querido Brais. A figueira, 1978, Ediciós do Castro.
Traducións editar
- Poseídos. Ensayos de Etnopsiquiatría Gallega, de Marcial Gondar e Emilio González, Laiovento.
Premios editar
- Gañador do Premio Modesto R. Figueiredo no 1977, por Número de patente.
- Gañador do Premio Eixo Atlântico de Textos Dramáticos no 1998, por A tábua ocre de Núbia.
Notas editar
- ↑ A primeira edición levaba por título Orixe certa do faro de Alexandría e outros contos. Na edición de 1983 publicada por tcd o autor adoptou outra ortografía e mudou o título.