Viana do Castelo é un concello portugués, capital do Distrito de Viana do Castelo, na rexión Norte e subrexión do Miño-Lima.

Modelo:Xeografía políticaViana do Castelo
Imaxe

Localización
Mapa
 41°42′N 8°50′O / 41.7, -8.83Coordenadas: 41°42′N 8°50′O / 41.7, -8.83
EstadoPortugal
DistritosDistrito de Viana do Castelo Editar o valor em Wikidata
Capital de
Contén a división administrativa
Afife (pt) Traducir
Alvarães (pt) Traducir
Amonde (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata../... 27+
Poboación
Poboación88.725 (2011) Editar o valor em Wikidata (278,12 hab./km²)
Xeografía
Superficie319,02 km² Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Día festivo
Santo padrónSanta María Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal4904 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico258 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina webcm-viana-castelo.pt Editar o valor em Wikidata

Demografía editar

O concello ten 314,36 km² de área e preto de 46.750 habitantes no seu núcleo urbano e 83.000 en todo o municipio, subdividido en 40 parroquias.[1]

Xeografía editar

O concello limita ao norte con Caminha, ao sur con Barcelos, ao leste con Ponte de Lima e Esposende, e ao oeste co océano Atlántico.

Freguesías editar

As freguesías de Viana do Castelo son:[2]

Afife, Alvarães, Amonde, Anha, Areosa, Barroselas, Cardielos, Carreço, Carvoeiro, Castelo do Neiva, Chafé, Darque, Deão, Deocriste, Freixieiro de Soutelo, Lanheses, Mazarefes, Meadela, Meixedo, Monserrate, Montaria, Moreira de Geraz do Lima, Mujães, Neiva, Nogueira, Outeiro, Perre, Portela Susã, Santa Marta de Portuzelo, (anteriormente Portuzelo), Santa Leocádia de Geraz do Lima, Santa Maria de Geraz do Lima, Santa Maria Maior, Serreleis, Subportela, Torre, Vila de Punhe, Vila Franca, Vila Fria, Vila Mou e Vilar de Murteda.

Historia editar

As orixes do poboamento remóntanse a antes da era cristiá, existindo ruínas dun castro ou citania no outeiro de Santa Luzia. Recibiu o seu primeiro foro de mans de Afonso III de Portugal en 1258, e o nome de Viana da Foz do Lima en razón da súa localización xeográfica (na foz do río Lima).

Após a aclamación de Xoán I de Portugal polas cortes de Coímbra, Nuno Álvares Pereira fixo unha viaxe diplomática, militar e de peregrinación a Santiago de Compostela, durante a que tomou o castelo do Neiva, hoxe desaparecido e reaproveitadas as súas pedras. Segundo a lenda, o castelo (que dá nome a unha das freguesías de Viana) era duro e ben defendido pero unha frecha alcanzou certeira e case milagreiramente ao alcaide, o que provocou a rendición do sitio; o episodio é conmemorado na actualidade na feira medieval de Viana do Castelo.[3]

En 1848 Viana foi elevada a cidade por decreto de María II de Portugal, tendo visto entón a súa designación alterada de Viana da Foz do Lima para Viana do Castelo.

No século XX foi un dos máis importantes portos da pesca de bacallau.[4]

Cultura editar

 
Santuario Diocesano do Sagrado Corazón de Xesús – Monte de Santa Luzia
 
Praça da República: centro histórico de Viana do Castelo
 
Museu do Traxe en Viana do Castelo

Na cidade, que creceu ao longo do río Lima, pódense ver edificios de estilos renacementista, manuelino, barroco e modernista (Art déco). No entramado urbano destaca o centro histórico, que forma un círculo delimitado polos restos das antigas murallas. Hai ruelas con arterias maiores que dan ao río Lima. Destacan a antiga Igrexa Matriz (catedral dende 1977), que data do século XV, destacan a Capela da Misericórdia (século XVI), a Capela das Almas, e o antigo edificio do Concello, na Praça da República (antiga Praça da Rainha). Este conta cunha fonte xafariz de granito con dobre pía e estanque, construída por Joán Lopes o Vello e rematada por João Lopes, Filho en 1559.

Fóra do centro da cidade, no alto do Monte de Santa Luzia, érguese o Santuario Diocesano do Sagrado Corazón de Xesús. A súa construción comezou en 1903, inspirada na Basílica do Sagrado Corazón de París. Desde ela pódese gozar dunha ampla vista sobre a cidade, a ría do río Lima e o mar.

Patrimonio editar

Algúns dos elementos patrimoniais máis destacados de Viana do Castelo son:

Cultura popular e deportes editar

O Sport Clube Vianense dedícase a promover o fútbol. A Escola Desportiva de Viana promove a natación, piragüismo, o hockey a patíns e outros deportes. A cidade é tamén sede da Associação Juventude de Viana de hóckey a patíns.

Forma parte do Camiño Portugués e foi o lugar de nacemento de Cláudio Basto e Quim Barreiros.

Notas editar

  1. "Viana do Castelo – Distrito" (en portugués). Consultado o 2022-04-23. 
  2. "Viana do Castelo – Freguesias" (en portugués). Consultado o 2022-04-23. 
  3. Andreia Ferreira (2018-08-08). "Passagem de D. Nuno Álvares Pereira por Castelo do Neiva retratada em Feira Medieval". Altominho.tv (en portugués). Consultado o 2022-04-23. 
  4. SILVA, A. J. M. (2015), The fable of the cod and the promised sea. About portuguese traditions of bacalhau, in BARATA, F. T- and ROCHA, J. M. (eds.), Heritages and Memories from the Sea, Proceedings of the 1st International Conference of the UNESCO Chair in Intangible Heritage and Traditional Know-How: Linking Heritage, 14-16 January 2015. University of Evora, Évora, pp. 130-143. PDF version

Véxase tamén editar