Jesús González Ferreiro
Julio Jesús González Ferreiro, nado en Negreira cara a 1916 e finado no mesmo concello o 3 de maio de 1984,[1] foi un médico e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1916 Negreira, España |
Morte | 3 de maio de 1984 (67/68 anos) Negreira, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | médico , político |
Lingua | Lingua castelá |
Traxectoria editar
Iniciou os estudos de Medicina na Universidade de Santiago de Compostela en 1932.[2] Militante da Juventudes Socialistas Unificadas. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado en Santiago de Compostela por auxilio á rebelión o 30 de marzo de 1937 xunto con outros 31 veciños do partido xudicial de Negreira,[3] foi condenado a pena de morte, que lle foi conmutada por cadea perpetua. En 1947 volveu ser detido, xulgado e condenado a tres anos de prisión. Foi médico municipal de Brión nos anos sesenta.[4] Militante do PCG, nas primeiras eleccións democráticas promoveu e encabezou a Agrupación Democrática Independiente de Negreira que obtivo catro concelleiros.[5] Nas eleccións municipais de 1983 encabezou a candidatura ADI que obtivo dous concelleiros.
Vida persoal editar
Casou con Socorro Framil Martínez e foi pai de Blanca María, María Isabel e Juan Francisco González Framil.
Notas editar
Véxase tamén editar
Bibliografía editar
- Liñares Giraut, X. Amancio (1993). Do Castro, ed. Negreira na guerra do 36. Sada. ISBN 84-7492-656-4.
Outros artigos editar
Ligazóns externas editar
- Jesús González Ferreiro na páxina web Nomes e Voces.