Gladys Georgianna Greene, nada en Plattsburgh, Nova York, o 17 de outubro de 1900 e finada en Carmel-by-the-Sea, California, o 19 de xuño de 1991,[1] foi unha actriz estadounidense, coñecida como Jean Arthur.

Infotaula de personaJean Arthur

(1939) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Gladys Georgianna Greene Editar o valor em Wikidata
17 de outubro de 1900 Editar o valor em Wikidata
Plattsburgh, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte19 de xuño de 1991 Editar o valor em Wikidata (90 anos)
Carmel-by-the-Sea, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Causa da morteInsuficiencia cardíaca Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz de cinema , actriz de teatro , profesora universitaria , actriz de televisión Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1923 Editar o valor em Wikidata -
EmpregadorVassar College (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoWéstern Editar o valor em Wikidata
AlumnosMeryl Streep Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm0000795 Allocine: 1741 Rottentomatoes: celebrity/jean_arthur Allmovie: p2459 TCM: 6045 IBDB: 30203
WikiTree: Greene-6416 Find a Grave: 1923 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Arthur debutou no cinema mudo co filme Cameo Kirby (1923), de John Ford, e despois protagonizou algúns outros filmes. Tomou o seu nome artístico dos seus dous grandes heroes, Xoana de Arco ("Jeanne d'Arc") e o rei Artur ("Arthur").[2] Coa chegada do sonoro, a súa peculiar voz nasal converteuna en estrela. En 1935, traballou xunto con Edward G. Robinson no filme The Whole Town's Talking, tamén de John Ford, co que comezou a facerse popular.

En 1936, tivo como compañeiro a Gary Cooper en Mr. Deeds Goes to Town, dirixido por Frank Capra[3] e en 1939 foi a protagonista doutro filme de Capra, Mr. Smith Goes to Washington, que serviu para consolidar a súa carreira. En 1943 foi candidata ao Óscar á mellor actriz polo seu papel en The More the Merrier, de George Stevens.[4]

A súa carreira comezou a decaer a mediados da década de 1940 e retirouse da escena.[5] En 1948, protagonizou A Foreign Affair, e finalmente o seu derradeiro papel foi nun clásico do western, Raíces profundas (1953), que foi o seu único filme en cor.[6]

Tras retirarse dedicouse ao ensino da interpretación no Vassar College. Regresou brevemente á interpretación na década de 1960 ao interpretar unha comedia televisiva.[7]

Jean Arthur faleceu nunha residencia de anciáns de Carmel, California, por mor dun fallo cardíaco. Tiña 90 anos e vivía retirada coidando o seu xardín dende había 35 anos.[8][7] A petición expresa súa non houbo cerimonia funeraria.[8] Foi incinerada e as súas cinzas foron esparexidas na costa de Punta Lobos, California.[9]

Vida persoal editar

O primeiro matrimonio de Arthur, co fotógrafo Julian Anker en 1928, foi anulado o día seguinte.[10] Casou co produtor Frank Ross Jr. en 1932. Divorciáronse en 1949.[7] Non tivo descendencia.

Filmografía editar

Notas editar

  1. "Jean Arthur | American actress". Encyclopedia Britannica (en inglés). Consultado o 2017-10-22. 
  2. Modelo:Cite ANB
  3. Oller 1997, p. 85-86.
  4. "The 16th Academy Awards". Academy of Motion Picture Arts and Sciences. Arquivado dende o orixinal o 15 de xullo de 2015. Consultado o 15 de xullo de 2015. 
  5. Morgan, Kim (2020-05-05). "Jean Arthur, the Nonconformist". The Criterion Collection (en inglés). Consultado o 2020-05-16. 
  6. Anthony, Elizabeth. "Jean Arthur at Screen Classics." Reelclassics.com, 21 de xullo de 2010. Consultado o 14 de agosto de 2010.
  7. 7,0 7,1 7,2 Sarvady et al. 2006, p. 17.
  8. 8,0 8,1 "Actress Jean Arthur Dies Wednesday". Tyrone Daily Herald. 20 de xuño de 1991. p. 3. Consultado o 30 de xuño de 2015 – vía Newspapers.com. 
  9. Brooks, Patricia; Brooks, Jonathan (2006). Laid to Rest in California: A Guide to the Cemeteries and Grave Sites of the Rich and Famous. Globe Pequot. pp. 313–314. ISBN 0-762-74101-5. 
  10. Oliver, Myrna. "Jean Arthur Dies; Comedy Film Star of the '30s and '40s." Articles.latimes.com, 20 de xullo de 1991. Consultado o 14 de agosto de 2010.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar