Ismael González Díaz

cineasta e escritor galego

Ismael González Díaz, nado no Barón (O Carballiño) o 24 de outubro de 1939 e finado en Móstoles o 25 de xullo de 2015, foi un cineasta e escritor galego.

Infotaula de personaIsmael González Díaz
Biografía
Nacemento4 de outubro de 1939 Editar o valor em Wikidata
O Barón, España Editar o valor em Wikidata
Morte25 de xullo de 2015 Editar o valor em Wikidata (75 anos)
Móstoles, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor , poeta , director de cinema Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0328221 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Naceu na parroquia de San Fiz do Barón, nome que empregaría na súa carreira artística como pseudónimo (Féliz Varón). De familia republicana marchou co pai ao exilio á Arxentina. Posteriormente emigrou a Caracas onde proseguiu diversos empregos que o foron encamiñando cara á cinematografía: vendedor ambulante, auxiliar de publicidade e finalmente xefe de departamento na distribuidora de filmes Salvador Cárcel C.A. Neste posto traballa en contacto co mundo da distribución, pois a compañía venezolana actuaba como representante no país da United Artists e doutras produtoras mexicanas e europeas.

Durante este tempo exerceu como xornalista en diferentes medios escritos, radiofónicos e televisivos de Venezuela. Traballou como correspondente en Cuba, durante os anos da revolución cubana, onde coñeceu os irmáns Fidel e Raúl Castro, Che Guevara e Camilo Cienfuegos. Posteriormente marchou a Nova York para traballar para a United Artists e a Screen Plays Inc., a produtora de Stanley Kramer.

En 1962 instalouse de novo en España, plenamente dedicado ao negocio da produción e distribución cinematográfica, onde fundou empresas como Cocinex, Ars Films, Catro G, e Ismael González Producciones Cinematográficas. Tamén fundou unha empresa de subtitulaxe. Traballou na produción, dirección e escrita de filmes de cine durante tres décadas e deixou sen rematar o proxecto de rodar un filme sobre a novela Memorias dun neno labrego[1].

Tamén dedicou boa parte dos seus últimos anos á escrita, tanto de novela e relato, como de poesía e de ensaio. Ademais do seu labor asociado ao cinema, en Venezuela foi un dos fundadores do sindicato da construción SUTIC e da Asociación de Xornalistas Venezolanos.

Filmografía editar

A partir de establecerse en España traballou como produtor, guionista e mesmo director, especialmente de curtametraxes documentais. Nalgúns casos estas producións tocaron temas galegos, como o mosteiro de Oseira, Lugo ou os escritores Rosalía de Castro ou Curros Enríquez.

Porén, a comezos da década dos oitenta centrouse sobre todo no cinema erótico e pornográfico, con longametraxes que producía, escribía e dirixía.

Longametraxes como produtor editar

Como guionista editar

Curtametraxes editar

Longametraxes editar

  • Fray Dólar (1970)
  • Existió otra humanidad (1977)
  • Gamiani (1981)
  • La canción de los niños (1982)
  • Al sur del edén (1982)
  • El orgasmo y el éxtasis (1982), baixo o pseudónimo de Féliz Varón.
  • Los pornoaficionados (1982), baixo o pseudónimo de Féliz Varón.
  • Yo amo a Hitler (1984), baixo o pseudónimo de Féliz Varón.
  • Escuela de grandes putas (1985)
  • Os Galegos (1990)
  • 'O' de amor (1995)

Como director editar

Curtametraxes editar

  • Mis canciones a España (1966)
  • Venezuela canta en España (1967)
  • Érase una vez un pajarillo (1969)
  • Cristo en la tierra (1969)
  • Pizarro, la conquista del Perú (1970)
  • Navidad en la aldea (1970)
  • Viaje musical por América (1970)
  • Un español en el Rin (1972)
  • Lugo, la ciudad museo (1972)
  • La tierra donde nacían los conquistadores (1972)
  • Museo naval (1975
  • Elkano, el hombre que dio la primera vuelta al mundo (1975)
  • Milagro en El Palmar (1976)
  • Mensaje a las estrellas (1976)
  • Arte precolombino en el Perú (1976)
  • Arte del tejido en el Antiguo Perú (1976)
  • Neira Vilas: Memorias dun neno labrego (2002)

Longametraxes editar

  • Gamiani (1981)
  • La canción de los niños (1982)
  • Al sur del edén (1982)
  • El orgasmo y el éxtasis (1982), baixo o pseudónimo de Féliz Varón.
  • Los pornoaficionados (1982), baixo o pseudónimo de Féliz Varón.
  • Yo amo a Hitler (1984), baixo o pseudónimo de Féliz Varón.
  • Escuela de grandes putas (1985)
  • Sexos húmedos al sol (1985)
  • Dulces coitos in Blue (1985)
  • Os Galegos (1990)
  • 'O' de amor (1995)

Obra literaria editar

Entre os seus libros, ademais dos guións cinematrográficos, figuran varios volumes de poesía e de documentación.

Poesía editar

  • Algo que siempre quise decir y ahora digo: dos sucesos y algo así como siete poemas de tiempos de la represión franquista (1977)
  • La dama de Elche (1982)
  • Poemario (autoedición, 1982)

Narrativa editar

  • El duende ilustrado (Alén-Miño, 2003)
  • Impopulares cuentos (Alén-Miño, 2004)
  • Más allá del planeta Tierra (2004)
  • Priscilián, guión para rodaxe (2007)
  • O barco da memoria esquecida (2008)
  • El crimen de Osera (2010)
  • Testamento secreto (2010), da serie de Bob Cameron.
  • El día en que Al-lah destruirá USA (2011), da serie de Bob Cameron.

Ensaio editar

Tamén participou no volume colectivo Homenaxe a Neira Vilas e a Balbino, o neno labrego (2008).

Vida persoal editar

É pai de Ismael González Esteban, tamén director de cinema.

Notas editar

  1. Óscar Iglesias (23 de xullo de 2007). "Aplazado el rodaje de 'Memorias dun neno labrego'". El País (en castelán). 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar