Isidoro Hornillos

atleta e dirixente deportivo galego


Isidoro Hornillos Baz, nado en Castronuño (Valladolid) o 27 de abril de 1957, é un exatleta olímpico español[2] que practicou probas de velocidade, en especial os 400 metros lisos, distancia na que obtivo os seus maiores éxitos deportivos.

Infotaula de personaIsidoro Hornillos

Isidoro Hornillos Baz (Foto de 2014)
Nome orixinalIsidoro Hornillos Baz
Biografía
Nacemento27 de abril de 1957
Castronuño (Valladolid)
Castela e León Castela e León
Datos persoais
ResidenciaMeirás, Sada, Galicia Galicia
País de nacionalidadeEspañola
Altura1,79 m [1]
Peso71 kg [1]
Actividade
Ocupacióncatedrático Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
DeporteAtletismo
Velocidade
Adestrador
Disciplina deportivacorrida de velocidade (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Posición de xogoProfesor da Universidade da Coruña
Presidente da Federación Galega de Atletismo​
Presidente da Unión de Federacións Deportivas Galegas
Participou en
1980Xogos Olímpicos de 1980 Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosLidia (03-08-1990)

Páxina webhttp://www.isidorohornillos.es
IAAF: 14347706 Editar o valor em Wikidata

Durante o período de 1975 a 1986 formou parte da selección de atletismo de España, conseguindo diversos títulos de campión de España e varias plusmarcas nacionais absolutas. Hornillos competiu nas probas dos 400 metros lisos e dos 4x400 nos Xogos Olímpicos de 1980, en Moscova, quedando en 6º lugar en ambas as competicións.[1]

Desde 1990 é profesor da Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física da Universidade da Coruña.[3] Entre 2006 e 2022, foi o presidente da Federación Galega de Atletismo.[4]

Desde 2022, compaxina a docencia e a xestión deportiva coa súa faceta de escritor ocasional.[5]

Traxectoria deportiva editar

Primeiros anos editar

Cando tiña sete anos a súa familia, por motivos laborais, trasládouse a vivir ao concello coruñés de Sada. Durante esa etapa Horillos no tivo ninguha vinculación co deporte.

Aos 13 anos practicaba o voleibol no Colexio Liceo La Paz da Coruña. Tres anos máis tarde, sendo xa alumno da Universidade Laboral "Crucero Baleares" de Culleredo, compaxinou o balonmán co atletismo. Neste centro, existía daquela unha gran tradición e compromiso cos programas do Deporte Escolar, baixo a dirección e impulso do profesor de Educación Física Teodosio del Castillo Muñoz,[6] e do tamén docente Julio Sacristán de Diego.

Primeiras competicións editar

Horrnillos coincidiu na Universidade Laboral con Saturnino Rodríguez Risco, que chegou a proclamarse campión de España absoluto de salto de lonxitude en pista cuberta cunha marca de 7,57 m.[7]

Neste ambiente atlético propicio Isidoro Hornillos disputou a súa primeira competición no ano 1974 nunha Fase Local Escolar nas pistas do Colexio "Santa María del Mar" dos xesuítas da Coruña, na distancia do hectómetro, na que consegue a primeira posición. Semanas máis tarde, proclamouse campión provincial da Coruña, e meses despois campión de Galicia Escolar de 100 metros lisos, 200 e 4x100.

En 1975 obtivo o título de campión de España escolar en 100 m e en 4x100 m, así como o de subcampión nos 200 m, nun evento celebrado no histórico Estadio de Vallehermoso, en Madrid. Ese mesmo ano, a Real Federación Española de Atletismo, a través do pretixioso adestrador Julio Bravo Ducal,[8] ofreceulle unha bolsa de estudos do Consello Superior de Deportes para proseguir a súa carreira deportiva e académica na Residencia "Joaquín Blume" de Madrid, residencia para deportistas adscrita ao Centro de Alto Rendemento da capital, do Consello Superior de Deportes do Ministerio de Cultura e Deporte de España. Alí desenvolveu a parte máis importante da súa etapa de atleta. Desde 1982 até 1986 integrouse no grupo dirixido polo excepcional adestrador Paco López, con quen consegue as súas mellores marcas en 100 e 200 m lisos, actuais plusmarcas galegas absolutas.

Durante toda a súa vida deportiva, tras os seus dous primeiros anos no equipo da Universidade Laboral Crucero Baleares de Culleredo, estivo fichado no Real Club Deportivo da Coruña, desde 1975 até 1988, ano en que Augusto César Lendoiro accede á presidencia do club, e a súa Xunta Directiva decide aliminar a sección de atletismo. Nesta entidade coincidió cos tamén atletas olímpicos José Casabona e co leonés Colomán Trabado. Con este club proclamouse 22 veces campión de Galicia Absoluto en probas de velocidade entre 1979 e 1988.[9]

En xaneiro de 2015, seguía sendo plusmarquista de Galicia absoluto de 100 m (10" 55), 200 m (21" 12) e 400 m (46" 24) ao aire libre.[10] e de 200 m (21" 76) e 300 m (34" 2) en pista cuberta.[11]

Palmarés deportivo editar

  • Campión de España Escolar de 100 m. Madrid, 1975
  • Campión de España Escolar de 4x100 m. Madrid, 1975
  • Subcampión de España Escolar de 200 m. Madrid, 1975
  • Subampión de España Xuvenil de 200 m. Zaragoza, 1975
  • Campión de España Júnior de 400 m. Madrid, 1976
  • Campión de España nos Xogos Sindicais de 100 m. Madrid, 1976
  • Campión de España nos Xogos Sindicais de 200 m. Madrid, 1976
  • Campión de España nos Xogos Sindicais de 4x100 m. Madrid, 1976
  • Campión de España Militar de 4x400 m. Toledo, 1977
  • Subcampión de España Militar de 200 m. Toledo, 1977
  • Subcampión de España Absoluto de 400 m. Zaragoza, 1978
  • Campión de España Absoluto en pista cuberta de 400 m. Oviedo, 1979
  • Campión de España Absoluto ao aire libre de 400 m. Barcelona, 1979
  • Subcampión de España Universitario de 200 m. Madrid, 1979
  • Récord de España Absoluto de 400 m (46" 50). México, 1979
  • Récord de España Absoluto de 400 m (46" 24). México, 1979
  • Récord de España Absoluto de 4x400 m (3' 04" 22). México, 1979
  • Cuarto clasificado na Universiada de México 1979 en 4x400 m.
  • Subcampión de España Absoluto de 400 m en pista cuberta. Oviedo, 1980
  • Subcampión de España Absoluto de 400 m. Madrid, 1980
  • Subcampión de España Absoluto de 400 m. Barcelona, 1981
  • Subcampión de España Absoluto de 200 m. Barcelona, 1981
  • Subcampión de España Absoluto de 4x400 m (Clubs). Zaragoza, 1981
  • Subcampión de Italia Absoluto de 400 m en pista cuberta. Xénova, 1981
  • Récord de España Absoluto de 4x200 m (1' 25" 3). Madrid, 1981
  • Campión de España Absoluto de 200 m en pista cuberta. Oviedo, 1982
  • Récord de España Absoluto de 200 m (21" 6). Oviedo, 1982
  • Récord de España Absoluto de 400 m (21" 5). San Sebastián, 1982
  • Campión de España Universitario de 200 m. Santiago de Compostela, 1982
  • Campión de España Universitario de 400 m. Santiago de Compostela, 1982
  • Campión de España Universitario de 4x400 m. Santiago de Compostela, 1982
  • Medalla de bronce no Campionto de España Absoluto de 400 m. 1982
  • Récord de España Absoluto de 300 m (34" 2). A Coruña, 1982
  • Medalla de bronce nos Xogos Iberoamericanos en 400 m. Barcelona, 1982
  • Subcampión de España Absoluto de 200 m en pista cuberta. Zaragoza, 1983
  • Subcampión de España Universitario de 100 m. Madrid, 1983
  • Medalla de bronce no Campionato de España Absoluto de 200 m. San Sebastián, 1983
  • Medalla de bronce no Campionato de España Universitario de 200 m. Madrid, 1983
  • Medalla de bronce nos Xogos do Mediterráneo en 4x400 m. Casablanca, 1983
  • Campión de España Univesitario de 100 m. Salamanca, 1986
  • Subcampión de España Universitario de 200 m. Salamanca, 1986
  • Récord de España Absoluto de 4x200 m (1' 23" 69). Madrid, 1986.[12]

Traxectoria académica editar

Tras concluír a súa carreira deportiva, en 1988, Isidoro Hornillos mantivo a súa vinculación ao deporte, e en especial co atletismo.

Formación editar

Postos desempeñados editar

  • Director do Servizo Municipal de Deportes de Culleredo, 1987.
  • Profesor de Educación Física no Instituto de Cee, 1988; na Universidade Laboral de Culleredo, 1989, e no Instituto de Monte Alto da Coruña, 1990.
  • Profesor do INEF de Galicia desde 1990, convertido en 1994 na Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física da Universidade da Coruña.
  • Subdirector Académico do INEF Galicia (1990-1992).
  • Preparador físico do Hockey Club Liceo da Coruña.[13]

Materias impartidas editar

  • Habilidades Atléticas e a súa Didáctica. Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física. Universidade da Coruña.[14]
  • Avances en adestramento de forza e resistencia. Materia optativa. Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física. Universidade da Coruña.[14]
  • Prácticum. Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física. Universidade da Coruña.[14]
  • Traballo de Fin de Grao (TFG). Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física. Universidade da Coruña.[14]
  • Cursos de Doutoramento. Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física. Universidade da Coruña.[15]
  • Curso de Dirección, Planificación e Programación da Preparación Física en Nenos e Mozos. Sportis Formación Deportiva.[16]
  • Exercicio físico e saúde. Universidade Sénior. Universidade da Coruña.

Traxectoria como dirixente deportivo editar

En 1988, ao retirarse definitivamente da práctica atlética competitiva, Hornillos foi nomeado Director Técnico da Federación Coruñesa de Atletismo polo presidente provincial, Jorge Doncel Queijeiro. Ao ano seguinte Sergio Vázquez Gómez, daquela presidenta da Federación galega, ofrécelle o cargo de director técnico da Federación Galega de Atletismo, responsabilidade que desempeña até que, no ano 2006, accede á presidencia do ente autonómico.

Posteriormente, no ano 2007, foi un dos impulsores da Unión de Federacións Deportivas Galegas (UFEDEGA)[17][18] asumindo nos seus inicios o cargo de secretario[19] e logo (desde 2015) de presidente.

En 2022, despois de 16 anos, deixou a presidencia da Federación Galega de Atletismo, posto onde foi substituído por Iván Sanmartín.

Cargos desempeñados editar

  • Director Técnico da Federación Provincial de Atletismo da Coruña (1987-1988).
  • Director Técnico da Federación Galega de Atletismo (1988-2006).
  • Fundador e primeiro presidente do Club Atletismo Sada (CAS) (1994).
  • Membro da Xunta de Goberno da Real Federación Española de Atletismo (2006-2014).
  • Membro da Comisión Delegada da Real Federación Española de Atletismo, en calidade de representante das federacións autonómicas (2006-2014).[20]
  • Membro da Comisión de Avaliación dos Deportistas Galegos de Alto Nivel da Xunta de Galicia (2006-2014).
  • Membro da Comisión de Avaliación de Bolsas para Deportistas da Deputación Provincial da Coruña (2009-2014).
  • Presidente da Federación Galega de Atletismo (2006-2010).[21]
  • Presidente da Federación Galega de Atletismo (2010-2014).[22]
  • Presidente da Federación Galega de Atletismo. Reelixido no 2014.[23]

Tamén formou parte, en calidade de voceiro, da Comisión de Federacións Deportivas Autonómicas (COFEDEA),[24] que representa a uns 2 300 000 deportistas e a 434 federacións autonómicas, creada a raíz da implantación polo Goberno de España da denominada "Licencia Deportiva Única".[25]

Outras actividades editar

É colaborador habitual do diario La Voz de Galicia.[26]

Así mesmo, foi o fundador e director do programa da Televisión de Galicia (TVG2) "Citius, Altius, Fortius", producido integramente pola Federación Galega de Atletismo.

A súa faceta como adestrador e preparador físico editar

Durante o período de 1989-1994 exerceu tarefas de adestrador de atletas como Roberto Faya, Cristina Veiga, Julio Fernández, Pablo Pérez, Suso Platas, Ángel Fidalgo, Jesús Díaz ou Rubén Piñeiro.[27]

Foi preparador físico do H.C. Liceo (1991-1993), con Andrés Caramés de adestrador.[28] Neste período o clubs conseguiu os títulos de Campión da Liga Española (OK Liga), da Copa Continental de Hóckey a patíns e a Copa Intercontinental de Hóckey a patíns. Tamén exerceu de preparador físico da Selección Española de Hóckey a patíns en 1993.

Recoñecementos editar

No ano 1980 o Consello Superior de Deportes elixiuno mellor deportista absoluto da provincia da Coruña. Esa mesma tempada, o Real Club Deportivo da Coruña impúxolle a insignia de ouro da entidade.

No ano 2000, recibiu unha distinción académica da Universidade da Coruña: Premio Extraordinario pola súa tese de doutoramento (Sobresaliente Cum laude), titulada "Fuerza máxima y explosiva en la carrera rápida". Cnco anos máis tarde, sendo Director Técnico da FGA, o Club de Atletismo Lucus de Lugo, en 2005, concedeulle a súa máxima distinción, a medalla de ouro. No ano 2012 recibiu a Medalla ao Mérito Deportivo da Xunta de Galicia.[29] Tamén no 2012 a Asociación Galega de Xestores Deportivos (AGAXEDE) distinguiuno como mellor xestor deportivo de Galicia.[30]

Publicacións editar

  • Hornillos, Isidoro. El entorno del entrenamiento y la planificación a largo plazo de la población atlética gallega. Centro Olímpico de Estudios Superiores. Madrid. ISBN 854-87094-30-9
  • Hornillos, Isidoro; Tuimil, J.L. Habilidades atléticas. Estudio. Santiago de Compostela. Edicións Lea, 1995. 96 p. ISBN 84-88553-96-X
  • Hornillos, Isidoro. Actividades dirigidas a la tercera edad. En Tratado de actividad física y ocio, Mayán, JM y Millán, J.C.. Instituto Gerontológico Gallego. Universidad de Santiago Compostela, 1996. p. 115-127. ISBN 84-606-2735-7
  • Hornillos, Isidoro. Entrenamiento y competición. Riesgo de Salud. En Tratado de actividad física y ocio, Mayán, JM y Millán, J.C.. Instituto Gerontológico Gallego. Universidad de Santiago Compostela, 1996. p. 71-82. ISBN 84-606-2735-7
  • CAMIÑA; Francisco.; Hornillos, Isidoro. Adestramento en seco dos nadadores de competición. Santiago de Compostela. Edicións Lea, 1997. 112 p. ISBN 84-88553-28-5
  • Hornillos, Isidoro. Introducción al estudio de las habilidades atléticas básicas. Cuadernos Técnico Pedagóxicos do INEF Galica. Oleiros, La Coruña, 1998. ISBN 8497-412-X
  • Hornillos, Isidoro. Atletismo. Barcelona. Editorial Inde. Barcelona, 2000. 106 p. ISBN 84-95114-21-6
  • Hornillos, Isidoro. Andar y correr. Barcelona. Editorial Inde. Barcelona, 2000. 102 p. ISBN 84-95114-10-0
  • Hornillos, Isidoro. Caminante, se hace camino al andar. Revista El Boticario del siglo XXI. Colegio Oficial de Farmacéuticos de La Coruña, 2001. Volumen X. p. 1-14.
  • FRAGUELA; R.; Hornillos, I.; Lera, A.; Varela, L. La actividad física en la tercera edad. Centro de Documentación. Cuadernos Técnicos Pedagóxicos. INEF Galicia. Oleiros, 2002. 128 p. ISBN 84-688-0490-8
  • Hornillos, Isidoro. El entrenamiento de la velocidad en las categorías inferiores. En Arufe, V. Nutrición, medicina y rendimiento en el joven deportista. Asoc Cultural Atlét. Gallega. Santiago de Compostela, 2005. p. 213-255. ISBN 84-609-5537-0
  • Hornillos, Isidoro; Lera, Ángela. Fundamentos del entrenamiento de las capacidades físicas. En Tratado de atletismo en el siglo XXI. De Arufe; V; Patiño, M.J. Asoc. Cultural Atlética Gallega. Santiago Compostela, 2005 p. 125-242. ISBN 84-609-8921-6
  • Lera, A., Hornillos, I. Bases teóricas de la iniciación deportiva: concepto, objetivos, edad de inicio y finalización; fases sensibls y programación. En Tratado de atletismo en el siglo XXI. De Arufe; V; Patiño, M.J. Asoc. Cultural Atlética Gallega. Santiago Compostela, 2005 p. 125-242. ISBN 84-609-8921-6
  • Arufe, V.; Lera, A.; Hornillos, I. Fases del ciclo vital del deportista. En Arufe, V., La iniciación deportiva. Un enfoque multidisciplinar. Asociación Cultural Atlética Gallega. Santiago de Compostela, 2006. p. 55-71. ISBN 84-611-0550-8.
  • Hornillos, Isidoro; LERA, A.; Arufe, V. Bases del entrenamiento de la velocidad en las categorías inferiores. En Arufe, V., La iniciación deportiva. Un enfoque multidisciplinar. Asociación Cultural Atlética Gallega. Santiago de Compostela, 2006. p. 111-152. ISBN 84-611-0550-8
  • Hornillos, Isidoro; Lera, A.; Arufe, V. Bases del entrenamiento de la flexibilidad en la iniciación deportiva. En Arufe, V., La iniciación deportiva. Un enfoque multidisciplinar. Asociación Cultural Atlética Gallega. Santiago de Compostela, 2006. p. 153-173. ISBN 84-611-0550-8
  • Hornillos, Isidoro; Lera, A.; Arufe, V. La iniciación deportiva. Un enfoque multidisciplinar. En Arufe, V., La iniciación deportiva. Un enfoque multidisciplinar. Asociación Cultural Atlética Gallega. Santiago de Compostela, 2006. p. 153-173. ISBN 84-611-0550-8
  • Hornillos, Isidoro; Lera, A.; Arufe, V. Bases del entrenamiento de la flexibilidad en la iniciación deportiva. En Arufe, V., La iniciación deportiva. Un enfoque multidisciplinar. Asociación Cultural Atlética Gallega. Santiago de Compostela, 2006. p. 153-173. ISBN 84-611-0550-8
  • Hornillos, Isidoro; LERA, A.; Arufe, V. Modelos de planificación deportiva en jóvenes. En Arufe, V., Entrenamiento en niños y jóvenes deportistas. Asociación Cultural Atlética Gallega. Santiago de Compostela, 2007. p. 51-82. ISBN 978-84-611-6030-3
  • Lera, A; Hornillos, I. Arufe, V. El deporte en las Comunidades Autónomas. En Arufe, V., Entrenamiento en niños y jóvenes deportistas. Asociación Cultural Atlética Gallega. Santiago de Compostela, 2007. p. 315-330. ISBN 978-84-611-6030-3
  • Hornillos, Isidoro. Deporte, mujer y rendimiento deportivo. En I Xornadas Muller e Deporte. Libro de actas. De Pazos, J.M. Universidad de Vigo, 2007. p. 24-36. ISBN 978-84-89444-95-9
  • Hornillos, Isidoro. La capacidad acelerativa en el deporte. En I Congreso Internacional de Atletismo de la UCAM. Revista de Ciencias de la AF y el Deporte. Universidad Católica de Murcia, 2010. p. 12-14. ISBN 84-606-2735-7
  • Hornillos, Isidoro. Hacia una Ley de Protección del Deporte Escolar. En Educ Física y Deporte, promotores de una vida saludable, Ruíz, F. y cols. FEAFED, 2013, p. 149-156. ISBN 978-84-939424-5-8

Vida persoal editar

Isidoro Hornillos reside en Meirás (Sada). Está casado con Ángela Lera Navarro, coa que tivo unha filla, Lidia, nacida o 3 de agosto de 1990.[31]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Evans, Hilary; Gjerde, Arild; Heijmans, Jeroen & Mallon, Bill (1980): Isidoro Hornillos Olympic Results Arquivado 18 de abril de 2020 en Wayback Machine.. En Olympics at Sports-Reference.com. Consultado o 4 de setembro de 2018.
  2. Comité Olímpico Español Arquivado 03 de setembro de 2018 en Wayback Machine..
  3. Hornilos Baz, Isidoro Arquivado 04 de setembro de 2018 en Wayback Machine..
  4. Isidoro Hornillos será candidato a la Federación Española de Atletismo. La Voz de Galicia, 12-05-2015. Consultada o 6 de setembro de 2018.
  5. Galegos: Galicia Dixital.
  6. Teodosio del Castillo Muñoz Arquivado 30 de decembro de 2014 en Wayback Machine..
  7. Hemeroteca ABC.
  8. Julio Bravo DEP Arquivado 03 de setembro de 2018 en Wayback Machine..
  9. Campeones de Galicia Arquivado 05 de marzo de 2016 en Wayback Machine..
  10. "Records de Galicia de Aire Libre". Arquivado dende o orixinal o 25 de xaneiro de 2018. Consultado o 03 de setembro de 2018. 
  11. Records de Galicia de Pista Cubierta Arquivado 25 de xaneiro de 2018 en Wayback Machine..
  12. Diario El Mundo Deportivo.
  13. Preparador físico del Hockey Liceo de A Coruña.
  14. 14,0 14,1 14,2 14,3 Páxina do INEF Galicia Arquivado 04 de setembro de 2018 en Wayback Machine..
  15. "Páxina do INEF Galicia". Arquivado dende o orixinal o 04 de setembro de 2018. Consultado o 03 de setembro de 2018. 
  16. Sportis Formación Deportiva Arquivado 24 de setembro de 2015 en Wayback Machine..
  17. Isidoro Hornillos Baz en Linkedin.
  18. Currículum de Isidoro Hornillos Baz PDF.
  19. "Una treintena de federaciones deportivas gallegas se agrupan en una asociación abierta". La Voz de Galicia (en castelán). 2007-06-28. Consultado o 2022-02-06. 
  20. Miembro Comisión Delegada RFEA Arquivado 03 de setembro de 2018 en Wayback Machine..
  21. Primera legislatura en la presidencia de la FGA Arquivado 03 de setembro de 2018 en Wayback Machine..
  22. Segunda legislatura en la presidencia de la FGA.
  23. Diario La Voz de Galicia.
  24. Portavoz COFEDEA.
  25. Licencia Deportiva Única.
  26. Colaborador La Voz de Galicia.
  27. Sportis Formación Arquivado 20 de xuño de 2013 en Wayback Machine..
  28. Andrés Caramés.
  29. Medalla al Mérito Deportivo de la Junta de Galicia Arquivado 10 de marzo de 2016 en Wayback Machine..
  30. Mejor gestor deportivo de Galicia.
  31. Horilllos Baz, Isidoro. En Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI. VV.AA., 2002, Santiago de Compostela: Editorial Compostela, S.A. ISBN 84-8054-113-4.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar