Ilmenau é unha cidade de 26.713 habitantes do distrito de Ilm-Kreis, Turinxia, Alemaña. O río Ilmenau, do mesmo nome, na Baixa Saxonia, e non pasa pola cidade de Ilmenau.

Modelo:Xeografía políticaIlmenau
Imaxe

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 50°41′14″N 10°54′51″L / 50.6872, 10.9142Coordenadas: 50°41′14″N 10°54′51″L / 50.6872, 10.9142
EstadoAlemaña
Estado federadoTurinxia
Rural district of Thuringia (en) TraducirIlm-Kreis Editar o valor em Wikidata
Capital de
Ilmenau (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación39.127 (2022) Editar o valor em Wikidata (232,65 hab./km²)
Xeografía
Superficie168,18 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude500 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Xefe do gobernoDaniel Schultheiß (pt) Traducir (2018–) Editar o valor em Wikidata
Membro de
Identificador descritivo
Código postal98693 e 98694 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico03677 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina webilmenau.de Editar o valor em Wikidata

Historia editar

A primeira referencia á cidade data do ano 1273, o que a converte no máis antigo lugar mencionado en Turinxia. En 1341 recibiu dereitos de cidade. En 1777 fundouse na vila unha fábrica de porcelana, e en 1894 unha universidade.

Imenau conta con varios museos, como o Jagdhaus Gabelbach (antigo pavillón de caza construído en 1783, no bosque sur do municipio, realiza exposicións forestais e científicas), a Fischerhütte: na rúa Langewiesener (antiga fábrica de vidro, cun obradoiro, ás veces realiza exposicións temporais de óptica e luz), ou o Goethe-Stadt-Museum: dentro do Amtshaus en Marktplatz, que ademais de mostrar características importantes da rexión, expón a conexión de Johann Wolfgang von Goethe coa cidade [1], que a escollía como sitio habitual de descanso e onde escribiu varias das súas obras, entre elas un longo poema chamado «Ilmenau».[2]

Ecomomía editar

O principal sector económico é a enxeñaría mecánica. A minería (cobre, prata e manganeso) tamén foi historicamente importante. Desde 1777 a industria da porcelana e a industria do vidro, que tamén se reconvertiu para fabricar instrumentos ópticos e de laboratorio.

Enerxía renovábel editar

Para o final da lexislatura comezada en 2021, a cidade pretende cubrir o 44% do seu consumo de enerxía con renovábeis. As emisións de CO2 reducíronse arredor de dous terzos en 2020 desde 1990.[3]

Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. "GoetheStadtMuseum / Ilmenau - Goethe- und Universitätsstadt". Ilmenau - Goethe- und Universitätsstadt (en alemán). Arquivado dende o orixinal o 10 de abril de 2022. Consultado o 2022-03-02. 
  2. "Ilmenau – Wikisource". de.wikisource.org (en alemán). Consultado o 2022-03-02. 
  3. Sandra. "Ilmenau und erneuerbare Energie". Energie Telekommunikation News (en alemán). Arquivado dende o orixinal o 02 de marzo de 2022. Consultado o 2022-03-02. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar