Art Nouveau ou Modernismo (francés: "nova arte") é un estilo internacional de arte, arquitectura e deseño que tivo o seu maior auxe no século XX. Outro termo co que se lle coñece é o Modernismo que inclúe o Jugendstil en Alemaña, os Países Baixos e Escandinavia, Młoda Polska en Polonia, Modernisme en Cataluña, e Sezessionsstil (Secesionismo) na cidade de Viena.

En Rusia, o movemento xirou ó redor da magacine de arte Mir iskusstva (Mundo da Arte). En Italia, ó redor de Stile Liberty chamado así pola famosa tenda londiniense.

En España, o movemento centrouse ó redor da cidade de Barcelona e foi coñecido como o modernismo, co arquitecto Gaudí como a súa figura máis importante. O Art Nouveau tamén tivo grande importancia na Europa do leste, coa influencia de Alfons Mucha na cidade de Praga, na rexión de Moravia (parte da actual República Checa) e no Romanticismo da cidade de Riga, capital de Letonia, e fogar de máis de 800 edificios Art Nouveau. As entradas do Metro de París deseñadas por Hector Guimard entre 1899 e 1900 tamén son famosos exemplos de Art Nouveau.

Arquitectos da Art Nouveau editar

Artista da Arte, Pintura, e Deseño Gráfico editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar