Igrexa de San Salvador de Sarria

construción relixiosa en Sarria

A igrexa de San Salvador é un templo de planta románica e fachada gótica do século XII, unha das tres igrexas da parroquia civil de Sarria.

Igrexa de San Salvador de Sarria
Fachada da igrexa.
Datos xerais
PaísEspaña
TipoIgrexa parroquial
AdvocaciónSan Salvador
LocalizaciónSarria (Sarria)
Coordenadas42°46′36″N 7°25′03″O / 42.776766944444, -7.4174722222222Coordenadas: 42°46′36″N 7°25′03″O / 42.776766944444, -7.4174722222222
Culto
CultoCatólico
DioceseLugo
Arquitectura
ConstruciónSéculo XII - século XIII
EstiloRománico e gótico
editar datos en Wikidata ]

Situación editar

O templo está situado ao final da Rúa Maior, onde comeza a Rúa do Castelo, no itinerario do Camiño Francés.

Historia editar

A comezos de 2014 a comunidade de mercedarios que atende o templo decidiu suspender o culto nela, polo mal estado da cuberta e o risco de derrubamento.[1]

En maio de 2015 formalizáronse os contratos de rehabilitación da igrexa, cofinanciados pola Consellería de Cultura e polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, por valor de 254.000 €. Os traballos se centraron nos elementos exteriores do templo, substituíndo a cuberta da igrexa por unha nova e reparando os danos causados pola filtración de auga na estrutura de madeira do teito.[2]

Arquitectura editar

O estilo da igrexa encádrase no gótico con trazas tardorrománicas, na ábsida. O templo conta cunha espadana de estilo barroco, engadida en 1860.

Culto editar

A igrexa é o templo parroquial dunha das tres parroquias nas que está organizada Sarria, xunto coas parroquias de Santa Mariña e do Rosario. A parroquia pertence ao arciprestado de Sarria-Samos.[3] O templo está atendido por unha comunidade de mercedarios.

Notas editar

  1. "La iglesia de San Salvador se cerró al culto por el mal estado de la cubierta". El Progreso (en castelán). 13 de marzo de 2014. Consultado o 13/08/2019. 
  2. "Rehabilitación da Igrexa de San Salvador de Sarria". cultura.gal (Xunta de Galicia). 2 de maio de 2015. Consultado o 14/08/2019. 
  3. "Parroquias y arciprestazgos". Diocese de Lugo. Arquivado dende o orixinal o 11/02/2017. Consultado o 14/08/2019.