Igrexa de San Pedro de Mezonzo da Coruña

construción relixiosa na Coruña

A igrexa de San Pedro de Mezonzo é un templo católico situado na área de Catro Camiños (A Coruña).

Igrexa de San Pedro de Mezonzo da Coruña
Datos xerais
PaísEspaña
TipoIgrexa parroquial
AdvocaciónPedro de Mezonzo
LocalizaciónA Coruña
Coordenadas43°21′27″N 8°24′23″O / 43.35758, -8.40635Coordenadas: 43°21′27″N 8°24′23″O / 43.35758, -8.40635
Culto
CultoCatólico
DioceseSantiago de Compostela
Arquitectura
Construción1964
editar datos en Wikidata ]

Descrición editar

A igrexa de San Pedro de Mezonzo foi deseñada polo arquitecto Francisco Echenique Gómez nun estilo clásico do gusto das autoridades franquistas da época. Ten unhas dimensións de 30 x 60 m e a fachada está delimitada por dúas torres con campanario de máis de 40 m.[1] É basicamente de formigón, con partes en pedra e mármore e dúas vidreiras. Sobre a portada hai unha escultura de pedra da Virxe María e dous anxos.[2]

O interior de planta de cruz latina con tres naves. A luz entra por unha cúpula de 30 m arrodeada pola lenda Salve Regina.[2]

Historia editar

O crecemento demográfico da Coruña dende o século XIX provocara a creación da nova parroquia de Santa Lucía no ensanche da cidade. Coa fusión nunha das parroquias de Santiago e Santa María na Cidade Vella púidose establecer unha nova parroquia, a de San Pedro de Mezonzo. Esta constituíuse o 1 de xaneiro de 1930, con José Toubes Pego como primeiro párroco. [3]

O primeiro templo parroquial foi a capela de Santa Lucía, demasiado pequena para a poboación do barrio, o que fixo que deseguida se pensase na construción dunha nova igrexa.[1] Entre os proxectos destaca a proposta de Antonio Tenreiro, de estilo expresionista.[4] Na década de 1950 chegouse a falar de trasladar a fachada do mosteiro de Monfero, entón en ruínas, para o novo templo.[5]

A igrexa actual foi inaugurada en 1964.[1]

Galería editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 García Cortés 2012, p. 95.
  2. 2,0 2,1 García Cortés 2012, p. 96.
  3. García Cortés 2012, p. 94.
  4. Agrasar, Fernando, ed. (2007). Antonio Tenreiro 1893-1972 (en castelán). COAG. p. 74-78. ISBN 978-84-96712-08-9. 
  5. Prieto, Nuria (26/01/2022). "La iglesia de San Pedro de Mezonzo de A Coruña, un templo que estuvo al borde del ‘trasplante’". quincemil (en castelán). 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar