Cidade Vella da Coruña

núcleo vello da cidade da Coruña

A Cidade Vella da Coruña correspóndese co primitivo asentamento urbano e está declarada Monumento histórico-artístico. No seu interior están a maior parte dos edificios históricos, e as súas rúas conservan aínda o seu antigo trazado, así como un gran número de casas de porte antigo. Foi declarada conxunto histórico-artístico polo decreto 29/1984 do 29 de maio.[2] O proceso de peonalización comezou en agosto de 2014[3] e culminou en xuño de 2018.[4]

Cidade Vella da Coruña
Murallas no Paseo do Parrote, xusto embaixo do Xardín de San Carlos
ConcelloA Coruña
Coordenadas43°22′12″N 8°23′31″O / 43.370099, -8.392063Coordenadas: 43°22′12″N 8°23′31″O / 43.370099, -8.392063
Poboación2563[1] hab. (2015)
editar datos en Wikidata ]

Historia editar

 
Situación da Cidade Vella (vermello) no concello da Coruña.[5] En verde, A Maestranza e en laranxa O Parrote.

A orixe da Cidade Vella da Coruña provén da fundación oficial da vila en xuño de 1208. Nos seus inicios a cidade consistía nun núcleo situado arredor da igrexa de Santa María e o pequeno barrio portuario do Parrote, coa igrexa de Santiago. Foi durante varios séculos o conxunto da cidade ata que o crecemento da poboación superou o recinto amurallado.

Ao longo dos séculos XVI e XVII a cidade viu xurdir os núcleos de San Tomé, barrio agrícola, e a Pescadería, que se converteu na zona mercantil de comercial. Nese tempo a Cidade Alta era a zona máis nobre da Coruña e concentraba os principais edificios públicos, como o Concello, a Casa da Moeda e a Real Audiencia. Fóra do recinto tivéronse que instalar os conventos de San Domingos e San Francisco, debido ás restricións lexislativas.

Descrición editar

As fortificacións que protexían o recinto da Cidade Vella tiveron a súa orixe no reinado de Henrique III, nos últimos anos do século XIV. Consérvanse restos das murallas defensivas, así como tres portas que abrían a cidade ao mar ao longo do paseo do Parrote, fronte á baía: a porta de San Miguel, construída en 1607 fronte ao Castelo de San Antón, a porta do Cravo, que se atopa fronte ao Xardín de San Carlos, e que foi construída en 1676 e a porta da Cruz ou do Parrote, fronte ao Palacio da Capitanía Xeneral, que é tamén do ano 1676. Tamén se conserva o baluarte coñecido como a Fortaleza Vella, que é o actual Xardín de San Carlos.

No interior das murallas atópanse a igrexa de Santiago, a máis antiga da cidade, e a Colexiata de Santa María do Campo, ademais doutros dous edificios relixiosos, os conventos de San Domingos e de Santa Bárbara, na praza das Bárbaras. Xunto á praza de Azcárraga está o palacio de Capitanía.

Na Cidade Vella da Coruña están tamén as que foron residencias de Rosalía de Castro, José Cornide e Francisca Herrera Garrido. As casas de María Pita e Emilia Pardo Bazán foron convertidas en casas-museo. A última é ademais a sede da Real Academia Galega.

Fóra do núcleo central están o Museo Militar, a Capela da Venerable Orde Terceira, o antigo Hospital Militar (actual Hospital Abente y Lago), a Fundación Luís Seoane e o reitorado da Universidade da Coruña.

Galería de imaxes editar

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Bello, José María; Barral, Dolores; Saavedra, Mª Carmen; De Artaza, Manuel Mª; Colino, Ana; Grandío, Emilio (2001). Historia de A Coruña. Vía Láctea Editorial. ISBN 84-89444-85-4. 

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar