Igrexa de San Miguel de Eiré

construción relixiosa en Eiré, Pantón

A Igrexa de San Miguel de Eiré, tamén chamado Mosteiro de Eiré, é unha igrexa románica de orixe monástica e un dos mellores exemplos conservados en Galicia de arquitectura románica. Está situada no lugar do Mosteiro na parroquia de Eiré, no concello lucense de Pantón.

Igrexa de San Miguel de Eiré
Vista do conxunto.
Datos xerais
PaísEspaña
TipoIgrexa parroquial
AdvocaciónVirxen María
LocalizaciónEiré (Pantón)
Coordenadas42°31′06″N 7°38′53″O / 42.518288, -7.648131Coordenadas: 42°31′06″N 7°38′53″O / 42.518288, -7.648131
Culto
CultoCatólico
DioceseLugo
Arquitectura
Construciónséculo XVI
Estilorománico
editar datos en Wikidata ]
Pinturas do interior.

Historia editar

Adoitase situar a súa fundación como mosteiro de monxas de San Bieito nos primeiros anos do século XII, e da primeira metade deste século data a igrexa. Porén conserva elementos arquitectónicos anteriores que puideron ser reaproveitados de anteriores construcións.

Respecto a esta igrexa existen numerosas lendas. Unha delas é sobre o motivo do seu abandono por parte das monxas que o habitaban, existen unha historia entre as xentes do lugar onde se atopa que conta que a igrexa de San Miguel de Eiré foi invadida por formigas e por este motivo tiveron que deixar a igrexa. Outra lenda sobre este templo pantonés é sobre a onde foron as monxas trala invasións do mosteiro por formigas. E conta que tras irse de alí foron a veciña aldea de Pedragude, monte arriba, onde as tristes relixiosas observaban o seu templo dende o penedo alcumado "A Pena da Monxa".

Descrición editar

De nave única cuberta con teito de madeira agás o cruceiro que se cobre con bóveda. Na cabeceira a ábsida semicircular decórase con catro columnas acaroadas con capiteis con cabezas de serpes. No interior o acceso á cabeceira faise a través dun arco triunfal triplo. Nesta cabeceira consérvanse pinturas murais do século XVI. A porta norte decórase cun Agnus Dei con cruz e unhas xambas con curiosa decoración de follas que rematan en cabezas humanas.

Galería de imaxes editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar