Humphrey Paget

medallista e deseñador de moedas inglés

Thomas Humphrey Paget, nado en Walford, Hertfordshire, o 13 de agosto de 1893 e finado en Sussex o 30 de abril de 1974, foi un deseñador e gravador inglés de medallas e moedas.

Infotaula de personaHumphrey Paget
Biografía
Nacemento13 de agosto de 1893 Editar o valor em Wikidata
Watford, Reino Unido (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte1974 Editar o valor em Wikidata (80/81 anos)
Sussex, Reino Unido Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido de Gran Bretaña e Irlanda (–1927)
Reino Unido Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Londres Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónescultor , deseñador , medallista Editar o valor em Wikidata
Período de actividade(Con vida en: 1939 Editar o valor em Wikidata)
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Premios

WikiTree: Paget-843

Paget usaba as súas inciais, HP, a modo de marca de gravador.

Traxectoria editar

Primeiros anos e formación editar

Humphrey Paget naceu en 1893 nunha familia moi relacionada co mundo da arte, fillo de Walter Stanley Paget (1863-1935), ilustrador d'A Illa do Tesouro e de Robinson Cruesoe. O seu tío era Sydney Paget, ilustrador das publicacións orixinais de Sherlock Holmes na revista Strand.[1]

Cursou os seus estudos artísticos na Central School of Arts and Crafts e en Royal Academy Schools (ca. 1913-1914), ambas de Londres, onde foi merecedor dunha bolsa Landseer. Logo de cumprir o servizo militar na Real Reserva Naval Voluntaria durante a primeira guerra mundial, regresou á Central School of Arts and Crafts en 1919 como profesor invitado de Modelaxe.[1][2]

En 1923, Paget foi un dos artistas novos convocados para participar nun concurso de deseño dunha medalla en recoñecemento das enfermeiras de Bristol Royal Infirmary, o que supuxo a súa toma de contacto co mundo da medalla e o inicio da súa carreira como medallista.[2]

Carreira artística editar

A Real Casa da Moeda de Londres contactou con Paget por primeira vez en 1936, logo do ascenso ao trono do rei Eduardo VIII (1936-1936). A recomendación de Paget chegara á Royal Mint a partir dun deseño feito por el o ano anterior para o anverso dunha medalla da Honourable Company of Master Mariners na que Eduardo aparecía daquela como Príncipe de Gales, xa que era o capitán da compañía.[3] O subdirector da Royal Mint pediulle a Paget que preparase unha versión en baixo relevo dese retrato, apta para a súa cuñaxe como moeda, e finalmente decidiuse encomendarlle a el o deseño e o gravado da serie de moedas a nome do novo monarca.[2] Tras certa controversia acerca da dirección en que o rei debía ollar no anverso da moeda —a tradición era que cada monarca ollase en dirección oposta ao anterior, mais Eduardo consideraba que os trazos da súa esquerda eran mellores que os da súa dereita—, o traballo de Paget foi aprobado en dous deseños lixeiramente diferentes: un para as moedas de prata e outro para o resto. No entanto, a súbita abdicación de Eduardo VII significou que, á parte dunhas poucas pezas cuñadas en proba, con data de 1937, os deseños de Paget nunca chegaron á fase de produción. Algúns espécimes saíron da ceca para seren probados e, como tales, convertéronse nunhas das pezas máis raras e desexadas polo coleccionismo, de toda a serie da libra esterlina.[4]

Unha medida do éxito do retrato de Eduardo VII é o feito de que Paget fose o único encargado de deseñar a efixie de seu sucesor, Xurxo VI (1936-1952), en 1937. Trátase do único artista a quen se lle aprobou un segundo deseño de anverso para o seu uso na cuñaxe de moedas da libra esterlina en todo o século XX. O retrato de Xurxo VI foi descrito desde entón como "a cabeza de moeda clásica do século XX".[2]

Malia ser coñecido sinaladamente como deseñador de anversos, Paget realizou tamén algúns traballos para reversos, entre os que destaca un deseño do galeón isabelino Golden Hind. Orixinalmente, este reverso estaba destinado á moeda dunha coroa, mais finalmente foi adoptado para o medio penique en 1937,[5] onde permaneceu ata a súa retirada en 1969, en preparación da decimalización do sistema monetario de 1971.[2]

Posteriormente, Paget deseñou unha gran variedade de temas para países tanto da CommonwealthAustralia, Canadá, Territorios do Caribe Oriental, Nova Zelandia, Nixeria, Rodesia e Nyasalandia, Suráfrica, etc.— como de fóra dela. Entre os seus derradeiros traballos destacan unha efixie do rei Faisal II de Iraq en 1955 e a medalla dos Xogos da Commonwealth de 1970, na que aparecía o duque de Edimburgo. Tamén realizou unha efixie da raíña Isabel II para unha emisión conmemorativa da Illa de Man en 1965, e outros diversos traballos para países como a República Dominicana, Bolivia, Uruguai, Samoa e Sisifo, e o Iemen.[2][6]

A obra de Paget segue a formar parte da circulación de libras esterlinas no século XXI: un novo retrato seu do duque de Edimburgo de 1970 aparece no reverso dunha moeda conmemorativa de cinco libras esterlinas de 2017.[7][8]

Como medallista, merecen especial consideración as súas medallas para a Victoria Numismatic Society, a Society of Chemical Industry e a Royal Society of Medicine.[2]

Paget foi condecorado como cabaleiro da Orde do Imperio Británico en 1948, e o seu nomeamento foi publicado no suplemento de The London Gazette do 4 de xuño dese mesmo ano.[9]

Vida persoal editar

Thomas Humphrey Paget casou en 1942 coa escultora Winifred Turner (1903-1983). A parella estableceu a súa residencia en Sussex, onde Paget finou o 30 de abril de 1974.[1]

Escolma de obras editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 "Thomas Humphrey Paget Arquivado 05 de setembro de 2023 en Wayback Machine.". Maping of Sculpture (Sculpture.gla.ac.uk). University of Glasgow.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 "Humphrey Paget". The Royal Mint Museum.
  3. Dyer, G. P. (1973) The Proposed Coinage of King Edward VIII, HMSO, ISBN 9780117001930
  4. Seaby, P. (1985). The Story of British Coinage. B. A. Seaby, Londres. Páxinas 166-167. ISBN 978-0-900652-74-5
  5. 5,0 5,1 "½ Penny - Elizabeth II 1st portrait". Numista.com
  6. "Humphrey Paget". Numista.com
  7. "5 Pounds - Elizabeth II 5th portrait; Prince Philip". Numista.com
  8. "Prince Charles strikes Duke of Edinburgh commemorative coin". En BBC News. 11 de xullo de 2017.
  9. "Supplement to the London Gazette". London Gazette. 10 de xuño de 1948. Páxina 3.377.
  10. "5 Pounds - Edward VIII Pattern". Numista.com
  11. "1 Florin - George VI". Numista.com
  12. "1 Farthing - George VI". Numista.com
  13. "3 Pence - George VI". Numista.com
  14. "medal, campaign". Auckland Museum (Aucklandmuseum.com).
  15. "5 Centavos Restoration of the Republic". Numista.com

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Predecesor:
Bertram Mackennal
 
Moedas da libra esterlina
Autores dos anversos

1936 - 1952
Sucesor:
Mary Gillick