Horace Wells, nado o 21 de xaneiro de 1815 e finado o 24 de xaneiro de 1848, foi un dentista estadounidense que utilizou por primeira vez a anestesia en odontoloxía, concretamente o óxido de nitróxeno.

Infotaula de personaHorace Wells

Dr. Horace Wells
Biografía
Nacemento21 de xaneiro de 1815
Hartford, Estados Unidos de América (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte24 de xaneiro de 1848 (33 anos)
Nova York
Causa da morteSuicidio Editar o valor em Wikidata (Hemorraxia e desangramento Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaCedar Hill Cemetery (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstadounidense
Actividade
Campo de traballoOdontoloxía
Ocupaciónodontólogo , científico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Wells-12086 Find a Grave: 5820828 Editar o valor em Wikidata

Biografía editar

Nacido en Hartford, Vermont, Wells asistiu á escola Walpole, en Nova Hampshire antes de estudar odontoloxía en Boston. Unha vez que se graduou, estabeleceu un consultorio en Hartford, Connecticut, cun socio chamado William T. G. Morton, quen sería coñecido pola utilización do éter como anestésico o 18 de outubro de 1846.

Wells experimentou nel mesmo os efectos do óxido de nitróxeno en 1844, cando John Riggs lle extraeu un dente sen sentir ningunha dor.[1] Desde ese momento comezou a utilizala cos seus propios pacientes. Non intentou patentar o descubrimento porque declarou que verse libre de dor tiña que ser "tan gratuíto como o aire".

 
Placa honorífica a Horace Wells.

En 1845, en Boston, realizou unha demostración ante un grupo de estudantes de medicina no Hospital Xeral de Massachusetts, mais o gas non foi ben administrado e o paciente chegou a berrar de dor. Os asistentes fóronse do lugar criticándoo. Despois deste acontecemento, Wells perdeu todo o seu prestixio ante a comunidade médica.

Despois deste feito, Wells abandonou a odontoloxía e dedicouse a ser vendedor durante os dous anos seguintes, viaxando por Connecticut e vendendo diferentes artigos para o fogar. En 1847, mudouse a París.

Un tempo despois de ter regresado aos Estados Unidos, Wells volveuse adicto ao cloroformo. Nesa época, non se coñecían os efectos de aspirar cloroformo e éter.[2] Un día, en estado de delirio, saíu correndo á rúa e tiroulle ácido sulfúrico a dúas prostitutas. Foi enviado ao cárcere neoiorquino de Tombs. A medida que os efectos da droga se lle foron desvanecendo, e a súa mente aclarándose; xa lúcido, deuse conta do que fixera e suicidouse cortándose unha arteria da perna cunha navalla de afeitar logo de terse metido unha dose analxésica de cloroformo.[3]

Wells atópase soterrado no cemiterio Cedar Hill en Hartford, Connecticut.

Recoñecementos editar

En 1864, de forma póstuma, a Asociación Dental Americana recoñeceulle a Wells a descuberta da anestesia moderna, e a Asociación Médica Americana fixo o propio en 1870.[4]

En Place des États-Unis, París, foi erixido un monumento na súa memoria.

Notas editar

  1. Shklar, G; Carranza, FA: The Historical Background of Periodontology. En Newman, MG; Takei, HH; Carrana FA, editores: Carranza’s Clinical Periodontology, 9na edición. Filadelfia: W.B. Saunders Company, 2002. páx 7.
  2. Smith, Ken. Raw Deal. Blast Books: Nova York, 1998. páxs. 62-3.
  3. "Suicide of Dr. Horace Wells, of Hartford, Connecticut, U.S". Providence Medical and Surgical Journal. 31 de maio de 1848. PMCID 2487383. Consultado o 4 de decembro de 2009. 
  4. "Horace Wells". NNDB. Consultado o 4 de decembro de 2009. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

*Musto, David F., "They Inhaled", New York Times, 12 de agosto de 2001 (crítica de Ether Day)

Ligazóns externas editar