Hoc hic mysterium fidei firmiter profitemur
(Redirección desde «Hoc hic misterium fidei firmiter profitemur»)
Hoc hic mysterium fidei firmiter profitemur[1] é o lema latino que aparece no escudo da cidade de Lugo. Tivo orixe no escudo do reino de Galicia.[2]
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/33/Coat_of_Arms_of_Lugo_%282012%29.svg/220px-Coat_of_Arms_of_Lugo_%282012%29.svg.png)
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/2/23/Escudo_de_Galicia_siglo_XVI.jpg/220px-Escudo_de_Galicia_siglo_XVI.jpg)
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/2/26/Cedulareinogaliza.jpg/220px-Cedulareinogaliza.jpg)
Características
editarA súa tradución literal é "Aquí confesamos firmemente este misterio da fe", e alude ao feito de estar o Santo Sacramento exposto ininterrompidamente no altar da catedral lucense, feito excepcional ademais de privilexiado que posúe xa dende a Idade Media ata a actualidade e que lle valeu a Lugo o sobrenome da Cidade do Sacramento.
O propio lema foi trasladado dende o escudo do reino de Galicia, onde aparece en representacións gráficas a partir do século XVII.
Notas
editar- ↑ Lugo (concello). Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada. Edición en DVD. 2005.
- ↑ "A Festa do Corpus". Arquivado dende o orixinal o 29 de novembro de 2010. Consultado o 21 de febreiro de 2020.