Hilda Counts

enxeñeira eléctrica cofundadora da American Society of Women Engineers and Architects


Hilda Counts nada en 1893 e finada en 1989,[1] foi unha enxeñeira eléctrica estadounidense e cofundadora da Society of Women Engineers of America (en galego, Sociedade Americana de Mujeres Enxeñeiras e Arquitectas). Foi a primeira muller en obter un título en Enxeñería Eléctrica da Universidade de Colorado.

Infotaula de personaHilda Counts

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento16 de setembro de 1893 Editar o valor em Wikidata
Condado de Runnels, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte17 de maio de 1989 Editar o valor em Wikidata (95 anos)
Olney, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaSouth Buxton Cemetery (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Colorado en Boulder Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónenxeñeira , enxeñeira eléctrica Editar o valor em Wikidata
Membro de

Traxectoria editar

Hilda Counts graduouse na Universidade de Colorado antes de traballar como profesora de matemáticas e física durante dous anos. Despois volveu á Universidade onde estudou enxeñaría eléctrica. Licenciouse en 1919 como a primeira muller en facelo con ese título. Counts comezou a traballar na Westinghouse Electric Corporation ata que decidiu volver á universidade para obter un título superior. Con todo, casou con Arthur T. Edgecomb e retirouse durante varios anos.[2][3]

Counts volveu traballar despois de catorce anos de interrupción e traballou na Administración de Electrificación Rural en Washington DC.[1][4] Xubilouse oficialmente en 1963 pero continuou traballando ata os 80 anos.[2] Counts morreu en 1989.[1]

Organizacións profesionais editar

Cando Counts traballou con Lou Alta Melton para crear unha Sociedade Americana de Mulleres Enxeñeiras e Arquitectas, escribiu a todas as universidades estadounidenses con departamentos de enxeñería para saber cantas mulleres eran estudantes. As respostas destacaron polo elevado número delas que dicían que “esta universidade non ten nin espera que teña alumnas de enxeñaría”. A pesar da gran cantidade de respostas negativas, resultou que había unhas 200 alumnas nos cursos de enxeñaría. Así que as dúas mulleres anunciaron o establecemento da asociación, co apoio da compañeira estudante de enxeñería Elsie Eaves e varias mulleres uníronse entre 1919 e 1920.[5][6][7] [8][9][10][11][12]

A longo prazo, a asociación non durou, pero foi o antecedente da Society of Women Engineers of America. Counts centrouse na creación e mantemento dunha organización deste tipo e na educación das mulleres en enxeñaría. Ela participou na fundación da SWE. Counts tamén estivo no Consello da Sociedade de Enxeñeiros Profesionais do Distrito de Columbia.[13][14][15] A Society of Women Engineers ten unha bolsa ao seu nome, The Pioneer Scholarship, establecida en memoria de Hilda Counts, Elsie Eaves e Lou Alta Melton.[16]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Hatch, Sybil E. (January 2006). Changing Our World: True Stories of Women Engineers (en inglés). ASCE Publications. ISBN 978-0-7844-0835-3. 
  2. 2,0 2,1 Layne, Margaret E. (5 June 2009). Women in Engineering: Pioneers and Trailblazers (en inglés). ASCE Publications. ISBN 978-0-7844-0980-0. 
  3. Canel, Annie; Oldenziel, Ruth (8 August 2005). Crossing Boundaries, Building Bridges (en inglés). Routledge. ISBN 978-1-135-28680-4. 
  4. "The Evening Independent from Massillon, Ohio on September 2, 1952 · Page 10" (en inglés). 
  5. Knupfer, A.; Woyshner, C. (18 March 2008). The Educational Work of Women's Organizations, 1890–1960 (en inglés). Springer. ISBN 978-0-230-61012-5. 
  6. LaFrance, Adrienne (2017-05-23). "Historic Rejection Letters to Women Engineers". Consultado o 2020-05-31. 
  7. Bix, A.S. (2013). Girls Coming to Tech!: A History of American Engineering Education for Women. Engineering Studies. MIT Press. p. 38. ISBN 978-0-262-01954-5. Consultado o 2020-05-31. 
  8. "Brutal rejections of female engineers in 1919 still sound modern". Consultado o 2020-05-31. 
  9. Anchora of Delta Gamma: Vol. 90, No. 3. Delta Gamma Fraternity. p. 1-PA31. Consultado o 2020-05-31. 
  10. Weiss, Suzannah. "These Rejection Letters Sent to Female Engineering School Applicants Will Infuriate You". Consultado o 2020-05-31. 
  11. Guest (2017-06-01). "These Rejection Letters to Women Engineers Will Infuriate You". Consultado o 2020-05-31. 
  12. "Gals & Guns: Women in American Engineering Pre-World War II" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 30 de novembro de 2021. Consultado o 2021-03-07. 
  13. "The Star-Democrat from Easton, Maryland on August 29, 1952 · Page 19" (en inglés). 
  14. "U.S. AGENCIES SEEK WOMEN ENGINEERS (Published 1951)". 12 March 1951. 
  15. Puaca, Laura Micheletti (2 June 2014). Searching for Scientific Womanpower: Technocratic Feminism and the Politics of National Security, 1940-1980 (en inglés). UNC Press Books. ISBN 978-1-4696-1082-5. 
  16. "Society of Women Engineers Rocky Mountain Section Scholarship - Colorado State University Scholarships".