Elsie Eaves

enxeñeira estadounidense

 

Infotaula de personaElsie Eaves
Biografía
Nacemento5 de maio de 1898 Editar o valor em Wikidata
Idaho Springs, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte27 de marzo de 1983 Editar o valor em Wikidata (84 anos)
Roslyn, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Causa da morteDoenza Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Colorado Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónenxeñeira civil , enxeñeira , xornalista Editar o valor em Wikidata
Membro de


Elsie Eaves, nada o 5 de maio de 1898 en Idaho Springs (Colorado) e finada o 27 de marzo de 1983, foi unha enxeñeira estadounidense pioneira, a primeira muller membro asociado da Sociedade Americana de Enxeñeiros Civís (ASCE), e membro fundadora da Asociación Americana de Enxeñeiros de Custos (agora AACE International; a Asociación para o Avance da Enxeñería de Custos).[1][2]

Traxectoria editar

Elsie Eaves, á idade de 22 anos, foi a primeira muller en obter unha licenciatura en enxeñería civil na Universidade de Colorado en Boulder en 1920.[1][3]

En 1918, Eaves foi elixida a primeira muller presidenta da sociedade de estudantes de enxeñería da universidade, a Combined Engineers, un feito tan pouco habitual que a noticia recibiu cobertura nacional nas publicacións de enxeñería.[4] Apoiou a Lou Alta Melton e Hilda Counts na creación da Sociedade Americana de Mulleres Enxeñeiras e Arquitectas en 1919.[4]

Carreira editar

Eaves traballou como debuxante para a Oficina de Estradas Públicas dos Estados Unidos en Denver (Colorado) e, posteriormente, para a Denver and Rio Grande Western Railroad Company.[5]

En 1925 uniuse á Women's Engineering Society (por aquel entón a única organización de mulleres enxeñeiras do mundo), da que seguiu sendo membro durante toda a súa carreira.[6]

En 1926, Eaves empezou a traballar para McGraw-Hill en Nova York no departamento de Engineering News- Record (ENR). Tamén foi directora de publicacións e vendas de McGraw- Hill Construction Daily.[5] En 1927, foi a primeira muller admitida como membro de pleno dereito da Sociedade Americana de Enxeñeiros Civís.

En 1929, Eaves creou e recompilou o primeiro inventario nacional de instalacións de evacuación de augas residuais municipais e industriais. A continuación, recompilou estatísticas sobre as necesidades de construción, o que contribuíu a revitalizar a industria da construción durante a Gran Depresión. Despois da Segunda guerra mundial, Eaves organizou e dirixiu a medición da "Planificación de posguerra" da industria da construción, que se utilizou como informe oficial do progreso da industria.[7]

En total, estivo asociada a McGraw- Hill' s Engineering News-Record, unha publicación comercial semanal, durante 37 anos.[1] En 1945, foi nomeada directora de Business News.

Xubilouse en 1963, pero seguiu exercendo como asesora da Comisión Nacional de Asuntos Urbanos sobre o tema dos custos da vivenda. En 1967, Eaves asistiu á segunda Conferencia Internacional de Mulleres Enxeñeiras e Científicas (ICWES) en Cambridge, Reino Unido, e en 1972 escribiu o obituario da tamén enxeñeira Ruth Shafer, presidenta da primeira ICWES.[8][9]

Recoñecementos editar

En 1974, recibiu a Medalla de Prata George Norlin, o máis alto galardón que concede a Universidade de Colorado, e en 1979 foi a primeira muller en recibir o título de membro honorario vitalicio da Asociación Americana de Enxeñeiros de Custos.

Eaves recibiu o premio Fellow na Convención Nacional da Sociedade de Mulleres Enxeñeiras de 1980, celebrada en Cherry Hill (Nova Jersey), xa que era membro da organización desde 1950.[10]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 "Elsie Eaves" (en inglés). 1983-04-02. ISSN 0362-4331. Consultado o 2019-11-28. 
  2. "Elsie Eaves Trailblazer". 
  3. "Women’s History Month: Elsie Eaves" (en inglés). 2018-03-02. Consultado o 2019-03-23. 
  4. 4,0 4,1 "Gals & Guns: Women in American Engineering Pre-World War II" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 30 de novembro de 2021. Consultado o 2021-03-07. 
  5. 5,0 5,1 Layne, Margaret E., ed. (2009). Women in Engineering: Pioneers and Trailblazers. p. 173. ISBN 9780784409800. OCLC 698843163. 
  6. "The Woman Engineer vol 9". Arquivado dende o orixinal o 01 de decembro de 2017. Consultado o 2020-03-05. 
  7. "Elsie Eaves, Civil Engineer" (en inglés). 2019-03-02. Consultado o 2019-11-28. 
  8. "The Woman Engineer. Vol. 10". theiet.org. Consultado o 2 de decembro de 2021. 
  9. "The Woman Engineer vol 11". Consultado o 2020-05-21. 
  10. "Elsie Eaves, SWE Fellow, 1980 National Convention". Consultado o 2021-03-14. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar