Heriberto Herrera
Heriberto Herrera Udrizar, nado en Guarambaré o 24 de abril de 1926 e finado en Asunción o 26 de xullo de 1996, foi un futbolista e adestrador paraguaio. Xogaba de defensa e foi internacional coas seleccións do Paraguai e España.[1]
Heriberto Herrera | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Heriberto Herrera Udrizar | ||
Nacemento | 24 de abril de 1926 | ||
Lugar de nacemento | Guarambaré | ||
Falecemento | 26 de xullo de 1996 | ||
Lugar de falecemento | Asunción | ||
Posición | defensa | ||
Carreira xuvenil | |||
Teniente Fariña | |||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1947–1952 | Nacional | ||
1952–1959 | Atlético de Madrid | 74 | (0) |
Adestrador | |||
1959 | Rayo Vallecano | ||
1960–1961 | Tenerife | ||
1961–1962 | Granada | ||
1962 | Valladolid | ||
1962–1963 | Espanyol | ||
1963–1964 | Elche | ||
1964–1969 | Juventus | ||
1969–1971 | Inter de Milán | ||
1971–1973 | Sampdoria | ||
1974–1975 | Atalanta | ||
1975–1976 | Las Palmas | ||
1976–1977 | Valencia | ||
1977–1978 | Espanyol | ||
1978–1979 | Elche | ||
1982 | Las Palmas | ||
Na rede | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Traxectoria editar
Como futbolista editar
Nado na cidade paraguaia de Guarambaré era fillo dun español. Comezou a xogar ao fútbol no Teniente Fariña, antes de fichar en 1947 polo Club Nacional, no que xogou ata 1953.[2] As súas grande actuacións no Campionato Suramericano que gañou Paraguai, agradaron ao emisario do Atlético de Madrid presente no Perú, e este tramitou a súa contratación, xunto á dos seus compañeiros Adolfo Riquelme e Atilio López.[2] Militou no club madrileño ata 1959.
Seleccións nacionais editar
Foi internacional coa selección de Paraguai, coa que gañou a Copa América de 1953 contra o Brasil, sendo elixido mellor xogador do torneo. En 1957 xogou un partido coa selección española, correspondente á clasificación para o Mundial de 1958, enfrontándose a Suíza no Santiago Bernabéu.
Como adestrador editar
Comezou a súa carreira como adestrador en 1959, inmediatamente despois de colgar as botas. O seu primeiro equipo foi o Rayo Vallecano, ao que chegou nas derradeiras xornadas da tempada 1958/59, co equipo como último clasificado da Segunda División. Conseguiu sacar o equipo dos postos de descenso directo e acadar a promoción de permanencia, e a continuación conseguiu a salvación ao derrotar ao Celta Turista. Entre as tempadas 1960/61 e 1962/63 conseguiu tres ascensos consecutivos á Primeira División con tres equipos diferentes: Tenerife, Valladolid e Espanyol.[2]
Tralos seus éxitos en Segunda deu o salto á Primeira, collendo en 1963 as rendas do Elche. Na súa única campaña co equipo verde e branco, acadou o quinto posto da liga, o mellor resultado da historia do club.[2]
A continuación marchou a Italia, para asinar como novo adestrador da Juventus, á que dirixiu entre 1964 e 1969. Gañou a Serie A na tempada 1966/67 e unha Copa de Italia na tempada 1964/65, nos dous casos xusto por diante do Inter de Milán de Helenio Herrera, adestrador co que foi comparado durante toda a súa carreira debido ao parecido dos seus nomes.[2]
Ademais levou o equipo piemontés á final da Copa de Feiras na tempada 1964/65 e ás semifinais da Copa de Europa 1967/68, onde caeu contra o Benfica de Otto Glória. Deixou o club en 1969 despois de 1962 partidos, sendo na actualidade o cuarto adestrador con máis partidos na historia da Juventus.[3]
A continuación foi contratado polo Inter de Milán, ao que levou ao segundo posto da Serie A na tempada 1969/70. Pasou logo polos bancos da Sampdoria e a Atalanta, antes de regresar en 1975 a España, onde adestrou varios equipos, entre eles o Valencia e por segunda vez o Elche.
Morreu en Asunción en 1996.
Palmarés editar
Como xogador editar
- Paraguai
- Copa América (1): 1953.
Como adestrador editar
- Juventus
- Serie A (1): 1966/67.
- Copa Italia (1): 1964/65.
Notas editar
- ↑ "Players Appearing for Two or More Countries". rsssf.com (en inglés). Consultado o 14 de marzo de 2022.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Martín, Agustín (7 de abril de 2014). "Heriberto Herrera: el otro H.H.". As (en castelán). Consultado o 14 de marzo de 2022.
- ↑ "Did you know that...". bianconeri.tripod.com (en inglés). Consultado o 14 de marzo de 2022.
Véxase tamén editar
Ligazóns externas editar
- Datos do xogador en BDFutbol (en castelán).
- Datos do adestrador en BDFutbol (en castelán).