A Copa de Cidades en Feira (en inglés: Inter-Cities Fairs Cup), ou máis concisa e popularmente Copa de Feiras, foi unha competición internacional de clubs disputada integramente en Europa instituída o 18 de abril de 1955 (dúas semanas logo da creación da Copa de Europa). A súa creación foi iniciativa de Ernst Thommen, de Ottorino Barrasi (naquel tempo, secretarios xerais da FIGC e da FA, respectivamente) e de Stanley Rous, secretario da FIFA, coa finalidade de enfrontar a representativos de cidades europeas que tiveran albergado feiras de mostras internacionais: Barcelona, Basilea, Birmingham, Copenhaguen, Frankfurt, Lausana, Leipzig, Londres, Milán e Zagreb[1]

A Copa de Feiras, a pesar de ser considerada a competición precursora da UEFA Europa League (coñecida ata o 2009 co nome de Copa da UEFA), non está contabilizada nin a nivel estatístico nin de palmarés[2][3] no ámbito das competicións de clubs da UEFA, ao non estar afiliada a devandita institución.[4]

O club con máis títulos é o Fútbol Club Barcelona con tres.

Historia editar

A pesar que a idea inicial era que os participantes fosen seleccións de cidades, e non clubs destas cidades, a realidade desde o principio foi a contraria. Barcelona xa competiu na primeira edición con xogadores unicamente do FC Barcelona, e ata cunha vestimenta azul e grana. A maioría do resto de cidades tamén se representaron cos principais equipos da súa cidade, e non cunha selección de diversos equipos. O campión da primeira edición foi o Barcelona, que se impuxo en partido a dobre volta á selección de Londres (equipo afeccionado) por un total de 8:2.

Para a segunda edición introducíronse cambios. Concibiuse un torneo de duración menor, dous anos (1958/1960), no que os equipos xa se enfrontarían en eliminatorias, segundo sorteo, con partidos de ida e volta. Os participantes debían seguir sendo equipos pertencentes a cidades con feiras, pero xa non tiñan que ser seleccións da cidade, senón clubs. A partir da terceira edición (1961), a competición pasou a ser anual, e foi ampliando o número de equipos participantes ata superar os 60 nas súas últimas edicións. Desde 1968, os equipos pasaron a clasificarse pola súa posición nas ligas dos seus respectivos países.

Finalmente a UEFA tomou o control do torneo e decidiu substituílo por unha nova competición, cun novo trofeo e novas regras: a Copa da UEFA. A da tempada 1970/1971 foi, así, a última edición da Copa de Feiras. O 22 de setembro de 1971 disputouse un partido único para definir quen tería en propiedade o trofeo, entre o primeiro club que o gañou, o FC Barcelona, e o último campión, o Leeds United. Neste torneo, denominado Copa de Campións de Feiras, venceu o FC Barcelona por un marcador final de 2:1, nun partido disputado no Camp Nou.

Durante os primeiros anos, a Copa de Feiras foi dominada polos equipos españois, ao gañala o Barcelona en tres edicións, o Valencia en dúas e o Real Zaragoza nunha. Non foi ata 1968 cando un equipo do norte de Europa, o Leeds United, conquistou o trofeo, marcando así un período de dominio do fútbol inglés nas últimas edicións da competición.

Historial de finais editar

En letra grosa o resultado no campo do campión.

Temporada Campión Subcampión Ida Volta
1955/58   Barcelona   Londres XI 2-2 6-0
1958/60   Barcelona   Birmingham City 0-0 4-1
1960/61   AS Roma   Birmingham City 2-2 2-0
1961/62   Valencia   Barcelona 6-2 1-1
1962/63   Valencia   Dinamo Zagreb 1-2 2-0
1963/64   Zaragoza   Valencia 2-1 *
1964/65   Ferencváros   Juventus 1-0 *
1965/66   Barcelona   Zaragoza 0-1 4-2
1966/67   Dinamo Zagreb   Leeds United 2-0 0-0
1967/68   Leeds United   Ferencváros 1-0 0-0
1968/69   Newcastle United   Újpest Dózsa 3-0 2-3
1969/70   Arsenal   Anderlecht 3-1 3-0
1970/71   Leeds United   Juventus 2-2 1-1

(*) Finais a partido único.

Palmarés editar

Por equipos editar

Equipo País Títulos Subcampionatos Anos campión
Barcelona   España 3 1 1958, 1960 e 1966
Valencia   España 2 1 1962 e 1963
Leeds United   Inglaterra 2 1 1968 e 1971
Zaragoza   España 1 1 1964
Ferencváros   Hungría 1 1 1965
Dinamo Zagreb   Croacia 1 1 1967
AS Roma   Italia 1 0 1961
Newcastle United   Inglaterra 1 0 1969
Arsenal   Inglaterra 1 0 1970
Birmingham City   Inglaterra 0 2
Juventus   Italia 0 2
Londres XI   Inglaterra 0 1
Újpest   Hungría 0 1
Anderlecht   Bélxica 0 1

Por países editar

País Títulos Subcampionatos
  España 6 3
  Inglaterra 4 4
  Italia 1 2
  Hungría 1 2
  Croacia 1 1
  Bélxica 0 1

Estatísticas editar

Equipos españois editar

Equipo Participacións Gañador
FC Barcelona 11 3
Valencia CF 9 2
Real Zaragoza 5 1
Athletic Club 5
Atlético de Madrid 2
RCD Espanyol 2
Sevilla FC 2
UD Las Palmas 1
CE Sabadell 1
Real Betis 1

Notas editar

  1. uefa.com, ed. (2009). "Historia da Copa Europa League". Arquivado dende o orixinal o 20 de decembro de 2006. Consultado o 20 de agosto de 2009. 
  2. Elmundodeportivo.es, ed. (2003). "Un dilema histórico". Consultado o 26 de setembro de 2003. 
  3. Elmundodeportivo.es, ed. (1992). "O Barça, gran atracción do sorteo". Consultado o 16 de xullo de 1992. 
  4. uefa.com, ed. (2009). "A Copa da UEFA da A á Z". Arquivado dende o orixinal o 22 de maio de 2009. Consultado o 29 de maio de 2009. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar