A hemina (hemo cloruro férrico) é unha porfirina que contén ferro con cloro que se pode orixinar a partir dun grupo hemo, como o hemo B presente na hemoglobina do sangue humano.

Hemina
Datos clínicos
Rutas de
administración
intravenosa
Código ATC
Identificadores
Número CAS
ChemSpider
Datos químicos e físicos
FórmulaC34H32ClFeN4O4
Aviso médico.
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

Química editar

A hemina é unha protoporfirina IX que contén un ión férrico (Fe3+) cun ligando cloruro coordinado.

Quimicamente, a hemina difire do composto hemo relacionado hematina principalmente en que o ion coordinante é un ión cloruro na hemina, mentres que este é un hidróxido na hematina.[1] O ión ferro no hemo é ferroso (Fe2+), mentres que este é férrico (Fe3+) tanto na hemina coma na hematina.

A hemina prodúcese endoxenamente no corpo humano, por exemplo durante a substitución dos glóbulos vermellos vellos. Pode formarse inapropiadamente como resultado de hemólise ou lesión vascular. Varias proteínas do sangue humano únense á hemina, como a hemopexina e a albumina sérica humana.

Uso farmacolóxico editar

Unha forma liofilizada da hemina utilízase como axente farmacolóxico en certos casos para o tratamento de ataques de porfiria, especialmente na porfiria aguda intermitente. A administración de hemina pode reducir os déficits de hemo en ditos pacientes, suprimindo así a actividade da ácido delta-amino-levuliínico sintase (un encima clave na síntese das porfirinas) por retroalimentación bioquímica, que á súa vez reduce a produción de porfirinas e de precursores tóxicos do hemo. En ditos contextos farmacolóxicos, a hemina é formulada normalmente con albumina sérica humana antes da súa administración por un profesional da Medicina, para reducir o risco de flebite e estabilizar o composto, o cal é potencialmente reactivo se se lle permite circular en forma libre. Tales formas farmacolóxicas da hemina véndense con diversos nomes comerciais, como Panhematin[2] e Normosang.[3]

Uso forense editar

A hemina pode producirse a partir da hemoglobina no denominado test de Teichmann, no que a hemoglobina se quenta con ácido acético glacial (saturado con solución salina). Isto pode usarse para detectar trazas de sangue.

Outros editar

A hemina considérase o "factor X" necesario para o crecemento da bacteria Haemophilus influenzae.[4]

Historia do seu illamento editar

A hemina cristalizouna por primeira vez do sangue en 1853 Ludwik Karol Teichmann. Teichmann descubriu que os pigmentos sanguíneos poden formar cristais microscópicos e os da hemina son rómbicos. Por iso, os cristais de hemina denomínase por veces "cristais de Teichmann". Hans Fischer sintetizou a hemina, trabsllo polo que foi galardoado co Premio Nobel de Química de 1930.[5] O procedemento de Fischer consistía en tratar sangue desfibrinado cunha solución de cloruro de sodio en ácido acético.[6]

Notas editar

  1. Grenoble DC, Drickamer HG (decembro de 1968). "The effect of pressure on the oxidation state of iron. 3. Hemin and hematin" (PDF). Proceedings of the National Academy of Sciences of the United States of America 61 (4): 1177–82. Bibcode:1968PNAS...61.1177G. PMC 225235. PMID 5249803. doi:10.1073/pnas.61.4.1177. 
  2. "Panhematin for Acute Porphyria". American Porphyria Foundation. Arquivado dende o orixinal o 2018-03-12. Consultado o 2017-09-30. 
  3. "Normosang". Electronic Medicines Compendium (eMC). 
  4. Sherris JC, Ryan KJ, Ray CL (2004). Sherris medical microbiology: an introduction to infectious diseases. Nova York: McGraw-Hill. pp. 395. ISBN 0-8385-8529-9. 
  5. Fischer, Hans. "On hemin and the relationships between hemin and chlorophyll" (PDF). Nobel Lecture. Nobel Prize Foundation. 
  6. Fischer, Hans (1941). "Hemin". Org. Synth. 21: 53. doi:10.15227/orgsyn.021.0053. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar