Hedera hibernica

especie de planta

Hedera hibernica é unha das especies do xénero Hedera nativa das costas atlánticas de Europa[1]

Bagas.
Flores
Hábito trepador sobre un muro

Descrición editar

Planta perenne moi vigorosa, non rizomatosa de hábito rastreiro ou trepador, adhírese ás superficies por medio de raíces aéreas. Como todas as especies de Hedera, ten dúas formas de follas. As das ramas novas son estériles, xeralmente cordiformes ou palmadas; poden ser tamén puntiagudas, con 3 a 5 lóbulos —o central máis longo que os laterais—, con base truncada, de cor avermellada a verdoso e tricomas estrelados. As das ramas fértiles son enteiras —ás veces tamén trilobuladas—, xeralmente elípticas ou ovadas, ou mesmo lanceoladas, separadas por entrenós. Todas son de cor verde pardo a intenso, con nervios verdosos pouco prominentes. As inflorescencias terminais xorden en umbelas con 10-35 flores diminutas de cor amarela verdosa, con pétalos deltoideos e sépalos triangulares de cor castaña. Os froitos son pequenas bagas negro azuladas, ás veces dun verde escuro. Conteñen de 2 a 5 sementes.

Ten un número de cromosomas de 2n = 96.[2]

Distribución e hábitat editar

Orixinaria das costas atlánticas europeas, tanto noroccidentais como suroccidentais. Atópase naturalizada en Norteamérica.[3]

O seu hábitat natural son os bosques húmidos e os tépedos caducifolios.

Cultivo e usos editar

Cultívase amplamente como ornamental. Debido ao seu rápido e vigoroso crecemento, do mesmo xeito que o seu parente Hedera helix (a hedra común), considérase especie invasora nas zonas de Norteamérica que teñen invernos suaves e tende a invadir amplas zonas e mesmo afogar as plantas ás que se adhire para rubir.[4]

Taxonomía editar

Hedera hibernica foi descrita por (G.Kirchn.) Carrière e publicada en Revue Horticole 62: 163. 1890.[5]

Etimoloxía

Hedera: nome xenérico dado á hedra.

hibernica: epíteto do grego antigo que significa "do inverno".[6]

Sinonimia
  • Hedera canariensis var. maculata (Hibberd) Hibberd
  • Hedera grandifolia var. maculata Hibberd
  • Hedera helix subsp. hibernica (G.Kirchn.) D.C.McClint.
  • Hedera helix var. hibernica G.Kirchn.
  • Hedera helix var. maculata (Hibberd) Rehder
  • Hedera helix forma maculata (Hibberd) Tobler
  • Hedera vegeta G.Nicholson
  • Hedera vitifolia G.Nicholson[7]

Notas editar

  1. "Hiedra del Atlántico (Hedera hibernica)" (en español). Consultado o 29 de marzo de 2019. 
  2. Hedera hibernica en Flora Vascular
  3. "Hedera hibernica (G. Kirchn.) Bean" (en inglés). Consultado o 29 de marzo de 2019. 
  4. "Hiedra inglesa y hiedra irlandesa" (PDF) (en español). Consultado o 29 de marzo de 2019. 
  5. "Hedera hibernica". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 19 de xullo de 2014. 
  6. En Epítetos Botánicos
  7. Sinónimos en Catalogue of life

Véxase tamén editar