Unha umbela, en botánica, é o termo utilizado para un conxunto de flores da que parten os pedicelos, iguais, do eixo central, con formato dun paraugas. Ou sexa, é unha inflorescencia en forma de paraugas.

Esquema dunha umbela.
Umbela dunha especie de allo.

Pode ser pseudoumbela cando parte de ou forman flores "falsas", como por exemplo, brácteas.

Pode ser simple ou composta.

O termo vén do latín umbra, que significa sombra, aplicado nalgunhas linguas, como italiano e inglés, para paraugas, ombrello e umbrella respectivamente.