Han Song (chinés simplificado: 韩松; pinyin: Hán Sōng), nado en Chongqing en 1965, é un escritor chinés de ciencia ficción e redactor xefe da axencia estatal de noticias Xinhua.

Infotaula de personaHan Song

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1965 Editar o valor em Wikidata (58/59 anos)
Chongqing, República Popular da China Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaPequín Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeRepública Popular da China Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Wuhan - Máster en Derecho (1984–1991) Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor de ciencia ficción , reporteiro Editar o valor em Wikidata
EmpregadorXinhua (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Participou en
23 de xaneiro de 2018World Economic Forum Annual Meeting 2018 (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Han Song ten formación en filoloxía inglesa pola Southwest Normal University da súa cidade, en Chongqing, e un mestrado en xornalismo pola Universidade de Wuhan.

É un autor en chinés coa maior parte do seu traballo aínda non traducido a outras linguas.

Obra editar

Han Song ten un estilo distintivo onde recurre moito a frases descritivas longas xustapostas. Foi descrito polo China Daily como un nacionalista chinés que utiliza a ficción para arremeter e burlarse da hipocrisía occidental [1], na súa obra 2066: Red Star Over America describe o colapso dos EEUU nun mundo dominado pola China. Mais o autor Ken Liu ve nos escritos de Song unha continuación da liña crítica, agresiva de Lu Xun cara a historia e cultura chinesas. Onde as súas obras falarían da vertixinosa velocidade do desenvolvemento chinés e como este está deixando atrás a milleiros de vítimas. Nunha modernidade chinesa carente de valores. [2]

Publicacións editar

  • 天道, tiāndào [„Ceo“]; galardoado no Galaxy Award de 1989.
  • 佛性 (fú xìng 'Budda-Natur'), publicado no 2000, ISBN 978-3-453-31904-2.
  • 老年时代, lǎonián shídài ; galardoado co Galaxy Award no ano 2013
  • Submarinos no orixinal 潜艇 , onde narra o modo de vida de migrantes que chegaron aos afluentes do río Yangsté e debido á crise de falta de vivendas víanse forzados a vivir en pequenos submarinos como unha vila acuática paralela aos locais. Publicado o 17 de novembro de 2014; na antoloxía en español Estrellas Rotas ISBN 978-84-9181-924-0 e en alemán na antoloxía Zerbrochene Sterne, ISBN 978-3-453-32058-1.
  • 宇宙墓碑 ; galardoado co Galaxy Award de 2015.
  • Salinger e os coreanos, na antoloxía en español Estrellas Rotas Salinger y los coreanos ISBN 978-84-9181-924-0 no orixinal 塞林格与朝鲜人, publicado no ano 2016; traducido ao inglés e, por separado, ao alemán na antoloxía Zerbrochene Sterne, ISBN 978-3-453-32058-1.
  • 2066: Red Star Over America publicado no ano 2000
  • Red Ocean publicado no ano 2004
  • My Homeland Does Not Dream, cunha temática onde o Estado droga aos cidadáns para que poidan traballar pola noite 2012
  • Triloxía do Hospital:
    • Hospital, no orixinal 医院 , publicado en chinés o 1 de xuño de 2016, en inglés no 1 de Marzo de 2023.
    • Exorcism, no orixinal 驱魔, publicado en chinés en maio de 2017.
    • Dead Souls, no orixinal 亡灵 , publicado en chinés en maio de 2018.

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

  • 韩松 (La literatura china traducida en España)