Lu Xun

escritor e intelectual chinés do século XX

Lu Xun (chinés tradicional: 魯迅; chinés simplificado: 鲁迅; pinyin: Lǔ Xùn; Wade-Giles: Lu3 Hsün4), pseudónimo de Zhou Shuren (chinés tradicional: 周樹人; chinés simplificado: 周树人; pinyin: Zhōu Shùrén; Wade-Giles: Chou1 Shu4-jen2), nado en Shaoxing (provincia de Zhejiang) o 25 de setembro de 1881 e finado en Shanghai o 19 de outubro de 1936, foi un escritor chinés. Está considerado o fundador da literatura chinesa moderna debido á súa innovación temática –narrativa de contido realista e social– e ao uso do chinés vernáculo (白话, báihuà, lit. "lingua transparente") en substitución da lingua clásica literaria (文言, wényán, "lingua da cultura").

Infotaula de personaLu Xun

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(zh-hant) 魯迅 Editar o valor em Wikidata
Biografía
NacementoZhou Shuren
25 de setembro de 1881 Editar o valor em Wikidata
Shaoxing (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte19 de outubro de 1936 Editar o valor em Wikidata (55 anos)
Shanghai Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Tuberculose Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaLu Xun's tomb (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeRepública da China (1912–1936)
Dinastía Qing (1881–1912) Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Tohoku (pt) Traducir
Kobun Institute (en) Traducir
Sendai Medical College (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónensaísta , tradutor , novelista , crítico , esperantista , poeta , crítico literario , escritor Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Beijing Editar o valor em Wikidata
Membro de
Xénero artísticoEnsaio e conto Editar o valor em Wikidata
MovementoNew Culture Movement (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Pseudónimo literarioLu Xun
豫山
豫才
豫亭 Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua xaponesa, lingua inglesa, lingua alemá, lingua rusa, esperanto, Chinés clásico, written vernacular Chinese (en) Traducir e lingua chinesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeZhu An (en) Traducir (1906–1936)
Xu Guangping (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
ParellaXu Guangping (en) Traducir (1927–1936) Editar o valor em Wikidata
FillosZhou Haiying (en) Traducir
 () Xu Guangping (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaiZhou Boyi (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsChou Tso-jen (en) Traducir e Zhou Jianren (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0523770 Last fm: 魯迅 Musicbrainz: 60fb92ed-fc59-476e-8683-b205f471b0b2 WikiTree: 周-21 Editar o valor em Wikidata

A súa obra exerceu grande influencia no Movemento do Catro de Maio e fai parte do panteón literario da República Popular da China, malia que nunca chegou a ser membro do Partido Comunista Chinés. Formou parte da Liga de Escritores de Esquerdas, fundada en 1930, na que se propugnaba a idea de que a literatura tiña que servir aos intereses da revolución. El mesmo renunciou á literatura como creación porque entendía que arte e política son incompatíbeis, e tras escribir varias escolmas de relatos e o libro de poemas en prosa Yecao 野草 ("Mala herba"), dedicouse exclusivamente ao ensaio político.

Os seus relatos "O diario dun tolo" e "Unha nube de vran" foron publicados en galego por Edicións Xerais, na escolma Flores e leña (1982).[1]

Traxectoria editar

O seu primeiro nome foi Zhou Zhangshu máis tarde modificado para Shuren; foi o máis vello de catro irmáns, o máis novo Zhou Zuoren foi tamén un coñecido escritor. A dos Zhou era unha familia de funcionarios e letrados aínda que vinda a menos pola acusación sobre o seu avó de subornar nos exames imperiais. En 1899 ingresou na Academia Naval en Nanjing e despois pasou á Escola de Enxeñería Ferroviaria e de Minas. En 1902 obtivo unha bolsa de estudos do goberno para estudar no Xapón, e estudou Medicina en Sendai, carreira que deixou tras un suceso que ía ser fundamental na súa vida: un profesor puxéralle unha placa nunha lanterna de proxección sobre a execución dun chinés acusado de ser espía en Manchuria coa indiferenza dos espectadores chineses que vían a execución con indolencia, como un espectáculo. Lu Xun sentiu que tiña que facer mudar de espírito ao pobo chinés e a literatura podería ser o medio. Marchou a Toquio, alí quixo editar sen éxito unha revista e publicou algúns ensaios, aínda en wenyan (chinés literario clásico), nos que chamaba aos seus compatriotas ao heroísmo, e traduciu algúns contos rusos. En 1910 volveu a China, atopou traballo como profesor de bioloxía en Hangzhou e despois no de Shaoxing. Trala fin da monarquía traballou no Ministerio de Educación en Nanjing e logo en Beijing.

En 1918 publicou o conto "O diario dun tolo" (Kuangren Riji, 狂人日記), considerada o inicio da literatura en baihua (chinés vernáculo) e onde por vez primeira asinaba como Lu Xun. Nomeado profesor de literatura chinesa na Universidade de Beijing, publicou dúas escolmas de contos, e o seu relato máis longo, A Q Zhengzhuan 阿Q正傳 ("A verdadeira historia de Ah Q").

Traducións editar

Notas editar

  1. "Fernando Pérez-Barreiro Nolla - Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2023-12-05. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

  • 鲁迅 (La literatura china traducida en España)