HC Keski-Uusimaa
(Redirección desde «HC Kerava»)
O HC Keski-Uusimaa é un equipo de hóckey sobre xeo da localidade de Kerava (Finlandia). O club foi fundado no ano 2008 e dende o 2012 compite na Mestis, a segunda categoría do hóckey sobre xeo finés. Xoga os seus partidos como local no Keravan jäähalli, un pavillón con capacidade para 2.000 espectadores.
HC Keski-Uusimaa | |
---|---|
Fundación | 2008 |
Cidade | Kerava, Uusimaa Finlandia |
Estadio | Keravan jäähalli (2.000 espectadores) |
Liga | Mestis |
Adestrador | Sami Ranta |
Cores | Azul, vermello e branco |
Véxase tamén editar
A Galipedia ten un portal sobre: Hóckey sobre xeo |
Ligazóns externas editar
- Sitio web oficial (en finés)