Guillermo Rovirosa

sindicalista español

Guillermo Rovirosa Albet, nado en Vilanova i la Geltrú (Barcelona) o 4 de agosto de 1897 e finado en Madrid o 27 de febreiro de 1964, foi un militante obreiro cristián español, o principal impulsor da Hermandad Obrera de Acción Católica.

Infotaula de personaGuillermo Rovirosa
Biografía
Nacemento1897 Editar o valor em Wikidata
Vilanova i la Geltrú, España Editar o valor em Wikidata
Morte27 de febreiro de 1964 Editar o valor em Wikidata (66/67 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónsindicalista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua catalá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Foi o terceiro fillo dunha familia campesiña. Tras a morte do pai, cando tiña 9 anos de idade, ingresou no colexio próximo dos Escolapios. Foi un estudante destacado das escolas de directores de Industrias Eléctricas en Barcelona. Chegada a Guerra civil española os seus compañeiros nomeárono por unanimidade presidente do consello obreiro. En consecuencia, cara ao final da contenda o xeneral Francisco Franco condenouno a 12 anos de prisión.

Durante a guerra, el e a súa muller, Caterina, víronse obrigados a refuxiarse nun soto. Nel atoparon unha chea de libros esquecidos de fomento social, o que aproveitou para afondar no chamado «apostolado obreiro».

Perante a apostasía da clase obreira que Pío XI denunciara xa en 1930, encargóuselle a Rovirosa en maio de 1946 o lanzamento da Hermandad Obrera de Acción Católica. Esta constituiría unha ponte entre a Igrexa e a clase obreira, xa que os máis dos seus primeiros militantes eran conversos provenientes do anarcosindicalismo, o comunismo e o socialismo. Pío XII sinalou as Associazioni Cristiane Lavoratori Italiani como modelo.[1][2]

Dedicou a súa vida á HOAC, á que dotou do seu espírito militante. Porén, non ocupou ningún cargo orgánico e viviu do seu traballo como inventor. Percorreu España dando cursos e participando en xornadas, vivindo na pobreza.

Despois dun retiro voluntario no mosteiro de Montserrat, moitos dos seus amigos ficaron impregnados dese espírito militante e entregados a Cristo. Estes convidaron a Rovirosa a colaborar na posta en marcha da editorial ZYX, a primeira editorial de temas sociais durante o franquismo, da que será o seu presidente. O primeiro libro que editou, ¿De quién es la empresa?, é da súa autoría.

Finou en Madrid o 27 de febreiro de 1964. O 9 de maio de 2003 iniciouse a súa causa de beatificación.

Rovirosa tiña como único obxectivo a promoción de militantes cristiáns pobres. Varios dos seus amigos, impregnados da súa espiritualidade de encarnación e o seu estilo militante, puxeron en marcha o Movimiento Cultural Cristiano.

Bibliografía editar

  • Alcaide Maestre, Alfonso (2005). "Guillermo Rovirosa. El santo de los obreros". XX Siglos (en castelán) 16 (55): 103–109. ISSN 1130-3948. 
  • Díaz Hernández, Carlos. El pensamiento personalista de Rovirosa (en castelán). Movimiento Cultural Cristiano. 
  • García, Xabier; Martín Martín, Jacinto; Malagón, Tomás (1985). Rovirosa, Apostol de la clase Obrera (en castelán). Madrid: HOAC. ISBN 84-85121-37-6. 
  • López García, Basilisa (1995). Aproximación a la historia de la HOAC. 1946-1981 (en castelán). Colección Huellas de nuestra Historia (1ª ed.). Madrid: HOAC. ISBN 9788485121632. 
  • Prieto, Enrique (1992). Rovirosa, investigador y militante (en castelán). Movimiento Cultural Cristiano. 
  • Rodríguez Martín, Eugenio Alberto (2005). Espiritualidad y ética del pensamiento social cristiano. Guillermo Rovirosa (1897-1964). Voz de los sin Voz (en castelán). Tese Doutoral. Madrid: Movimiento Cultural Cristiano. ISBN 9788493383312. 
  • Rodríguez Martín, Eugenio Alberto (2011). "La caridad de Guillermo Rovirosa". Corintios XIII: Revista de teología y pastoral de la caridad (en castelán) (139): 243–271. ISBN 9788484404774. ISSN 0210-1858. 
  • Ruiz Camps, Ángel. Obras Completas (en castelán). 6 volumes. HOAC. ISBN 9788485121571. 
  • Ruíz de Cascos, Carlos (2004). La Espiritualidad Trinitaria de Guillermo Rovirosa (en castelán). Tese doutoral. Movimiento Cultural Cristiano. ISBN 9788493383305. 
  • Rovirosa, Guillermo. "Autobiografía" (en castelán) (242). 
  • Rovirosa, Guillermo (1966). Comunistas y Cristianos (en castelán). ZYX. ASIN B00KWLZ3PY. Arquivado dende o orixinal (EPUB) o 24 de outubro de 2013. Consultado o 07 de setembro de 2022. 

Notas editar

  1. Palacios, José Luis (10 de marzo de 2021). "La influencia de los trabajadores cristianos italianos en la creación de la HOAC". Noticias Obreras (en castelán). Consultado o 21 de febreiro de 2022. 
  2. Basilisa López García (06 de abril de 2021). Relaciones Internacionales: las ACLI como modelo de referencia en la fundación de la HOAC (1946-1961) (en castelán). Universidad Pontificia de Salamanca - SUMMA. Repositorio Institucional. Consultado o 21 de febreiro de 2022. 

Ligazóns externas editar