A apostasía ten diversas acepcións, podendo facer referencia, segundo a Igrexa, á negación da fe de Xesús Cristo recibida no bautismo, ao abandono de xeito irregular a orde ou instituto ao que pertence, ou, no caso de estar referida a un crego, prescindir este habitualmente da condición de seu por incumprimento das obrigas propias do seu estado.

Logo da Campaña pola Apostasía Colectiva en España, chamando á defección da Igrexa Católica
Estados con pena de morte por apostasía

Características editar

En todas estas acepcións o sentido vén sendo o mesmo: abandonar ou negar unha doutrina orixinalmente aceptada pero dende un rexeitamento completo da mesma (fronte ao rexeitamento parcial ou deturpado da herexía). Máis especialmente o termo alude á renuncia formal, por parte de alguén, a pertencer á comunidade de fieis dunha relixión instituída determinada e nese sentido é tradicionalmente un termo marcadamente pexorativo, pois era aplicado polos crentes a aqueles que abxuraban da crenza común.

A etimoloxía da verba ten a súa orixe en dous termos gregos clásicos: απο (apo), "fóra de" e στασις (stasis), "colocarse"; o termo completo: αποστασις (apostasis) ten tamén o significado de rebelión ou deserción militar. Na actualidade o sentido de todos eles mantense case que invariábel. Haberá que analizar como varía o seu significado dependendo dos contextos ideolóxicos nos que se insira.

Dende o punto de vista relixioso, a apostasía é un vicio, a corrupción da virtude da piedade, no sentido de que supón á negación explícita e consciente de cumprir cos deberes relixiosos formalmente establecidos polo dogma e polo mesmo trátase dun pecado. Como consecuencia desta concepción a apostasía é tamén considerada coma un delito eclesiástico e como tal atópase suxeito a penalizacións de diversa índole: excomuñón, ostracismo, pena de morte etc. Estas penas acostuman estar reguladas a través dos código legais correspondentes a cada relixión, como é o caso do dereito canónico católico onde o canon 1364 é explícito ao respecto.

Dende a perspectiva do ateismo e do agnosticismo tradicional, a apostasía non é máis que o final dun longo proceso secular de perda da fe nos resultados do pensamento mítico por parte da conciencia humana e un recoñecemento implícito da independencia liberadora dos valores da racionalidade fronte ao adoutrinamento dogmático relixioso.

Nos últimos tempos o movemento laicista, librepensadores de diferentes correntes e moitos científicos empregan a apostasía como estratexia política activa para defender e garantir a liberdade de conciencia e acción fronte aos poderes eclesiásticos, sendo que os papeis tradicionais aparecen invertidos, pois son os propios apóstatas os que esixen a exclusión formal como membros recoñecidos da igrexa fronte ás fortes reticencias desta última por ter que recoñecer a perda masiva de miles de ata agora supostos fieis.

Apóstatas célebres editar

Do cristianismo editar

Do islam editar

  • Ayaan Hirsi Ali, crítica do islam.
  • Salman Rushdie, acusado de apóstata e sentenciado a morte polo imán iraniano Homeini a causa da publicación do seu libro: Os versos Satánicos.

Do xudaísmo editar

  • Baruch de Spinoza, excomungado pola comunidade xudía a causa do seu pensamento filosófico e político.

Do hinduísmo editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar