Grzegorz Napieralski

político polaco

Grzegorz Bernard Napieralski, nado en Szczecin o 18 de marzo de 1974, é un político polaco actual portavoz do partido "Alianza da Esquerda Democrática". Foi candidato por dito partido ás eleccións presidenciais do seu país de 2010, quedando de terceiro.

Infotaula de personaGrzegorz Napieralski

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento18 de marzo de 1974 Editar o valor em Wikidata (50 anos)
Szczecin, Polonia Editar o valor em Wikidata
Member of the Sejm of the Republic of Poland (en) Traducir

Lexislatura: 9º Sejm polonês (pt) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadePolonia Editar o valor em Wikidata
RelixiónAteísmo Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversity of Szczecin (en) Traducir - ciencia política (–2000) Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Varsovia Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Partido políticoAlianza da Esquerda Democrática
Socialdemocracia da República de Polonia Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua polaca Editar o valor em Wikidata

Educación e carreira política editar

Despois de graduarse na Escola de Mecánica de Szczecin, estudou Ciencias Políticas na Universidade de Szczecin, obtendo o seu máster no ano 2000. Desde 1995 até 1999 foi secretario da agrupación local de Szczecin do partido Socialdemocracia da República de Polonia, que máis tarde deu lugar á Alianza da Esquerda Democrática. En 2004, 2005 e 2007 foi elixido para ocupar un cargo no Sejm. No 2004 converteuse en vice-presidente da Alianza de Esquerda Democrática, e un ano máis tarde no seu secretario xeral. O 31 de maio de 2008 foi elixido presidente do partido, contra Wojciech Olejniczak. Desde o 2009 é tamén o presidente da fracción parlamentaria Lewica.

O 22 de abril de 2010, a Alianza escolleuno para substituír a Jerzy Szmajdziński, quen falecera nun accidente de avión, como candidato das próximas eleccións presidenciais. Napieralski recibiu o 13,68% dos votos e non tomou parte na segunda volta das eleccións, xa que quedou de terceiro.