Eleccións presidenciais de Polonia de 2010

As eleccións presidenciais de Polonia 2010 determinaron quen ía exercer a presidencia polaca de 2010 a 2015. A primeira rolda ocorreu o 20 de xuño, mais, como ningún candidato tivo maioría absoluta de votos, realizouse unha segunda volta o 4 de xullo, sendo finalmente elixido Bronislaw Komorowski. No momento das eleccións, Komorowski xa exercía o cargo de Presidente interino de Polonia, substituíndo a Lech Kaczyński, morto en abril de 2010, nun accidente aéreo cerca da base aérea de Smolensk. O irmán de Lech Kaczyński, Jarosław Kaczyński, foi o outro candidato que acompañou a Komorowski na segunda volta.

Eleccións presidenciais de Polonia de 2010Eleccións presidenciais de Polonia de 2010
Data20 de xuño de 2010
4 de xullo de 2010 Editar o valor em Wikidata
TipoPolish presidential election (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Cargo elixidoPresidente da Polónia (pt) Traducir. Duración do mandato: 5 Editar o valor em Wikidata
Resultado electoral Editar o valor em Wikidata
Bronisław Komorowski  — Plataforma CívicaElixido/a
0
 
 ← 2005 (en) Traducir Editar o valor em WikidataPolonia Editar o valor em Wikidata 2015 (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata  → 

Contexto editar

As eleccións adiantáronse cerca de tres meses debido á morte do Presidente Lech Kaczynski, que ademais aspiraba concorrer á reelección. O senador Jerzy Szmajdzinski, pre-candidato presidencial para a Alianza da Esquerda Democrática, tamén morreu no accidente aéreo.

Despois de falecer o Presidente o 10 de abril de 2010, a Constitución determinaba que o voceiro do Sejm, Bronislaw Komorowski, anunciara nun prazo de dúas semanas a convocatoria de eleccións no prazo de 60 días.

22 candidatos presentáronse ante a Comisión Nacional Electoral co requisito de mil sinaturas de apoio,[1] pero despois a maioría dos candidatos foron marxinados das eleccións por non cumprir o requisito final para recoller cen mil sinaturas antes do 26 de maio.[2]

Resultados editar

Primeira volta editar

Partido/Alianza Candidato Primeira volta: 20 de xulo de 2010
Votos Porcentaxe
Plataforma Cívica   Bronisław Komorowski 6 981 319 41'54 %
Lei e Xustiza   Jarosław Kaczyński 6 128 255 36'46 %
Alianza da Esquerda Democrática   Grzegorz Napieralski 2 299 870 13'68 %
Wolność i Praworządność   Janusz Korwin-Mikke 416.898 2'48 %
Partido Popular Polaco   Waldemar Pawlak 294.273 1'75
Independente   Andrzej Olechowski 242.439 1'44 %
Autodefensa da República de Polonia Andrzej Lepper 214.657 1'28 %
Dereita da República Marek Jurek 177.315 1'06 %
Partido Polaco do Traballo   Bogusław Ziętek 29.548 0'18 %
Loitando por Solidariedade   Kornel Morawiecki 21.596 0'13 %
   Total votos válidos 16 806 170 100 %
Fonte: Comisión Electoral Nacional de Polonia.[3]
 
Resultados da primeira volta por Voivodías
 
Resultados da primeira volta por Powiats

Segunda volta editar

Partido/Alianza Candidato Segunda volta: 4 de xullo de 2010
Votos Porcentaxe
Plataforma Cívica   Bronisław Komorowski 8 933 887 53'01 %
Lei e Xustiza   Jarosław Kaczyński 7 919 134 46'99 %
   Total votos válidos 16 853 021 100 %
 
Resultados da segunda volta por Voivodías
 
Resultados da segunda volta por Powiats

Notas editar

  1. "Polish politicians warn election campaign could turn 'nasty'". RIA Novosti (en inglés). 27 de abril de 2010. Consultado o 27 de marzo de 2011. 
  2. "10 presidential hopefuls make the cut". Polskie Radio (en inglés). 7 de maio de 2010. Consultado o 27 de marzo de 2011. 
  3. Comisión Electoral Nacional de Polonia (20 de xuño de 2010). "OBWIESZCZENIE PAŃSTWOWEJ KOMISJI WYBORCZEJ" (PDF) (en polaco). Consultado o 27 de marzo de 2011. [Ligazón morta]

Véxase tamén editar

Outros artigos editar