Granulado plástico

O granulado de plástico de preprodución, son pequenos gránulos (menores de 5 milímetros, 0'2 polgadas) que se utilizan universalmente na industria dos plásticos para a fabricación de produtos plásticos.[1] [2] Estes microplásticos están feitos principalmente de polietileno, polipropileno, poliestireno, cloruro de polivinilo e outros plásticos ou resinas sintéticas.[3] Os gránulos son o bloque de construción, mediante extrusión ou moldeo por inxección de plástico, para artigos cotiás, incluíndo botellas de auga, recipientes ou bolsas de plástico.[4]

Granulado plástico nunha planta industrial dos EUA.

Terminoloxía editar

Os gránulos son comunmente coñecidos en inglés e outras linguas como nurdles e pellets, escrito en portugués tamén como pélets ou péletes. A prensa galega empregou maioritariamente o termo pellets na cobertura do verquido do Toconao. En castelán úsase granza, alén deses termos.

 
Un exemplo de nurdles

Impacto ambiental editar

 
Sinal de fomento da recollida de granulado no litoral.

Estes plásticos pódense ver nas costas de ríos, praias e lagos de todo o mundo.[5] [6] A data de rexistro máis antiga que o granulado foi visto nas praias foi ao redor da década de 1970, pero foran utilizados anteriormente ao redor da década de 1940.[3] Os pellets atopan o seu camiño cara ao océano de moitas formas, incluídos os derrames accidentais durante o transporte, e móvense rapidamente xa que son o suficientemente pequenos como para seren arrastrados polo vento e tamén flotan na auga.[7] Mentres os gránulos quedan fóra do mundo, seguen a romperse e facerse aínda máis pequenos do que se rexistraba anteriormente.

Ecosistemas editar

Os pellets poden perturbar moitos ecosistemas, xa que algunhas aves e peixes poden confundir estes anacos de plástico coa súa comida e poden acabar morrendo de fame pola cantidade de plástico que comeron. Os gránulos poden absorber toxinas e outros produtos químicos nocivos, coñecidos como contaminantes orgánicos persistentes (COP, POPs polas siglas en inglés), que poden ser consumidos polos peixes, que poden envelenalos ou ficar atrapados pasando á cadea trófica e ao consumo humano.[3] Os gránulos poden converterse nun lugar propicio para a formación de biofilmes ou biopelículas, capas densas de microorganismos, incluíndo bacterias e fungos. Estes biofilmes poden albergar patóxenos e, potencialmente, entrar en contacto con humanos, aumentando así o risco de transmisión de enfermidades.[7]

Microplásticos ambientais editar

Os gránulos ao longo dos corpos de auga e das vías do ferrocarril son monitorizados en ocasións mediante programas de ciencia cidadá. Nos Estados Unidos, os membros da comunidade poden controlar os nurdles mediante os métodos descritos en www.nurdlepatrol.org.[8]

Unha vez recollidos, os gránulos pódense depositar na Environmental Microplastics Collection.[9] Esta colección actúa como unha mostra de historia natural con exemplares recollidos, a súa localización, hora e data de recollida e o número de gránulos recollidos son comisariados para o seu uso na investigación futura. Os pellets poden rastrexarse, até certo punto, á súa orixe, xa que as empresas que os producen teñen cadansúa "pegada dixital" de produtos químicos polimerizados.

O granulado da vertedura do Toconao, recollido en Galiza, foi levado á Universidade de Vigo para ser analizado.[10]

Notas editar

  1. McVeigh, Karen (2021-11-29). "Nurdles: the worst toxic waste you’ve probably never heard of". The Guardian (en inglés). ISSN 0261-3077. Consultado o 2024-02-10. 
  2. Subramanian, Meera (2022-11-22). "Plastics tsunami: Can a landmark treaty stop waste from choking the oceans?". Nature (en inglés) 611 (7937): 650–653. doi:10.1038/d41586-022-03793-3. 
  3. 3,0 3,1 3,2 "What are Nurdles - Why You Need to Worry About Them". Ocean Blue; oceanblueproject.org (en inglés). 2020-09-21. Consultado o 2024-02-10. 
  4. "What's a nurdle". Carnegie Museum of Natural History (en inglés). 
  5. "Nurdle Patrol". nurdlepatrol.org (en inglés). Consultado o 2024-02-10. 
  6. Dhanesha, Neel (2022-05-06). "The massive, unregulated source of plastic pollution you’ve probably never heard of". Vox (en inglés). Consultado o 2024-02-10. 
  7. 7,0 7,1 "The Problem". Nurdles (en inglés). Consultado o 2024-02-10. 
  8. "Nurdle Patrol". nurdlepatrol.org (en inglés). Consultado o 2024-02-11. 
  9. "The American Museum of Environmental Microplastics". Natural History of Scientists (en inglés). Consultado o 2024-02-10. 
  10. Tomé, Alba (2024-01-15). "O primeiro informe experimental dos ‘pellets' revela novas substancias". GCiencia. Consultado o 2024-02-11. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar