Gran Premio dos Estados Unidos de 1977

O Gran Premio dos Estados Unidos de 1977 foi unha carreira de automobilismo de Fórmula Un, celebrada o 2 de outubro de 1977 no circuíto de Watkins Glen. Foi a 15ª carreira da tempada de Fórmula Un de 1977, e o 27º Gran Premio dos Estados Unidos desde o primeiro Gran Premio de América que se celebrou en 1908 e a 20º desde o primeiro Gran Premio dos Estados Unidos en Riverside de 1958. Esta carreira tamén se coñece como Gran Premio do leste dos Estados Unidos co fin de distinguila da carreira Gran Premio do oeste dos Estados Unidos, celebrada o 3 de abril de 1977 en Long Beach (California).

Gran Premio de Estados Unidos de 1977
Detalles da carreira
Carreira 15 de 17 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1977.
Trazado do circuíto de Watkins Glen
Trazado do circuíto de Watkins Glen
Data 2 de outubro 1977
Nome oficial XIX Gran Premio dos Estados Unidos
Localización Circuíto de Watkins Glen
Watkins Glen, Nova York, Estados Unidos
Percorrido Circuíto permanente
5´435 km
Distancia 59 voltas, 320´670 km
ClimaChoiva, 17º graos
Pole position
Piloto James Hunt McLaren-Ford
Tempo 1:40.863
Volta rápida
Piloto Ronnie Peterson Tyrrell-Ford
Tempo 1:51.85 na volta 56
Podio
Primeiro James Hunt McLaren-Ford
Segundo Mario Andretti Lotus-Ford
Terceiro Unión Sudafricana Jody Scheckter Wolf-Ford

Informe editar

James Hunt gañou en Watkins Glen por segundo ano consecutivo, pero a coroa do Campionato do Mundo regresou ao austríaco Niki Lauda, cuxa cuarta praza valeulle o seu segundo título en tres anos. Competindo baixo o frío e a choiva, Hunt levouse a súa segunda vitoria do ano para McLaren, mentres que o título de Lauda foi a culminación dunha valente remontada logo das terribles feridas que sufriu no circuíto de Nürburgring en 1976.

Por primeira vez, celebrábase a carreira americana antes do Gran Premio de Canadá, que celebrouse unha semana despois. Lauda, con tres vitorias e 69 puntos, só necesitaba sumar un punto en calquera das tres últimas carreiras para levarse o título, mentres que Jody Scheckter, con dúas vitorias e 42 puntos, necesitaba gañar todas as carreiras para ter unha oportunidade. ( Unha vitoria eran nove puntos desde 1961 ata 1991, cando se aumentou a 10.) < / blockquote >

Desde o inicio dos adestramentos do venres, o McLaren de Hunt foi dominou, establecendo unha marca de 1:40.863. Os pilotos de Brabham Hans-Joachim Stuck e John Watson estaban un cuarto de segundo atrás, seguidos de Andretti, Ronnie Peterson e os Ferraris de Carlos Reutemann e Lauda. O sábado pola mañá, como se predixo, a choiva chegou xusto antes do final da práctica, polo que a sesión da tarde só serviu como práctica para unha posible carreira en mollado o domingo, os tempos do venres determinaron a grella.

O domingo comezou frío pero seco, cunha multitude de máis de 100.000 espectadores. Antes da volta de quecemento, comezou a orballar, a falta de cinco minutos, chovera tanto que só John Watson estaba disposto a apostar por saír con slicks. Na bandeira, todo o mundo partiu da grella e pasou a primeira curva sen incidentes, pero a pulverización era tan grande que non se vía nada logo dos primeiros cinco coches. Stuck pasou rapidamente por diante de Hunt, e logo dunha volta, estaban seguidos por Andretti, Reutemann, Peterson, Lauda, Scheckter, Jacques Laffite e Gunnar Nilsson.

Inmediatamente, Scheckter comezou a tomar vantaxe pola incerteza dos outros nesas condicións e, na quinta volta pasara do noveno ao cuarto lugar. Stuck tamén ía ben en mollado, e, malia perder o seu cable de embrague nas primeiras voltas, alexouse de Hunt. Lauda finalmente foi capaz de pasar ao seu compañeiro Reutemann, que o estivera contendo, no quinto lugar, cando o arxentino trompeou. Na volta 15, con Hunt catro segundos detrás, Stuck, loitaba para cambiar de marchas sen embrague, pero fallou ao entrar nunha curva e foise recto. O seu monocasco resultou danado e a súa carreira rematou.

Hunt sacáballe a Andretti 10´5 segundos, e a Scheckter 14 segundos máis atrás en terceiro lugar. Esta situación mantívose xa que os pilotos buscaban as seccións húmidas dunha pista xa seca para arrefriar os seus pneumáticos. A 10 voltas para o final e unha vantaxe de 22 segundos, Hunt calmouse cando desde os boxes déronlle o sinal, "EZE". Lauda mantívose no cuarto lugar, contento con permanecer alí e facerse co campionato. Scheckter desacelerara na terceira posición para preservar os seus pneumáticos, e parecía que o final sería moi aburrido.

De súpeto, a falta de dúas voltas para o final, Andretti, que estivera perseguindo a Hunt, estaba só 6´7 segundos por detrás. Ao comezar a última volta, a ventaxe pechouse a 1´5 segundos, os seareiros locais e os locutores de pista animaban salvaxemente en cada curva. Pero na última volta, Hunt en realidade aumentou lixeiramente a súa vantaxe para gañar por pouco máis de dous segundos. O box de McLaren non lle informou do preto que estaba o Lotus ata o último momento, cando Teddy Mayer deulle un berro frenético para coller o ritmo!

Así, o campión saínte, gañou a carreira, e Lauda logrou o seu segundo título, logo da súa reaparición e a polémica de Monte Fuji en 1976. Para Ferrari, foi o seu terceiro Campionato de Construtores consecutivo.

Clasificación editar

Pos Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos
1 1   James Hunt McLaren-Ford 59 1:58:23.267 1 9
2 5   Mario Andretti Lotus-Ford 59 + 2.026 segs 4 6
3 20   Jody Scheckter Wolf-Ford 59 + 1:18.879 9 4
4 11   Niki Lauda Ferrari 59 + 1:40.615 7 3
5 22   Clay Regazzoni Ensign-Ford 59 + 1:48.138 19 2
6 12   Carlos Reutemann Ferrari 58 + 1 volta 6 1
7 26   Jacques Laffite Ligier-Matra 58 + 1 volta 10
8 24   Rupert Keegan Hesketh-Ford 58 + 1 volta 20
9 16   Jean-Pierre Jarier Shadow-Ford 58 + 1 volta 16
10 30   Brett Lunger McLaren-Ford 57 + 2 voltas 17
11 18   Hans Binder Surtees-Ford 57 + 2 voltas 25
12 7   John Watson Brabham-Alfa Romeo 57 + 2 voltas 3
13 28   Emerson Fittipaldi Fittipaldi-Ford 57 + 2 voltas 18
14 4   Patrick Depailler Tyrrell-Ford 56 + 3 voltas 8
15 9   Alex Ribeiro March-Ford 56 + 3 voltas 23
16 3   Ronnie Peterson Tyrrell-Ford 56 + 3 voltas 5
17 25   Ian Ashley Hesketh-Ford 55 + 4 voltas 22
18 27   Patrick Nève March-Ford 55 + 4 voltas 24
19 19   Vittorio Brambilla Surtees-Ford 54 + 5 voltas 11
Ret 15   Jean-Pierre Jabouille Renault 30 Alternador 14
Ret 6   Gunnar Nilsson Lotus-Ford 17 Accidente 12
Ret 8   Hans Joachim Stuck Brabham-Alfa Romeo 14 Accidente 2
Ret 10   Ian Scheckter March-Ford 10 Accidente 21
Ret 2   Jochen Mass McLaren-Ford 8 Bomba combustible 15
Ret 14   Danny Ongais Penske-Ford 6 Accidente 26
Ret 17   Alan Jones Shadow-Ford 3 Accidente 13
NSC 23   Patrick Tambay Ensign-Ford

Posicións logo da carreira editar

  • Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación. Só os 8 mellores resultados das primeiras 9 roldas e os 7 mellores resultados das últimas 8 roldas contan para o campionato. Os números sen paréntese son os puntos do campionato, os números entre paréntese son o total de puntos anotados.


Carreira anterior:
Gran Premio de Italia de 1977
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 1977
Carreira seguinte:
Gran Premio do Canadá de 1977
Carreira anterior:
Gran Premio dos Estados Unidos de 1976
Gran Premio dos Estados Unidos Carreira seguinte:
Gran Premio dos Estados Unidos de 1978

Notas editar

  • Lauda gañou o campionato de pilotos a falta de dúas carreiras.

Bibliografía editar

  • Doug Nye (1978). The United States Grand Prix and grand prize races, 1908-1977. B. T. Batsford. ISBN 0-7134-1263-1
  • Rob Walker (xaneiro de 1978). "18th United States Grand Prix: Wet But Not Wild". Road & Track, 82-86.

Ligazóns externas editar