Gran Premio de Austria de 2017

O Gran Premio de Austria de 2017 (oficialmente Fórmula 1 Grosser Preis von Österreich 2017) foi unha carreira do Campionato do Mundo Fórmula 1 celebrada no Red Bull Ring en Spielberg, Austria, o 9 de xullo de 2017. Foi a 9ª carreira da tempada de Fórmula Un de 2017, e o 31º Gran Premio de Austria.

Austria Gran Premio de Austria de 2017
Detalles da carreira
Carreira 9 de 20 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2017.
Trazado do circuíto de Red Bull Ring.
Trazado do circuíto de Red Bull Ring.
Data 9 de xullo de 2017
Nome oficial Fórmula 1 Grosser Preis Von Österreich 2017
Localización Red Bull Ring, Spielberg, Estiria, Austria
Percorrido Percorrido permanente de carreira
4´326 km
Distancia 71 voltas, 307´146 km
Climaparcialmente nubrado
Pole position
Piloto Finlandia Valtteri Bottas Mercedes
Tempo 1:04.251
Volta rápida
Piloto Lewis Hamilton Mercedes
Tempo 1:07.411 na volta 69
Podio
Primeiro Finlandia Valtteri Bottas Mercedes
Segundo Alemaña Sebastian Vettel Ferrari
Terceiro Australia Daniel Ricciardo Red Bull-TAG Heuer

O piloto de Ferrari Sebastian Vettel camezou a rolda como o líder do campionato, cunha vantaxe de catorce puntos sobre Lewis Hamilton. Mercedes lidera sobre Ferrari por vinte e catro puntos na clasificación de construtores no inicio da rolda.

Informe editar

Cualificación editar

Q1

Os coches vermellos de Ferrari saíron dos boxes cando apareceu a bandeira verde. Os Haas tamén saíron pronto no inicio da sesión e, a pesar do bo desempeño do equipo americano na pista austríaca, Grosjean acabou na trampa de grava, sen maiores consecuencias para o francés, que conseguiu retornar ao trazado sen auxilio dos comisarios de pista. O piloto de Haas, Magnussen foi vítima dos altos bordos do Circuíto de Spielberg, que danaron a súa suspensión, obrigando ao piloto a entrar en boxes coa suspensión da roda dianteira dereita rota. Hamilton fixo o mellor tempo da Q1 e tamén da historia do Circuíto de Spielberg (non oficial), con 1:05.064, con Vettel a 0.521 atrás do seu rival.

Eliminados: Jolyon Palmer (Renault), Felipe Massa (Williams), Lance Stroll (Williams), Marcus Ericsson (Sauber) e Pascal Wehrlein (Sauber).

Q2

Nesta qenda Mercedes non perdeu tempo e saco aos seus dous pilotos á pista tan pronto como o cronómetro comezou a contar. cos superbrandos, o británico plverizo a marca do circuíto, con 1:04.800. Mais o seu compañeiro Bottas non deixoullo doado e rexistrou un tempo 1m04s640, dominando todos os sectores da pista austríaca. A marca oficial do trazado é de 1m08s337, anotada por Michael Schumacher en 2003. No volta final, Vettel anotou 1:04.772 e se qedou entre os compañeiros de Mercedes, no segundo lugar.

Eliminados: Nico Hülkenberg (Renault na Fórmula 1), Fernando Alonso (McLaren), Stoffel Vandoorne (McLaren), Daniil Kvyat (Toro Rosso) e Kevin Magnussen (Haas).

Q3

A Q3 comezou chea de expectativas, Mercedes calzou os ultrabrandos e liberaron a besta que hai dentro do motor alemán. Tamén polo feito de que Lewis Hamilton precisaba o mellor tempo para minimizar a sanción de cinco posicións na grella. E na primeira tentativa de volta rápida na Q3, a historia foi parecida coa da Q2: Hamilton fixo 1:04.424, mais Bottas voou e deixou ao seu compañeiro no segundo lugar ao anotar 1:04.251. Sebastian Vettel inmisciuse entre os dous novamente con 1:04.293. Hamilton tentou mellorar súa marca, mais acabou fallando. Na segunda volta, un Haas parouse no medio da pista provocou a bandeira amarela e frustrou as oportunidades do británico de diminuír os danos causados pola sanción, xa que coa bandeira amarela, o piloto da Mercedes non tivo máis oportunidades. Así, Bottas desbancou aos favoritos e garantiu a pole para o GP de Austria, a segunda da súa carreira. No final, lembrando un pouco un dos adestramentos libres do Acerbaixán, Max Verstappen saíu da pista e por pouco non bateu co muro, para delirio da masa laranxa que enchía o Circuíto de Spielberg.

 
Grella de saída

Clasificación editar

Cualificación editar

Pos. Nº. Piloto Construtor Tempos cualificación Grella Final
Q1 Q2 Q3
1 77   Valtteri Bottas Mercedes 1:05.760 1:04.316 1:04.251 1
2 5   Sebastian Vettel Ferrari 1:05.585 1:04.772 1:04.293 2
3 44   Lewis Hamilton Mercedes 1:05.064 1:04.800 1:04.424 8[1]
4 7   Kimi Räikkönen Ferrari 1:05.148 1:05.004 1:04.779 3
5 3   Daniel Ricciardo Red Bull Racing-TAG Heuer 1:05.854 1:05.161 1:04.896 4
6 33   Max Verstappen Red Bull Racing-TAG Heuer 1:05.779 1:04.948 1:04.983 5
7 8   Romain Grosjean Haas-Ferrari 1:05.902 1:05.319 1:05.480 6
8 11   Sergio Pérez Force India-Mercedes 1:05.975 1:05.435 1:05.605 7
9 31   Esteban Ocon Force India-Mercedes 1:06.033 1:05.550 1:05.674 9
10 55   Carlos Sainz Toro Rosso 1:05.675 1:05.544 1:05.726 10
11 27   Nico Hülkenberg Renault 1:06.174 1:05.597 11
12 14   Fernando Alonso McLaren-Honda 1:06.158 1:05.602 12
13 2   Stoffel Vandoorne McLaren-Honda 1:06.316 1:05.741 13
14 26   Daniil Kvyat Toro Rosso 1:05.990 1:05.884 14
15 20   Kevin Magnussen Haas-Ferrari 1:06.143 sen tempo 15
16 30   Jolyon Palmer Renault 1:06.345 16
17 19   Felipe Massa Williams-Mercedes 1:06.534 17
18 18   Lance Stroll Williams-Mercedes 1:06.608 18
19 9   Marcus Ericsson Sauber-Ferrari 1:06.857 19
20 94   Pascal Wehrlein Sauber-Ferrari 1:07.011 20
107% tempo límite: 1:09.618
Fonte:[2]

Carreira editar

Pos. Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos
1 77   Valtteri Bottas Mercedes 71 1:21:48.523 1 25
2 5   Sebastian Vettel Ferrari 71 +0.658 2 18
3 3   Daniel Ricciardo Red Bull Racing-TAG Heuer 71 +6.012 4 15
4 44   Lewis Hamilton Mercedes 71 +7.430 8 12
5 7   Kimi Räikkönen Ferrari 71 +20.730 3 10
6 8   Romain Grosjean Haas-Ferrari 71 +1:13.160 6 8
7 11   Sergio Pérez Force India-Mercedes 70 +1 volta 7 6
8 31   Esteban Ocon Force India-Mercedes 70 +1 volta 9 4
9 19   Felipe Massa Williams-Mercedes 70 +1 volta 17 2
10 18   Lance Stroll Williams-Mercedes 70 +1 volta 18 1
11 30   Jolyon Palmer Renault 70 +1 volta 16
12 2   Stoffel Vandoorne McLaren-Honda 70 +1 volta 13
13 27   Nico Hülkenberg Renault 70 +1 volta 11
14 94   Pascal Wehrlein Sauber-Ferrari 70 +1 volta PL
15 9   Marcus Ericsson Sauber-Ferrari 69 +2 voltas 19
16 26   Daniil Kvyat Toro Rosso 68 +3 voltas 14
Ret 55   Carlos Sainz Toro Rosso 44 Motor 10
Ret 20   Kevin Magnussen Haas-Ferrari 29 Hidráulica 15
Ret 14   Fernando Alonso McLaren-Honda 1 Accidente 12
Ret 33   Max Verstappen Red Bull Racing-TAG Heuer 0 Accidente 5
Fonte:

Posicións logo da carreira editar

  • Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.

Notas editar

  1. Lewis Hamilton recibiu unha penalización de cinco postos na grella por un cambio da caixa de cambios non programado.
  2. "FORMULA 1 GROSSER PREIS VON ÖSTERREICH 2017 - QUALIFYING". Formula1.com. Formula One World Championship Ltd. 8 de xullo de 2017. Consultado o 8 de xullo de 2017. 

Ligazóns externas editar


Carreira anterior:
Gran Premio de Acerbaixán de 2017
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 2017
Carreira seguinte:
Gran Premio do Reino Unido de 2017
Carreira anterior:
Gran Premio de Austria de 2016
Gran Premio de Austria Carreira seguinte:
Gran Premio de Austria de 2018