Gran Premio de Acerbaixán de 2017

O Gran Premio de Acerbaixán de 2017 (oficialmente 2017 Formula One Azerbaijan Grand Prix) foi a oitava carreira da tempada 2017[1]. Celebrouse o 25 de xuño de 2017 no Circuíto urbano de Bakú en Bakú, Acerbaixán. Foi a primeira carreira do Gran Premio de Acerbaixán como unha rolda do Campionato do Mundo de Fórmula Un. Será a segunda vez que unha carreira dispútase no circuíto e a segunda vez que un Gran Premio dispútase en Acerbaixán, xa que o circuíto e o país albergaron anteriormente o Gran Premio de Europa de 2016.[2]

Unión Europea Gran Premio de Europa de 2017
Detalles da carreira
Carreira 8 de 20 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2017.
Trazado do circuíto urbano de Baku.
Trazado do circuíto urbano de Baku.
Data 25 de xuño de 2017
Nome oficial Gran Premio de Acerbaixán
Localización Circuíto urbano de Bakú
Bakú, Acerbaixán
Percorrido Circuíto urbano
6´003 km
Distancia 51 voltas, 306´049 km
ClimaParcialmente nubrado, 27 °C e 48 °C no asfalto, humidade relativa do 71%. Vento a 1´9 m/s.
Pole position
Piloto Lewis Hamilton Mercedes
Tempo 1:40.593
Volta rápida
Piloto Alemaña Sebastian Vettel Ferrari
Tempo 1:43.441 na volta 47 (volta rápida)
Podio
Primeiro Australia Daniel Ricciardo Red Bull-TAG Heuer
Segundo Finlandia Valtteri Bottas Mercedes
Terceiro Lance Stroll Williams-Mercedes

Sebastian Vettel entra na rolda cunha vantaxe de doce puntos sobre o Mercedes de Lewis Hamilton no Campionato Mundial de Pilotos, mentres que Mercedes lidera sobre Ferrari por oito puntos no Campionato Mundial de Construtores.

Informe editar

Práctica libre editar

Max Verstappen foi máis rápido na primeira práctica, establecendo un tempo de 1.44:410. Foi seguido polo seu compañeiro Daniel Ricciardo e o Ferrari de Sebastian Vettel en segundo e terceiro lugar.[3] Na segunda práctica o Red Bull de Max Verstappen foi o máis rápido seguido por Bottas e Ricciardo.[4] A terceira e última práctica do sábado foi encabeezada por Bottas, con Raikkonen segundo e Hamilton terceiro.[5] Bottas set the quickest time of all three practices with a 1.42.742.[3]

Clasificación editar

Jolyon Palmer non puido establecer un tempo de volta en Q1 debido a un incendio durante a práctica 3.

Na Q3, Lewis Hamilton conseguiu a pole position cun 1:40.593, 0.434 segundos máis rápido que o seu compañeiro de equipo Bottas en segundo lugar, e 1.100 segundos máis rápido que Kimi Räikkönen no terceiro. Lance Stroll cualificou por diante do seu compañeiro de equipo, Felipe Massa, por primeira vez na tempada. Daniel Ricciardo golpeou a parede e comezou décimo.

Carreira editar

Hamilton liderou sobre Vettel ata que saíu o primeiro coche de seguridade na volta 13 para quitar o Toro Rosso parado de Daniil Kvyat. Na volta 16, reanudouse a carreira pero saíu outro Safety Car logo de que os Force India de Ocon e Pérez chocaran no reinicio e deixaran restos na pista.

Baixo o segundo Safety Car, Hamilton queixouse repetidamente de que andaba demasiado amodo. Vettel chocou con Hamilton baixo o Safety Car e máis tarde recibiu unha penalización de 10 segundos por condución perigosa. A carreira reiniciouse na volta 21, só para sacar a bandeira vermella na volta 22 para que os comisarios puideran sacar máis restos.

Durante o período da bandeira vermella, os equipos traballaron nos seus autos, Force India substituíu os pneumáticos de Ocon e a á dianteira de Pérez. Ferrari substituíu a dianteira de Vettel e arranxou o piso de Kimi Räikkönen. Mercedes traballou no difusor traseiro de Hamilton.

Logo da bandeira vermella, a carreira reiniciouse detrás do coche de seguridade. Hamilton lideraba diante de Vettel, Massa, Stroll, e Ricciardo. Ricciardo pasou os dous Williams na curva 1 e colocouse no terceiro lugar ata que Hamilton tivo que entrar en boxes de novo para cambiar o repousa cabezas e Vettel tivo que entrar a cumprir a súa penalización cun stop & go. Massa retirouse debido a un amortecedor da suspensión roto, Ricciardo marchaba por diante de Stroll e Bottas. Bottas pasou a Stroll na recta final ao final da última volta, superando a Stroll polo segundo lugar en 0,105 segundos. Stroll conseguiu o seu primeiro podio cun terceiro lugar. Vettel terminou cuarto, Hamilton quinto, Ocon sexto, Magnussen sétimo, Sainz oitavo, Alonso noveno (anotando os primeiros puntos de McLaren da tempada) e Wehrlein décimo.

Como resultado da carreira, Vettel aumentou a súa vantaxe sobre Hamilton no Campionato Mundial de Pilotos a 14 puntos, mentres que Mercedes aumentou a súa vantaxe sobre Ferrari no Campionato Mundial de Construtores a 24 puntos.

Cualificación editar

Pos. Piloto Construtor Tempos cualificación Grella
final
Q1 Q2 Q3
1 44   Lewis Hamilton Mercedes 1:41.983 1:41.275 1:40.593 1
2 77   Valtteri Bottas Mercedes 1:43.026 1:41.502 1:41.027 2
3 7   Kimi Räikkönen Ferrari 1:42.678 1:42.090 1:41.693 3
4 5   Sebastian Vettel Ferrari 1:42.952 1:41.911 1:41.841 4
5 33   Max Verstappen Red Bull-TAG Heuer 1:42.544 1:41.961 1:41.879 5
6 11   Sergio Pérez Force India-Mercedes 1:43.162 1:42.467 1:42.111 6
7 31   Esteban Ocon Force India-Mercedes 1:43.051 1:42.751 1:42.186 7
8 18   Lance Stroll Williams-Mercedes 1:43.613 1:42.284 1:42.753 8
9 19   Felipe Massa Williams-Mercedes 1:43.165 1:42.735 1:42.798 9
10 3   Daniel Ricciardo Red Bull-TAG Heuer 1:42.857 1:42.215 1:43.414 10
11 26   Daniil Kvyat Toro Rosso 1:42.927 1:43.186 11
12 55   Carlos Sainz Toro Rosso 1:43.489 1:43.347 15[6]
13 20   Kevin Magnussen Haas-Ferrari 1:44.029 1:43.796 12
14 27   Nico Hülkenberg Renault 1:43.930 1:44.267 13
15 94   Pascal Wehrlein Sauber-Ferrari 1:44.317 1:44.603 14
16 14   Fernando Alonso McLaren-Honda 1:44.334 19[7]
17 8   Romain Grosjean Haas-Ferrari 1:44.468 16
18 9   Marcus Ericsson Sauber-Ferrari 1:44.795 17
19 2   Stoffel Vandoorne McLaren-Honda 1:45.030 18[7]
Tempo límite 107%: 1:49.121
NSC 30   Jolyon Palmer Renault 20[8]
Fonte:[9]

A letra grosa indica o mellor tempo de cualificación na Q1, Q2 e Q3.

Carreira editar

Pos. Piloto Construtor voltas Tempo/Retirada Grella Puntos
1 3   Daniel Ricciardo Red Bull Racing-TAG Heuer 51 2:03:55.573 10 25
2 77   Valtteri Bottas Mercedes 51 +3.904 2 18
3 18   Lance Stroll Williams-Mercedes 51 +4.009 8 15
4 5   Sebastian Vettel Ferrari 51 +5.976 4 12
5 44   Lewis Hamilton Mercedes 51 +6.188 1 10
6 31   Esteban Ocon Force India-Mercedes 51 +30.298 7 8
7 20   Kevin Magnussen Haas-Ferrari 51 +41.753 12 6
8 55   Carlos Sainz Toro Rosso 51 +49.400 15 4
9 14   Fernando Alonso McLaren-Honda 51 +59.551 19 2
10 94   Pascal Wehrlein Sauber-Ferrari 51 +1:29.093 14 1
11 9   Marcus Ericsson Sauber-Ferrari 51 +1:31.794 17
12 2   Stoffel Vandoorne McLaren-Honda 51 +1:32.160 18
13 8   Romain Grosjean Haas-Ferrari 50 +1 volta 16
14[10] 7   Kimi Räikkönen Ferrari 46 Presión auga 3
Ret 11   Sergio Pérez Force India-Mercedes 39 Asento 6
Ret 19   Felipe Massa Williams-Mercedes 25 Suspensión 9
Ret 27   Nico Hülkenberg Renault 24 Accidente 13
Ret 33   Max Verstappen Red Bull Racing-TAG Heuer 12 Presión aceite 5
Ret 26   Daniil Kvyat Toro Rosso 9 Batería 11
Ret 30   Jolyon Palmer Renault 7 Unidade de potencia 20
Fonte:[11]

Posicións logo da carreira editar

  • Nota: só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.

Notas editar

  1. "FIA Announces World Motorsports Council decisions". Fédération Internationale de l'Automobile. 30 de novembro de 2016. Arquivado dende o orixinal o 30 de novembro de 2016. Consultado o 30 de novembro de 2016. 
  2. "No German Grand Prix on F1 2017 calendar but Azerbaijan race is official". The Guardian. Reuters. 30 de novembro de 2016. Consultado o 30 de novembro de 2016. 
  3. 3,0 3,1 "2017 Formula 1 Azerbaijan Grand Prix - Practice 1". BBC Sport. Consultado o 10 June 2017. 
  4. "2017 Formula 1 Azerbaijan Grand Prix - Practice 2". 
  5. "2017 Formula 1 Azerbaijan Grand Prix - Practice 3". 
  6. Carlos Sainz recibiu unha penalización de tres posicións na grella, por provocar un accidente no anterior Gran Premio.
  7. 7,0 7,1 Fernando Alonso e Stoffel Vandoorne foran penalizados respectivamente con 40 e 30 posicións na grella debido a substitución de varios compoñentes da unidade de potencia.
  8. Jolyon Palmer non puido establecer un tempo de volta na Q1, e permitíuselle correr a discreción dos comisarios.
  9. "2017 Formula 1 Azerbaijan Grand Prix – Qualifying". Formula1.com. Formula One World Championship Ltd. 24 de xuño de 2017. Consultado o 24 de xuño de 2017. 
  10. O piloto non terminou o Gran Premio, pero clasificouse ao completar máis do 90% da distancia de carreira.
  11. "2017 Formula 1 Azerbaijan Grand Prix – Race Result". Formula1.com. Formula One World Championship Ltd. 25 de xuño de 2017. Consultado o 25 de xuño de 2017. 


Carreira anterior:
Gran Premio do Canadá de 2017
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 2017
Carreira seguinte:
Gran Premio de Austria de 2017
Carreira anterior:
Non houbo
Gran Premio de Acerbaixán Carreira seguinte:
Gran Premio de Acerbaixán de 2018