Graccurris

Cidade romana na península ibérica no concello de Alfaro (A Rioxa)

Coordenadas: 42°11′48″N 1°44′28″O / 42.19667, -1.74111 Graccurris, Gracurris, Gracuris ou Graecuris, foi unha cidade romana que se corresponde coa actual Alfaro (A Rioxa) e foi fundada por Tiberio Sempronio Graco no 179 a. C.[1][2] sobre unha cidade ou poboado arévaco, celtibero ou vascón, chamado Ilurce ou Ilurcís,[3] para asentar a feridos romanos e indíxenas habidos durante a súa campaña contra os Celtiberos.[4] O poboado e a posterior cidade romana están asentadas sobre as denominadas Eras de la cárcel (poboado antigo) e Eras de San Martín (expansión da cidade romana), un conxunto de socalcos fluviais na proximidade do río Alhama.[2]

Historia editar

Os vestixios arqueolóxicos demostran que debeu estar ocupada dende final do Bronce.[2] Durante o período de conquista, foi unha fiel aliada de Roma aínda que durante as guerras civís entre Caio Mario e Sila, pasárase ao bando popular dirixido por Quinto Sertorio. Cando este foi vencido, pasou a engrosar a clientela de Pompeio na península.

Foi convertida en municipio romano baixo Xulio César ou Augusto, asignada á provincia Hispania Citerior Tarraconensis, pertencendo dentro dela ao Conventus iuridicus Caesaraugustanus.

No Itinerario de Antonino aparece como mansio ou punto intermedio de hospedaría na vía que comunicaba Tarraco con Asturica Augusta, entre Barbariana e Balsione.[3]

Actualmente, consérvanse os restos desta cidade romana no xacemento das Eras de San Martín en Alfaro e, consérvase tamén, un ninfeo do século I nas beiras do río Alhama.

Na época do emperador Tiberio, foi elevada á categoría de municipium e comezou a cuñar moeda,[5] ases e semises de bronce, co busto do emperador no anverso e un touro mitrado no reverso dos ases e a cabeza do touro mitrado no dos semises.

Tamén se atoparon restos de asentamentos medievais dos séculos IX e X.

Notas editar

  1. Roldán Hervás & Wulff Alonso (2001), p. 124
  2. 2,0 2,1 2,2 Núñez (2002), p. 422
  3. 3,0 3,1 Delgado (1876), p. 246
  4. Dictionary of Greek and Roman Geography (1854) William Smith, LLD, Ed. GRACCURRIS
  5. Núñez (2002), p. 423

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Delgado, Antonio (1876). Nuevo método de clasificación de las medallas autónomas de España (en castelán) III. Sevilla: Imprenta de A. Izquierdo y Sobrino. 
  • Núñez, Julio (2002). "El paisaje urbano de las ciudades romanas del área vascona". En Iglesias Gil, José Manuel. Actas de los XII cursos monográficos sobre el patrimonio histórico. Serie: Cursos sobre el patrimonoi histórico (en castelán) 6. Santander: Unidersidade de Cantabria / Concello de Reinosa. pp. 413–422. ISBN 84-8102-254-3. 
  • Roldán Hervás, José Manuel; Wulff Alonso, Fernando (2001). Citerior y ulterior: las provincias romanas de Hispania en la era republicana (en castelán). Madrid: Akal. ISBN 8470903330. 

Ligazóns externas editar