Para a moeda romana de bronce con valor de medio ás, ver semis.

O semissis (voz latina, "metade dunha unidade"; en grego σεμίσσης) foi unha pequena moeda da Antiga Roma de ouro, aparecida no século IV, equivalente a medio sólido do Imperio Romano, e que continuou vixente ata o século IX co valor da metade do nomisma do Imperio Bizantino.[1][2][3][4]

Semissis de Constantinopla a nome de Anastasio I (491-518). Peso: 2,25 g. Anverso: D N ANASTASIVS P P AUG; busto do emperador. Reverso: VICTORIA AVGGG; Vitoria sedente, cristograma e CONOB no exergo.

Historia editar

Os motivos máis recorrentes dos semissis son o busto do emperador nos seus anversos e a imaxe dunha idealización alegórica da Vitoria nos seus reversos.[5]

A partir da reforma de 309, no reinado do emperador Constantino I (306-337), o sólido constituíu, xunto co seu divisor, o semissis (arredor de 2,25 gramos), o estándar moeda de ouro do Imperio Romano.[6][7]

Os primeiros exemplares de semissis foron emitidos ao seu nome nos obradoiros monetarios de Roma en 312. Durante os séculos IV e V cuñouse en cantidades moi modestas, e foi nos séculos VI e VII, e nas primeiras décadas do VIII cando as súas emisións acadaron maior importancia. A partir de 740 foi moi raramente cuñado no Oriente; o derradeiro exemplar coñecido provén do reinado de Basilio I o Macedonio (867-886). No entanto, na Europa Occidental mantívose en circulación en Sicilia ata a conquista árabe de Siracusa (877-878).[8]

Notas editar

  1. "Semissis". En Amandry, Michel. (2001).
  2. Alfaro Asins, C. et al. (2009). "Semissis".
  3. "Semissis". En Algunos tipos de monedas antiguas. www.tesorillo.com
  4. "Semissis". En Mateu y Llopis, F. (1946).
  5. Fotografía e descrición dun semissis. En Harvard Art Musseums.
  6. "Semissis". En Forum Ancient Coins.
  7. Cepeda, Juan José. (2004).
  8. Kazhdan (1991). Páxina 1.868.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar